venres, 14 de xuño de 2013

Ratos no laboratorio.

  Como sabedes, este ano o Departamento de Ciencias participou nunha actividade organizada pola Fundación Barrié  chamada Ratos no Laboratorio, para aprender xenética en 35 centros educativos de todo o país.
  A nosa compañeira Cruz Rouco foi premiada na categoria de profesores. Parabéns ós premiados e grazas a todos os ratos-investigadores que participastes nesta experiencia.
  Deixámosvos o link do evento: http://ratosnolaboratorio.educabarrie.org/, e por suposto un collage da nosa experiencia...


Ningún comentario:

Publicar un comentario