Amosando publicacións coa etiqueta Revistas e xornais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Revistas e xornais. Amosar todas as publicacións

luns, 10 de abril de 2017

venres, 10 de febreiro de 2017

"CRIATURAS"

Esta publicación dixital sobre a Literatura Infantil e Xuvenil de Galicia, coordinada pola escritora Ledicia Costas e polo poeta e deseñador Daniel Landesa. O número cero presentouse o día 6 de decembro de 2014 dentro das actividades do Culturgal

Landesa afirmou nunha entrevista concedida a Marcos Pérez Pena en Praza“Criaturas responde a un baleiro que nós notabamos. (…) Non atopabamos ningunha publicación que se dedicase en exclusiva ao ámbito da literatura infantil e xuvenil. Escollemos o formato web para Criaturas e polo de agora esa vai ser a canle na que debemos crecer (...) Non é unha revista infantil. Contámolo porque xa houbo quen nos preguntou. Mais tampouco é unha revista académica. Trátase dunha publicación de divulgación. Cremos que pode ser unha ferramenta de moita utilidade para persoas que traballan con actividades de promoción da lectura, profesorado, persoal de bibliotecas, nais e pais interesadas en achegarlles novas lecturas ás pequenas e aos pequenos".

Números da revista publicados ata agora, aos que podedes acceder dende as súas portadas:


                                      



mércores, 8 de febreiro de 2017

O PAPAGAIO

Xa temos na biblioteca este "xornal para a xente miúda" do Estudio Carreiro, que contén diferentes seccións: Actualidade, Ecoloxía, Entrevista, Arte, Historia, Natureza, Como funcionan as cousas, Ensino, etc. A súa periodicidade é mensual. 


En outubro de 2016 publicouse o pimeiro número, que podedes ler premendo sobre a súa portada:



sábado, 12 de novembro de 2016

CERNA: REVISTA GALEGA DE ECOLOXÍA E MEDIO AMBIENTE

Editada por ADEGA cunha periodicidade trimestral é a revista ecoloxista galega con maior difusión.
Pódese ler en liña ou descargar en PDF.

Velaquí o último número:




sábado, 5 de novembro de 2016

CÓDIGO CERO: REVISTA CIENTÍFICA EN GALEGO

Esta revista sobre as novas tecnoloxías empezouse a editar en 2001 en formato dixital e impreso.
A partir de agora terédela todos os meses en formato papel na biblioteca.

 
Aquí tedes o seu último número: