xoves, 31 de marzo de 2016

domingo, 27 de marzo de 2016

DÍA DE ROSALÍA 2016

Isto foi o que aconteceu o día 24 de febreiro: agasallamos aos membros da comunidade escolar con versos de Rosalía e flores, fixemos o envío simultáneo e masivo duns dos seus versos  e, finalmente, dirixímonos á biblioteca ao son da Alborada de Rosalía para escoitar o Manifesto.





venres, 18 de marzo de 2016

HeForShe (ElPorEla)



Esta campaña solidaria de ONU Mujeres ten como obxectivo involucrar aos homes e nenos para lograr a igualdade de xénero e reivindicar os dereitos das mulleres xa que é un problema que afecta a toda a humanidade.




Elizabeth Nyamayaro, asesora principal do director executivo da ONU dixo: "Nun principio, preguntabámonos, ‘Impórtalles aos homes a igualdade de xénero?’ e descubrimos que si lles importa. Logo comezamos a recibir moitos correos de homes que se inscribiron e que agora queren contribuír máis."

Na súa páxina hai un mapa no que se pode comprobar o número de persoas que asumiron o seu compromiso.




xoves, 17 de marzo de 2016

IGUALDADE DE XÉNERO

Spot publicitario animando a cambiar a situación da muller

Mensaxe en prol da igualdade

Igualdade no reparto das tarefas domésticas

Igualdade na vida laboral

Igualdade nos sinais de tráfico

Evolución e papel da muller no sistema sistema económico-social

Emma Watson pedindo a contribución dos homes para terminar coa discriminación da muller



martes, 15 de marzo de 2016

A MULLER NOS ANUNCIOS TELEVISIVOS



Os anuncios publicitarios mostraron unha imaxe estereotipada da muller en situacións de desigualdade e inferioridade.



Lamentablemente, esta publicidade sexista e totalmente anacrónica aínda a estamos a ver no século XXI.


luns, 14 de marzo de 2016

LINGUAXE NON SEXISTA

Na Nueva gramática de la lengua española (2009-2011) da Real Academia Española recoméndase o empleo xénerico do masculino como xénero non marcado:

“EL GÉNERO NO MARCADO en español es el masculino y el género marcado es el femenino. (...) En la designación de los seres animados, los sustantivos de género masculino no sólo se emplean para referirse a los individuos de ese sexo, sino también –en los contextos apropiados- , para designar la clase que corresponde a todos los individuos de la especie, sin distinción de sexos. (...) Es habitual en las lenguas románicas, y también en las de otras familias lingüísticas, usar en plural los sustantivos masculinos de persona para designar todos los individuos de la clase o el grupo que se mencione, sean varones o mujeres.” 

Debido aos cambios sociais foron incluídos femininos singulares nos dicionarios (médica, maxistrada, enxeñeira, etc.), pero utilizar unha linguaxe inclusiva ou non sexista, que axude a visibilizar ás mulleres, é só cousa nosa.


Hai diferentes opcións:

linguaxe inclusiva
Linguaxe exclusiva
A xefa
O xefe
A mocidade
Os mozos
Quen chegou cedo
Os que chegaron cedo
Decidírase legalmente
O avogado decidirá

E a aplicación Exeria axúdanos a elo. Velaquí un exemplo:


Tentemos facelo!


domingo, 13 de marzo de 2016

PELÍCULAS PARA O DÍA DA MULLER

No cinema hai cada vez máis películas que reflicten os conflitos e inquietudes da muller nun planeta maioritariamente machista. 

Todas as que vos propoñemos están dirixidas e protagonizadas por mulleres e ofrecen unha visión crítica do papel que desenvolven na sociedade.



A las cinco de la tarde (Samira Makhmalbaf)

Tras a caída do réxime talibán en Afganistán, reabríronse as escolas para as mulleres. Unha delas pretende dedicarse á política e mesmo chegar a ser algún día presidenta da República. Pero o burka, as tradicións e o réxime machista seguen profundamente ancorados na vida social do país.



