Amosando publicacións coa etiqueta Educación documental. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Educación documental. Amosar todas as publicacións

domingo, 1 de outubro de 2017

XA CHEGOU A VIGO O PERGAMIÑO VINDEL!

Dicía Álvaro Cunqueiro que se Vigo fose unha polis grega, diríase que foi fundada por un poeta, aquel Martín Codax que bailaba no sagrado de Vigo e vía a súa amiga bañarse nas ondas. 

O pergamiño Vindel, que conten as cantigas de Martín Codax, moitas delas coa notación musical incluída, chega a Vigo depois de 800 anos para expoñerse, ata marzo de 2018, no Museo do Mar. 


Foi en 1914 cando o libreiro Pedro Vindel descubreu este pergamiño, que estaba forrando un libro de Cicerón. Logo vendeullo por 6.000 pesetas ao musicólogo catalán Rafael Mitjana. Éste exercía de diplomático en Suecia para alá levou o pergamiño. Rafael Mitjana morre no 1921 e as cantigas de Martín Códax quedan a disposición, primeiro da viúva e despois dos herdeiros. Non se volve a saber del ata que a biblioteca Sandbergs Bokhandel o compra nunha subasta, formando parte dun lote de libros, no ano 1961, por unha cantidade rídícula, 78 coronas suecas . Sería tempo despois adquirido polo bibliófilo Otto Haas e finalmente posto á venda en Londres polo seu colega inglés Albi Rosenthal, que llo vendeu á Pierpoint Morgan Library de Nova York, onde se conserva desde 1977.


sábado, 3 de xuño de 2017

ALFÍN NA BIBLIOTECA II

O alumnado do Nivel I do PMAR realizou durante varias sesións lectivas un traballo de investigación relacionado coa unidade didáctica dedicada ás Forzas e o Movemento (Ámbito científico-matemático), usando as ferramentas informáticas da biblioteca.

Este é o resultado final:


Páxinas web empregadas:


luns, 22 de maio de 2017

ALFÍN NA BIBLIOTECA I

Durante varias sesións lectivas, o alumnado do nivel 1 do PMAR realizará un traballo de investigación na biblioteca.




Co resultado obtido, completarán este arquivo para realizar un mural:




mércores, 19 de abril de 2017

"A NOSA HISTORIA"

Selección de traballos realizados polo alumnado de 2º curso de ESO na materia de Xeografía e historia tras recibir nocións de educación documental.

Están expostos no corredor da planta baixa do edificio A.