xoves, 5 de decembro de 2013
A ocorrencia...
O IES
Basanta invítavos a participar no Concurso:
O LIBRO QUE CHE RECOMENDA UNHA
PERSOA.
-Poderedes participar todos os amigos do IES, alumnos, exalumnos,
profesores e exprofesores.
-Trátase de publicar unha foto onde aparezades
lendo o li...bro que vos cambiou a vida, e que vos gustaría que
outros leran.
- A foto compartirase con todos os amigos do IES. Aquela que teña máis "me gusta" ata finais de ano será a gañadora.
-Sede coherentes...nada de amiguismos.
-O premio será unha tableta de turrón 1880 "O turrón máis caro do mundo", que non é pecata minuta. Déixovos a foto feita ante notario.
Ánimo!!! Esperamos as vosas fotos co voso mellor amigo, O LIBRO.

xoves, 28 de novembro de 2013
Unha nova ocorrencia !!!!!
Onte pola tarde, lendo unha frase en
internet, moi boa por certo, tiven unha ocorrencia, outra máis !!! que me rolda a cabeza, pero que
aínda non lle dei forma... De momento déixovos a
frase, máis pronto que tarde, a ocorrencia.
martes, 19 de novembro de 2013
A pantasmaaaaaaaa
O pasado venres 8 de novembro tivemos a presentación do libro de Oscar Wide, A pantasma de Canterville. Déixovos unhas fotos da reunión e pregúntovos polo xigante, o príncipe, a andoriña e como non, pola pantasmaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa
venres, 15 de novembro de 2013
Os libros non morden...
Proba diso é esta imaxe, Aitor e Carlota lendo Canto de nadal na biblio, véselles entusiasmados, felices...Que terán os libros!!!! Non, por suposto que non morden...
martes, 12 de novembro de 2013
Diez negritos
O pasado mércores tivo lugar a presentación da novela de Aghata Christie "Diez negritos".Como sempre, déixovos as fotos da reunión...
xoves, 7 de novembro de 2013
A pantasmaaaaaa.......
Mañá venres terá lugar a presentación do libro de Oscar Wilde A Pantasma de Canterville, para os alumnos de 2º ESO. Déixovos unha foto de Oscar, tan elegante, tan dandy, tan esteta, tan decimonónico...tan atractivo!!!!
martes, 5 de novembro de 2013
Canción de Nadal
Aí tedes as fotos que fixemos o mércores. Estamos esperando os vosos comentarios da Canción de Dickens. A que esperades!!!!
venres, 25 de outubro de 2013
Agora toca Dickens...
O próximo mércores día 30 terá lugar na biblioteca a reunión do club de lectura cos alumnos de 1ºESO. Desta volta tócanos ler "Canción de Nadal" de Charles Dickens. Seguro que disfrutaremos deste gran clásico, xa veredes...
martes, 22 de outubro de 2013
Salinger a escena
Onte tivo lugar na biblioteca a presentación do libro de Salinger, O vixía no centeo, para 1º BAC, o éxito foi rotundo...
xoves, 17 de outubro de 2013
Comeza o Club de lectura.
O próximo luns día 19 no recreo e na biblioteca, terá lugar a reunión de 1º de BAC.Presentarémosvos as novas actividades para este curso. E lembrade,OS LIBROS NON MORDEN.
martes, 8 de outubro de 2013
Comeza o curso, que lle imos facer!!!
Comeza o curso, a biblio volve abrir as súas portas para todos vós. Pronto comezará o Club de lectura e esparámosvos aquí de novo. Mentres tanto déixovos unha foto,e con ela a seguinte pregunta:
Cal é o mellor amigo do home?
Ah, esquecíame!!! Xa estamos no facebook, co nome: Ies Basanta Silva. Aí vos quero ver!!
Cal é o mellor amigo do home?
Ah, esquecíame!!! Xa estamos no facebook, co nome: Ies Basanta Silva. Aí vos quero ver!!
luns, 24 de xuño de 2013
Viaxe a Pontevedra.
O pasado martes o Club de Lectura viaxou a Pontevedra.
Pola mañá estivemos no museo visitando as salas adicadas a Castelao, a Méndez Núñez, á cultura castrexa....
Pola tarde visitamos O Garaxe Hermético de Kiko Da Silva.
Pola mañá estivemos no museo visitando as salas adicadas a Castelao, a Méndez Núñez, á cultura castrexa....
Pola tarde visitamos O Garaxe Hermético de Kiko Da Silva.
venres, 14 de xuño de 2013
Ratos no laboratorio.
