martes, 19 de decembro de 2017

Visita á exposición de Sebastião Salgado nunha xélida mañá do mes de Nadal.

O mércores pasado o alumnado de bacharelato do Basanta Silva tivo a oportunidade de visitiar Xénese, a mostra de fotografías de  Sebastião Salgado que estivo exposta ata ese mesmo día na Praza Maior de Lugo. Trátase dunha “oda visual á maxestosidade y fraxilidade da Terra; unha advertencia de todo o que estamos en risco de perder”, en palabras do propio artista brasileiro. A exposición está formada por un total de 38 fotografías de persoas, animais e paisaxes, en rincóns virxes das Illas Galápagos, Madagascar, Alaska ou a selva Amazónica entre outros lugares do planeta. 


BO NADAL!

AS/OS CORRESPONDENTES XUVENÍS DO BASANTA SILVA
DESÉXANVOS QUE PASEDES UN BO NADAL!


Lecturas dos nosos Clubs neste primeiro trimestre.

Cada unha das lecturas acompañouse do visionado das seguintes películas: 
  • En 1º da ESO lemos "Conto de Nadal" de Charles Dickens e vimos de T. Haynes, "Doctor Who: Un cuento de navidad".
  • En 2º da ESO lemos "Irman do vento" e  vimos "Cometas en el cielo", película dirixida por Marc Forster. 
  • En 3º da ESO lemos "Non hai noite tan longa" de Agustín Fernández Paz e vimos "Matar a un ruiseñor" de Robert Mulligan.
  • En 4º da ESO lemos "Frankenstein" de Mary Shelley, e vimos "El Doctor Frankenstein", film dirixido por James Whale. 
  • No bacharelato lemos "Novela de xadrez", de Stefan Zweig, e vimos "Juego de Reyes", do director Gerd Oswald, película baseada na novela. 








martes, 12 de decembro de 2017

VESTINDO A BIBLIOTECA DE NADAL

Neste nadal 2017, convidamos ao Apalpador a visitar a nosa biblioteca. Tanto lle gustou, que decideu quedarse con nós para sempre. Normal que así fose, ao descubrir o agarimo e entusiasmo co que moitas rapazas e rapaces confeccionaron as cores do seu traxe. 

E aquí estamos, vestindo entre todas e todos a biblioteca de Nadal!







sábado, 9 de decembro de 2017

INAUGURACIÓN DA PINTURA MURAL DE ISABEL PARDO POLO DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

A Declaración Universal dos Dereitos Humanos foi aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 10 de decembro de 1948. É por este motivo que, no 2018, conmemoramos e celebramos este día! 

Os marabillosos traballos que vedes nas imaxes foron realizados polo alumnado de 4º da ESO, coa profesora  de filosofía Anxos Galocha, para celebrar o recoñecemento destes dereitos e promover o seu respecto.

Con eles inauguramos tamén a fermosa pintura mural realizada no centro pola nosa compañeira Isabel Pardo.

😍😍😍😍 
Cousa bonita!