Yentl (Barbra Streisand)
Nun pobo da Europa Oriental de principios do século XX, a moza xudía Yentl Mendel, filla dun rabino viúvo que ensina o Talmud aos mozos locais, faise pasar por home para estudar nunha escola reservada para homes. Pero os problemas aparecerán cando se enamora doutro estudante, Avigdor, que non sabe que é unha muller.


Persépolis (Marjane Satrapi)
Cando os fundamentalistas toman o poder, forzando ás mulleres a levar veo e encarcerando a miles de persoas, e mentres ten lugar a guerra entre Iraq e Irán, Marjane descobre o punk, ABBA e Iron Maiden. Cando chega á adolescencia os seus pais envíana a Europa, onde coñece outra cultura que nada ten que ver coa do seu país. A protagonista adáptase ben á súa nova vida, pero non soporta a soidade e volve coa súa familia, aínda que iso signifique poñerse o veo e someterse a unha sociedade tiránica.


La vida en rosa (Olivier Dahan)

Dos barrios baixos de París ao éxito de Nova York, a vida de Edith Piaf foi unha loita por sobrevivir e amar. Creceu no medio da pobreza, pero a súa voz máxica e os seus apaixonados romances e amizades coas grandes personalidades da época (Yves Montand, Jean Cocteau, Charles Aznavour, Marlene Dietrich, Marcel Cerdan) fixeron dela unha estrela mundial.



La boda de Tuya (Wang Quan'an)
Na Mongolia máis rural e profunda, Túa é unha muller xoven que loita por cambiar o seu destino, tentando sacar adiante ao seu marido, tullido, os seus dous fillos e o seu rabaño de ovellas. A presión que exerce o Goberno para que os pastores mongoles abandonen a súa tradicional vida nómade é cada vez maior. Túa é guapa, forte e testaruda. Rehúsa abandonar os seus pastos pero o esforzo prolongado pásalle factura e cae enferma. A única solución é divorciarse de Bater, o seu marido, e volver casar para poder seguir adiante. Non son poucos os pretendentes, pero ningún quere aceptar a condición que Túa impón. Non busca a alguén rico, aposto ou intelixente, só pide que coide dos seus fillos e, sobre todo, do seu marido Bater...


sábado, 12 de marzo de 2016

ESTEREOTIPOS E ROLES SEXUAIS


Con estes breves vídeos pretendemos que reflexionedes sobre algúns aspectos da desigualdade da muller na sociedade: 




O papel da esposa nos anos 50


Os estereotipos de xénero dende o nacemento


Os roles na familia e a súa transmisión


A desigualdade na educación


As mensaxes subliminares de xénero nos xoguetes


venres, 11 de marzo de 2016

MÚSICA POLA MULLER

Podedes escoitar todas estas cancións e tamén ler a maioría das súas letras. 
Onde non se especifica nada a letra está incluída na páxina e nas que están en inglés atoparedes a letra orixinal e a súa tradución.




Bob Dylan
Bongo Botrako

Diana Avella

Enrique Diago

Gonzalo Hermida

Guadi Galego

John Lennon
José Pereira

Mulleres Galegas Cañeras

Nina Simone
No Doubt
Rafa Gutiérrez

Rafa Gutiérrez

Ricardo Williams

Sés
Sonic Youth
The Who
Tina Turner



luns, 7 de marzo de 2016

EXPOSICIÓN DE FONDOS: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER




DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

“O Día Internacional da Muller, antes Día Internacional da Muller Traballadora, ten as súas orixes no movemento internacional de mulleres de finais do século XIX. Tiña como finalidade exclusiva promover a loita polo dereito ao voto da muller, sen ningún tipo de restrición baseada no nivel de riqueza, propiedades ou educación. (…) O que se faga referencia aos feitos acontecidos na fábrica téxtil de Nova York chamada Cotton onde morreron as 129 traballadoras abrasadas polo incendio provocado polo dono, como resposta ás súas demandas; ou á manifestación espontánea organizada polas traballadoras do sector téxtil da cidade de Nova York, que foi brutalmente dispersada pola policía , na que se protestaba polos baixos salarios, a xornada laboral de doce horas, e as crecentes cargas laborais, pon de manifesto que o espírito desta celebración, é o recordatorio da loita das mulleres pola igualdade, pola participación política-social e polas melloras das condicións de traballo.” (Antonio Poleo)