Como sabedes, este ano o Departamento de Ciencias participou nunha actividade organizada pola Fundación Barrié chamada Ratos no Laboratorio, para aprender xenética en 35 centros educativos de todo o país.
A nosa compañeira Cruz Rouco foi premiada na categoria de profesores. Parabéns ós premiados e grazas a todos os ratos-investigadores que participastes nesta experiencia.
Deixámosvos o link do evento: http://ratosnolaboratorio.educabarrie.org/, e por suposto un collage da nosa experiencia...xoves, 13 de xuño de 2013
Entrega de premios do certame de recitado.
Aí tedes o aclamado vídeo da entrega de premios do recitado poético do pasado 24 de maio. Disfrutádeo...
xoves, 30 de maio de 2013
Recitado de poesía.
Durante dúas semanas do mes de maio do presente curso, celebrouse na biblioteca do instituto o 2º Certame de Recitado de Poesía no que participaron rapaces e rapazas de 1º e 2º da E.S.O. O xurado, formado polo mestre de galego, Domingo García Villasuso e por tres alumnas de Normalización Lingüística, elixiron aos gañadores, que estiveron divididos en dúas categorías, segundo recitaran individualmente ou en parellas.
Foi unha complicada elección, pola calidade dos alumnos que se presentaron, que estiveron durante os días previos do certame ensaiando na biblioteca e recibindo consellos para a súa posta en escena pero, finalmente os gañadores foron:
Categoría individual:
1º Premio:
- Manuel Vidal Lozano de 1º da E.S.O co poema “Sóubente outono derradeiro” de Rafa Yáñez.
- Manuel Vidal Lozano de 1º da E.S.O co poema “Sóubente outono derradeiro” de Rafa Yáñez.
2º Premio:
- Jorge Basanta Trillo de 2º co poema “Longa noite de pedra” de Celso Emilio Ferreiro.
- Silvia López Lorenzo de 1º da E.S.O co poema “Adiós ríos, adiós fontes...” de Rosalía de Castro.
- Jorge Basanta Trillo de 2º co poema “Longa noite de pedra” de Celso Emilio Ferreiro.
- Silvia López Lorenzo de 1º da E.S.O co poema “Adiós ríos, adiós fontes...” de Rosalía de Castro.
Accésits:
1º - Raúl González Seco de 1º da E.S.O.
2º - Gonzalo Castelo Purriños de 1º da E.S.O.
3º - Mar Fraga González de 2º da E.S.O.
4º - Sara Leal Rey de 1º da E.S.O.
- Isadora Costa Lopes de 2º da E.S.O.
- Yolanda Buceta Martínez de 1º da E.S.O.
Categoría parellas:
1º Premio:
- Celine Fernández Janeiro e Cristina Muñiz Santalla de 2º da E.S.O co poema “Déjeuner de matin” de Jacques Prévert.
- Celine Fernández Janeiro e Cristina Muñiz Santalla de 2º da E.S.O co poema “Déjeuner de matin” de Jacques Prévert.
2º Premio:
- Noelia Aranda Fiévez e Paula García Joven de 2º da E.S.O co poema “Campanas de Bastabales” de Rosalía de Castro.
- Noelia Aranda Fiévez e Paula García Joven de 2º da E.S.O co poema “Campanas de Bastabales” de Rosalía de Castro.
Accésits:
1º - Claudia Basanta Hermida e Alba Durán Rivas de 2º da E.S.O.
2º - Antía Fernández Quintela e Manuel Lodeiro Palma de 2º da E.S.O.
3º - Natalia Pardo López e María Paz Eimil de 2º da E.S.O.
4º - Samuel López Rey e Javier Lozano Fernández de 1º da E.S.O.
5º - Sonia Covas Rico e Andrea Díaz Lozano de 2º da E.S.O.
venres, 24 de maio de 2013
Morreunos George Moustaki
Que decir, onte morreu o poeta e trobador G. Moustaki. Referente da liberdade.
xoves, 16 de maio de 2013
Maio Cultural
O pasado venres 10 tivo lugar a actividade Pasen e vexan, sobre as orixes do cine. A actividade desenvolveuse en dúas partes, a primeira consistiu nunha explicación sobre os comezos do cinematógrafo, atendendo aos seus creadores, os irmáns Lumiérè, e ás primeiras proxeccións mudas que utilizaban acompañamento musical en directo.
