"Con certeza, os bicos de bolboreta de cada palabra túa, impresa na memoria literaria, mais tamén na nosa biografía persoal, han ser semente perenne para acordar este noso país adormentado. E cada inverno serás nube de neve; e cada noite vixiarás desde as filantes para seres casa da luz; e cando o día nos abafe ou arrefríe vestiremos a nena do abrigo de astracán. E cada día de verán… na túa terra serás unha cerdeira!" Mercedes Queixas, no pasamento de X.Pérez DoCampo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario