Para rematar este ano dedicado á poesía, publicamos algúns traballos
voluntarios do alumnado de Lingua Galega de 1º BAC, baseados nunha
antoloxía poetica preparada pola súa profesora Ana Barral.
venres, 28 de xuño de 2019
Miguel González Garcés "Ter que deixalo todo". Videopoema.
Videopoema realizado por Adrián Díaz Villamiel, Ana Haiyang Ferreiro
Guerra e María Díaz Vázquez, a partir da poesía de Miguel González
Garcés "Ter que deixalo todo".
Videopoema de Ariana Nuñez e Andrea López. "Libremente" de Celso Emilio Ferreiro
Para rematar este ano dedicado á poesía, publicamos algúns traballos voluntarios do alumnado de Lingua Galega de 1º BAC, baseados nunha antoloxía poetica preparada pola súa profesora Ana Barral.
Videopoema de Lucía Debasa a partir da poesía de Tamara Andrés "A casa do paso e do peso".
Para rematar este ano dedicado á poesía, publicamos algúns traballos
voluntarios do alumnado de Lingua Galega de 1º BAC, baseados nunha
antoloxía poetica preparada pola súa profesora Ana Barral.
"Son" de Lois Pérez. Videopoema de Lois Gayoso Blanco
Para rematar este ano dedicado á poesía, publicamos algúns traballos voluntarios do alumnado de Lingua Galega de 1º BAC, baseados nunha antoloxía poetica preparada pola súa profesora Ana Barral.
Videopoema de Uxía Trastoy: "O que non viña nos libros" de Lois Pérez.
Para rematar este ano dedicado á poesía, publicamos algúns traballos voluntarios do alumnado de Lingua Galega de 1º BAC, baseados nunha antoloxía poetica preparada pola súa profesora Ana Barral.
venres, 29 de marzo de 2019
Poemas nos lombos dos libros
Aitana Gesto Rego foi a gañadora do concurso de facer poemas nos lombos dos libros. PARABÉNS para ela! 🙂
Club de lectura
O club de lectura segue coas súas reunións. En primeiro de bac da man de "Poetízate" de Fran Alonso, gozamos da poesía galega.
Wen pintará o teito do espazo de lectura
Wen foi o gañador do concurso de propostas para pintar o teito do espazo de lectura do edificio D. Sandra e Alba foron as segundas clasificadas. Entre os tres encargaranse da obra.
Gañadoras do reto poético de febreiro.
Eva e Irene Sanmartín Vázquez, foron as gañadoras do reto poético de febreiro, exposto na cafetería.
Moitos parabéns para elas!
sábado, 9 de febreiro de 2019
TODAS SOMOS AGUSTÍN
Dende a Biblioteca Agustín Fernández Paz do IES Santiago Basanta Silva, elaboramos este pequeno video coa colaboración de alumnas e alumnos do centro, en recordo e homenaxe a Agustín. Foi proxectado no acto de entrega do II Premio Agustín Fernández Paz de Literatura Infantil e Xuvenil pola Igualdade, ao que fomos convidadas polo iESCHA.
mércores, 30 de xaneiro de 2019
Club de lectura de 2º da ESO
Para completar a presentación das tres novelas de Ledicia Costas viñeron dous membros do club de lectura de terceiro falarnos dos libros. Foi unha xuntanza verdadeiramente entrañable. 🥰 Aqui tedes algunhas fotos do acto.
Reunión do club de lectura 2º da ESO. Ledicia na biblio do noso IES
Agora toca ler unha novela de Ledicia Costas, e hai onde escoller; queres viaxar da man das mulleres planta e de Jules Venre ao Vigo do século XIX, ou prefires pasear polo Vigo do século XX e vivir o día a día dun grupo de rapaces. Ou es dos que quere viaxar ao Londres victoriano? Escolle!!! Cal vas ler? Ou es dos que vai ler as tres?
domingo, 20 de xaneiro de 2019
Escarlatina, a cociñeira defunta!
Recetas feitas pola rapazada do club de lectura de primeiro da ESO.
https://www.instagram.com/p/Brr26NRHLLt0xvTT8H6M_2khzA_2rU6s6WfEDQ0/?utm_source=ig_share_sheet&igshid=71jzywbxxr98
Escarlatina no club de lectura
https://www.instagram.com/p/Brqi9bShnaY6NbdRJR20kh2v6I957heE_-uhp80/?utm_source=ig_share_sheet&igshid=1ul4khtgupem1
Un día calquera na biblioteca do Basanta
Os venres, no Basanta Silva trabállase moito e ben! O resto da semana tamén! 😊#BasantaSilva#portimadrugo
Club de lectura
Hoxe foi a reunión do club de lectura de 3ºda ESO, onde continuamos coa narrativa galega; despois de "A praia dos Afogados" de Domingo Villar, agora imos con "Non hai noite tan longa" de Agustín Fernández Paz".
Club de lectura
O pasado xoves 10 de Xaneiro foi a reunión do club de lectura de 4º da ESO. Despois de ler na primeira avaliación a obra de teatro "Os vellos non deben namorarse", agora toca unha novela que é un clásico: "Frankenstein ou o moderno Prometeo", de Mary Shelley.
Visita de Antía Yañez
Preparándonos para recibir a Antía Yañez, que ven a
falarnos do seu libro: "O misterio de Portomarín".
falarnos do seu libro: "O misterio de Portomarín".
NADAL NA BIBLIO DO BASANTA
Árbore de libros feita por Iago Rodríguez e a estrela de
Alba de 4º da ESO, locen así de chulas na biblio polo Nadal!🎄✨🎄✨
CONCURSO DE FOTOPOEMAS
MOITOS PARABÉNS aos gañadores/as do certame de FOTOPOEMAS 2018. 📷💖📷#fotopoemas#poesíanabiblio #readingissexy #artistasdobasanta#tralopoema #fotoart #poesíanoar #BibliodoBasanta#bibliotecaagustínfernánde zpaz #poemasaeito#tralafoto #lerésexi #parabéns
📷💖📷
"Sempre a mesma historia? CAMBIA O CONTO!"
A rapazada de 2º da ESO C organiza esta exposición, logo dun exhaustivo traballo de investigación e recollida de datos. Nela estúdanse, exemplifícanse e visualízanse as múltiples violencias machistas. Neste video, que elas mesmas dirixiron e montaron, explícano todo perfectamente e chaman a cambiar o conto! CAMBIEMOS O CONTO!
video da exposición "Sempre vivas"
video da exposición "Sempre vivas"
Exposición 25N
A rapazada de 2ºda ESO C inaugurando a exposición que eles mesmos elaboraron sobre as violencias machistas. Baixaron á Biblioteca, buscaron información, traballarona e convertírona nesta fermosa mostra.
xoves, 17 de xaneiro de 2019
Contra as violencias machistas no Auditorio
https://www.instagram.com/p/BqpWCsRH1-3dnZBmQJPToPq7mI2SR8kOYIEUuQ0/?utm_source=ig_share_sheet&igshid=6zx83g1yi5ar
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)