A segunda parte tratou de recrear a ambientación da proxección de 1902, A viaxe á lúa de G. Meliès. Con narración en directo do cantamañanas Carrasco, e música a cargo dos incorrexibles pianistas do momento, Lucinio & Maoxu. Un fracaso en toda regra !!!!
martes, 14 de maio de 2013
Homenaxe ao Guernica.
Comezou o Maio cultural, coa homenaxe ao Guernica, no seu 76 aniversario. Na presentación deuse unha explicación sobre o porqué do cadro e da súa realización a cargo de Picasso. A seguir comezouse coa lectura de poemas sobre a vida e contra a guerra, que continuará ao longo de todo o mes nos recreos.
venres, 3 de maio de 2013
Premios Minerva
Onte, xoves dous de maio, tivo lugar a entrega dos premios literarios Minerva, convocados polo colexio M. Peleteiro de Santiago. Dámosvos esta noticia, porque entre os premiados temos dous alumnos vinculados ao noso centro.
En poesía Brais Lamela, exalumno, gañou o primeiro premio pola súa triloxía Cadernos vermellos.
Por outra banda en narración Alba Sofía Naseiro, alumna de 1º Bach., levou o primeiro accésit polo seu traballo titulado A ratoeira.
Parabéns e seguide dándonos alegrías !!!!

venres, 19 de abril de 2013
Aí ven o maio !!
Non sei si sabedes que dende a directiva estase a organizar un mes de maio cultural cheo de actividades, recitais, teatro, música, cine, exposicións...etc. Esperamos entón, con entusiasmo e expectación, este mes de maio florecente, abride pois as vosas mentes e mantédevos alerta. E para a dirección un: Así se fai !!
xoves, 11 de abril de 2013
Homenaxe aos irmáns Lumière.
O pasado mes de marzo os alumnos de Cultura Audiovisual rodaron un vídeo homenaxe aos irmáns Lumière, mais concretamente A saída da fábrica de Lyón, eles titularon esta homenaxe como Saída dos alumnos do instituto. Pídennos que agradezamos a todos os alumnos e compañeiros participantes a súa estimada colaboración. Deixámosvos co vídeo, a ver que vos parece.
xoves, 21 de marzo de 2013
Certame de Recitado Poético
O Equipo de Normaización Lingüística convoca o 2º Certame de Recitado Poético, que se desenvolverá ao longo do mes de maio; previamente teremos un taller de recitado poético.
Poderan participar todos os alumnos matriculados no IES Basanta Silva. As bases terédelas nos taboleiros das aulas.
A lectura dos poemas gañadores así como a entrega de premios farase o día 24 de maio, dentro das actividades previstas no Maio Cultural.

mércores, 6 de marzo de 2013
Concurso de fotografía escolar.
O pasado luns, 4 de marzo, tivo lugar a entrega dos premios do concurso de Fotografía na escola.
A fotografía gañadora foi presentada por Manuel Vidal Lozano co título Escolares de Outeiro de Rei, 1972.
O segundo premio recaeu na fotografía presentada por David Castro Celeiro, titulada Recreo no colexio da Castellana (Aranga), 1983.
E por último, o terceiro foi para Gabriella Shaene Pinheiro de Oliveira pola foto Escolares do colexio de Moreda (Lanzós) de excursión a Santiago, 1970.

1º PREMIO
venres, 1 de marzo de 2013
Alborada para Rosalía
O pasado 24 de febreiro celebrouse o Día de Rosalía de Castro, ao cumprírense 150 anos da publicación de Cantares Gallegos. A Fundación Rosalía, a Real Academia Galega e a Asociación de Gaiteiros Galegos facían un chamamento a todos os gaiteiros e gaiteiras de Galiza para tocar unha alborada de gloria na honra de Rosalía.
No Basanta Silva, o luns 25 tivemos uns minutos no recreo para escoitar a David Pico, Alberto Rivas e Raquel Díaz, que puxeron así o seu gran de area en lembranza da nosa poetisa.
Xa pola tarde, as alumnas e os alumnos de 2º ESO fixeron unha lectura dalgúns poemas de Cantares gallegos e escoitaron outros musicados e interpretados polo grupo Não, Amancio Prada ou Luz Casal e Carlos Núñez.
Reencontro con Hugo.
O pasado venres tivo lugar a reunión do segundo grupo de 1º e 2º da ESO do Club de Lectura, para comentar o libro e a película La invención de Hugo Cabret. Como da outra vez, revisamos de novo o incrible Home Mosca interpretado por Harold Lloyd e A viaxe de Méliès á lúa...