En 1995 tivo lugar en Pequín a Cuarta Conferencia Mundial sobre la Mujer. Os miles de asistentes que acudiron a ela tiñan como obxectivo a igualdade de xénero e o empoderamiento de todas as mulleres en todas partes. Elaboraron a Declaración y Plataforma de Acción de Beijing, un plan para promover os dereitos da muller. 




Hoxe en día a convocatoria segue reunindo a moitas persoas preocupadas por acadar ese obxectivo.
O seu lema para este ano é "Por un Planeta 50-50 en 2030. Demos o paso para a igualdade de xénero".



      domingo, 6 de marzo de 2016

      V PREMIO DE POESÍA CARME VILLAVERDE


      Convocado polo Instituto Nº1 de Ordes en lembranza da profesora Carme Villaverde Raña.


      Presentaranse tres composicións, con liberdade de metro e rima, orixinais, inéditas e escritas en lingua galega. 


      - Destinatarios: alumnado de ESO, Bacharelato, ESA e Ciclos Formativos que cursen estudos en Galicia e non teñan cumpridos 20 anos a 31 de decembro de 2015.
      - Premio único: 400 euros. 
      - Data límite de presentación: 29 de abril de 2016 ás 14:00 horas. 



      “ADOPTA UN ANIMAL DE CONTO”



      A Asociación Galega do Libro Infantil (GALIX) convoca este concurso co motivo da celebración do Día Internacional do Libro Infantil (2 de abril)



      V CONCURSO DE MICRORRELATOS DA FUNDACIÓN CAMILO JOSÉ CELA

      Incluído nos actos programados para a conmemoración do Centenario do nacemento de Camilo José Cela, rendirá homenaxe ao libro de memorias infantís do escritor A rosa.


      Todos os microrrelatos deberán presentarse a través da plataforma web do concurso e comezar co arranque do libro de memorias infantís A rosa, na que o escritor narra as súas primeiras vivencias polas terras de Iria, Vilagarcía, A Coruña, Cangas,Tui e Vigo: 


      Mi padre se llama como yo, y yo me llamo como mi hijo…

      Categorías:
      - Infantil (ata os 12 anos)
      - Xuvenil (de 13 a 17 anos)
      - Adulto (18 anos en adiante).

      Os traballos premiados serán publicados en edición dixital pola Fundación e o primeiro premio de cada categoría será obsequiado cunnha tableta dixital e unha tarxeta regalo de El Corte Inglés por valor de 300 €.

      “CAMPUS CIENTÍFICOS DE VERANO”

      Convocatoria de axudas para participar no Programa “Campus Científicos de Verano” para alumnado de 4º de ESO ou 1º de Bacharelato que estea a cursar neste ano académico a modalidade de Ciencias.


      “2º CAMIÑO DA DIVERSIDADE”

      A Fundación INGADA (Instituto Galego do Déficit de Atención e Trastornos Asociados) organiza esta actividade educativa e de lecer por segundo ano consecutivo.

      Consiste na realización dunha etapa do Camiño Francés, desde o Pino a Santiago de Compostela (aprox. 20 Km) o 23 de abril de 2016, coa idea de chamar a atención á conciencia cidadá para respectar a diversidade de cada un, sen exclusión e fomentar a integración e o desenvolvemento digno das persoas por moi diferentes que sexan para compartir actividades e experiencias entre todos aqueles que teñan puntos de interese con esta Fundación.

      Programa:
      - Saídas de Autobuses: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra
      - Saída do Pino: 10:00
      - Saída do Monte do Gozo en Santiago de Compostela: 16:30
      - Chegada a Praza do Obradoiro: 17:30 Fin de Festa

      Información e inscrición: ingadanatureclub@gmail.com
      Prezo: adultos (15€), nenos gratis.