"Con certeza, os bicos de bolboreta de cada palabra túa, impresa na memoria literaria, mais tamén na nosa biografía persoal, han ser semente perenne para acordar este noso país adormentado. E cada inverno serás nube de neve; e cada noite vixiarás desde as filantes para seres casa da luz; e cando o día nos abafe ou arrefríe vestiremos a nena do abrigo de astracán. E cada día de verán… na túa terra serás unha cerdeira!" Mercedes Queixas, no pasamento de X.Pérez DoCampo.
martes, 26 de xuño de 2018
venres, 15 de xuño de 2018
"Cantou o cuco. Viuse a bubela. Esta vez non será a fin." ❤ 🌼M. Rivas. Marcapáxinas da #BibliodoBasanta Non perdas a páxina, non quedes sen eles! 🍃
"Incluso os pensamentos, por moi etéreos que parezan, requiren dun punto de apoio, pois do contrario xiran e xiran en torno a si mesmos nun remuíño sen sentido; tampouco eles soportan a nada." Stefan Zweig, Novela de Xadrez.
Marcapáxinas que molan #madeinBibliodoBasanta
"Que estraña cousa o coñecemento. Unha vez entrou na mente aférrase a ela como a hedra á Rocha" #Frankenstein #MaryShelley #Marcapáxinas#BibliodoBasanta
MANUEL RIVAS
O noso benquerido Manuel Rivas xigante! ❤😊 Poucos no Basanta quedan sen coñecelo! Mais se estás entre os que aínda non liches nada del neste curso, cousa difícil, non agardes máis e ven pola biblio! 🔝🔝😊📓 #BibliotecaAgustínFernándezPaz #artistasdobasanta
mércores, 6 de xuño de 2018
Contando historias para os máis pequenos
O alumnado de oratoria de 2º da ESO representou dúas obras no salón de actos para os nenos e nenas do Insua Bermúdez, do Mato Vizoso, de Xermade e de Moreda. "A min non me comas" e "Os Ratos". Agracecémoslle moito que nos viñesen ver, foi un día moi especial.
Xogando co francés
Clases de francés na EEI de Infantil e nos cursos de primaria do CEIP Insua Bermúdez, impartidas polo alumnado de 1º de BAC de francés do IES Basanta Silva.
Caligramas
Mostra de Caligramas elaborados polo alumnado de 4º da ESO de Lingua Española e Literatura que poderedes atopar expostos no corredor do Edificio A que conduce á Biblioteca.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)