Se non pasaches pola biblioteca para vela, aínda estás a tempo poque ímola retirar a principios de marzo.
Amosando publicacións coa etiqueta Día da Ilustración b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da Ilustración b>. Amosar todas as publicacións
domingo, 12 de febreiro de 2017
martes, 7 de febreiro de 2017
OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA
Xosé Tomás estivo connosco o día 30 de xaneiro dirixindo este obradoiro que organizou a biblioteca para conmemorar o Día da Ilustración.
O alumnado asistente escoitou con atención as súas explicacións sobre a banda deseñada (as denominacións usadas en varios idiomas, a orixe, as características principais, os elementos fundamentais, etc.) e puxo en práctica o aprendido.
O ilustrador deixounos a presentación que utilizou:
e tivo a xentileza de adicarnos un dos seus libros, Nómades:
martes, 31 de xaneiro de 2017
CASTELAO
- Obras de Castelao na Biblioteca Virtual Galega
- As cruces de pedra na Galiza. Discurso lido o día 25 de xullo de 1934 no acto da súa recepción pública polo señor Alfonso R. Castelao e resposta de Antonio Villar Ponte.
- Humorismo, dibuxo humorístico, caricatura: conferencia.
luns, 30 de xaneiro de 2017
CASTELAO, DEBUXANTE
“Os seus debuxos e pinturas testemuñan a mesma posición de realismo crítico que encontramos nos seus escritos, marcados como están uns e outros polo humor e a ironía, ao tempo que pola tristeza e a morriña. En 1907 publica a primeira corda de Caricato e debuxante da Tuna en Compostela. En 1917 abandonou definitivamente a pintura de gran formato con A tentación de Colombina para entregarse ao debuxo e a obra gráfica. Os seus debuxos entroncan a miúdo coa tradición do gravado popular e se caracterizan por unha acentuada estilización en branco e negro; de feito, gran parte da súa labor de debuxante está esparexida en distintas publicacións periódicas nas que colaborou. Na súa obra influíron a fotografía, os debuxos satíricos da prensa europea e, en opinión dos críticos máis familiarizados coa súa técnica, a estampa xaponesa. Terá na prensa o seu medio natural para a súa obra gráfica, onde dende 1922 traballou en o Diario de Galicia. Nos seus debuxos aparecen con frecuencia os principais representantes da paisaxe de Galicia, como o hórreo que máis tarde sería aceptado como anagrama pola editorial Nós”. (Vía: Ategal)
- Colección Castelao no Museo de Pontevedra:
- Álbum e debuxos da Bretaña
- Álbumes de guerra. Atila en Galicia
- Álbumes de guerra. Galicia mártir
- Álbumes de guerra. Milicianos
- As cruces de pedra na Bretaña
- As cruces de pedra na Galiza
- Cousas da vida. As mulleres
- Cousas
- Debuxos de negros
- Diario de 1921
- Os dous de sempre
- Cousas da vida. Os homes
- Os vellos non deben de namorarse. Primeira versión
- Os vellos non deben de namorarse. Versión definitiva
domingo, 29 de xaneiro de 2017
AS 50 IMAXES POPULARES SOBRE LIBROS, LECTURA E BIBLIOTECAS
En EbookFriendly atopamos unha entrada interesante sobre as imaxes compartidas varios centos de veces en Facebook, Pinterest, Tumblr, Twitter e Google+.
"Anyone who devotes time to promoting books, reading, and libraries, sooner or later will realize images are the best tool to share the love of words".
Escolleron as citas de autoría coñecida, cuxas imaxes tiñan certa calidade. Moitas delas son de persoas de renome universal; agora ben, outras son de persoas correntes que amosaron unha grande carga de orixinalidade e provocación.
mércores, 25 de xaneiro de 2017
DÍA DA ILUSTRACIÓN 2017

No ano 2014, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promoveu por vez primeira, a celebración do Día da Ilustración en Galiza. A data, o 30 de xaneiro, foi escollida por coincidir co aniversario do nacemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
![]() |
| Ilustradora: Perrilla |
A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) en colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a “quere homenaxear cada ano un un grande ilustrador galego que mereza ser redescuberto polas novas xeracións de lectores e creadores".
Este ano a figura escollida é o debuxante, caricaturista e pintor coruñés Álvaro Cebreiro.

A Subdirección Xeral de Bibliotecas e a AGPI produciron un vídeo “para a difusión da súa vida e obra en internet, especialmente nas redes sociais”:
- Actividades programadas nas bibliotecas co gallo do Día da Ilustración
- O Día da Ilustración na Biblioteca de Galicia
- Álvaro Cebreiro no Museo de Belas Artes da Coruña
- Declaración da AGPI na primeira celebración do Día da Ilustración
martes, 24 de xaneiro de 2017
OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA
A biblioteca e o Departamento de Educación Plástica e Visual organizan esta actividade, co gallo de conmemorar o Día da Ilustración, na que participará o alumnado de Cultura Audiovisual de 1º e 2º de Bacharelato. Será impartido por Xosé Tomás, pertencente ao grupo DIVERXE.
Este ilustrador, humorista gráfico, guionista e profesor de inglés de ensino secundario, gañou no 2010 xunto con Manuel Guisande o Premio Isaac Díaz Pardo da Asociación Galega de Editores ao mellor libro ilustrado do ano pola serie Rodribico. Nos anos 2012 e 2014 obtivo o Premio Fervenzas Literarias ao mellor ilustrador do ano. No 2013 foi galardondo xunto con María Solar co Premio Frei Martín Sarmiento ao mellor álbum ilustrado (Vou ter un irmán)
As súas obras e actividades son moi variadas: a ilustración infantil e xuvenil, a banda deseñada, a publicación de viñetas e humor gráfico en revistas e xornais, o cartelismo didáctico, a impartición de obradoiros de ilustración e banda deseñada, etc.
Velaquí tedes algunhas das súas ilustracións:
Aquí hai máis.
“Nos anos que levo impartindo obradoiros de ilustración e banda deseñada por colexios e institutos, teño comprobado varias cousas: que a xente nova le moi pouco cómic (ou BD, ou historieta, ou...). Que ás veces os docentes temos un prexuízo inconsciente de que se trata dun xénero ‘menor’ (sen ter en conta que se trata dun medio de lectura complexa). E a constatación máis importante e preocupante é que o noso sistema educativo, e os currículos en xeral, non teñen moi en conta á imaxe coma un medio de expresión natural nos nenos e nenas”. (Xosé Tomás)
- Páxina web de Xosé Tomás
- Blog de Xosé Tomás
- Xosé Tomás en Diverxe
- Galicia dende a banda deseñada: unha modalidade literaria en expansión, de Isabel Mociño González
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)



