E para rematar aí tedes unhas fotos do encontro.
mércores, 20 de febreiro de 2013
Premios poéticos en Vilalba
A casa da cultura de Vilalba acolleu a entrega de premios do Certame de Poesía de Nadal 2012, convocado pola Biblioteca Pública Municipal. Nesta edición, na categoría C, foron premiadas Laura López e Silvia López, ámbalas dúas alumnas do noso centro. Parabéns!!
Silvia e Laura na biblioteca lendo uns cómics
Silvia e Laura na biblioteca lendo uns cómics
venres, 8 de febreiro de 2013
Calendario do 2013
O Equipo de Normalización Lingüística editou un calendario titulado Os traballos e os días , no que se recollen as celebracións da Chaira e os distintos labores dos nosos devanceiros, todo isto ilustrado con fotografías feitas polos alumnos de Cultura Audiovisual.
luns, 4 de febreiro de 2013
Reunión de 4º da ESO
O pasado 28 de xaneiro tivemos a reunión caprina para comentar a novela e a película homónima De ratos e homes. Sorprendeunos que gustara máis a película, desta vez gañaron as cabras cinéfilas.
venres, 25 de xaneiro de 2013
Presentación de Charlie.
O pasado venres tivemos a reunión do Club de Lectura para presentar a novela Charlie e a fábrica de chocolate. Na presentación houbo chocolatinas para todos, pero só un atopou o cobizado billete dourado, aínda que todos poderán visitar a fábrica de Willy Wonka.
Que sorte que teñen!!
Jorge amósanos o seu prezado billete
Xente de aquí e de acolá.
De novo presentámosvos un exalumno coñecido de todos. É o noso Marcos, que anda por esa feiras do mundo amosando o seu traballo. O outro día apareceu na prensa facendo unha demostración de talla na Feira do Nadal en Lugo. Esperamos que teñas moitos éxitos nesta andaina.
Ladra fai demostracións de talla para promocionar a súa artesanía.
mércores, 23 de xaneiro de 2013
Noraboa, David e Miguel !
Os institutos Basanta Silva de Vilalba e Pedregal de Irimia de Meira están de parabéns despois de que tres dos seus alumnos -dous vilalbeses e unha meirega- se atopen entre os 20 mellores estudantes de Galicia, que recibiron recentemente o Premio Extraordinario de Educación Secundaria Obrigatoria ao rendemento académico do curso 2011-2012, concedido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Miguel González Montes e David Novo Goiriz, de Vilalba, e Catara Rego Abraira, de Meira, xa destacaban nos seus centros educativos polas súas notas, xa que para concorrer ao exame desta bolsa había que contar cunha media mínima de nove neste ciclo.

David e Miguel
venres, 18 de xaneiro de 2013
AVISO IMPORTANTE !!
A todos os Blade-Runner:
Pasámosvos unha listaxe dos replicantes infiltrados no IES Basanta Silva. Gústalles a lectura, non queren morrer e o peor de todo fanse preguntas. Hai que retiralos sen dilación, son perigosos!!
Pasámosvos unha listaxe dos replicantes infiltrados no IES Basanta Silva. Gústalles a lectura, non queren morrer e o peor de todo fanse preguntas. Hai que retiralos sen dilación, son perigosos!!
venres, 11 de xaneiro de 2013
Cándido Pazó a escena
O Departemento de Galego troúxonos o contacontos Cándido Pazó coas súas Historias vellas para xente nova. As risas producíronse no salon de actos o luns 17 de Decembro. E coma sempre tedes unha testemuña da súa tolemia e xenialidade coas fotos que vos deixamos.
Viaxando ao pasado da mao de Hugo...
O pasado 20 de decembro tivo lugar o primeiro encontro das cabriñas de 1º e 2º da ESO, para falar do libro e da película La invención de Hugo. O resultado foi aplastante, máis do 80% optou polo libro, ou sexa a cabra lectora impúxose á cabra cinéfila. Polo máis, puxémonos no lugar de Hugo e coma el vimos a Harold Lloyd colgarse do reloxo en Safety Last ! e o cohete impactar no ollo da lúa en Viaxe á Lúa de Méliès. E coma el quedamos abraiados con estes magos dos soños...
Deixámosvos coma sempre o video que dá fe do dito. Esperamos os vosos comentarios.
Deixámosvos coma sempre o video que dá fe do dito. Esperamos os vosos comentarios.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)