Amosando publicacións coa etiqueta Bibliotecas Escolares de Galicia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Bibliotecas Escolares de Galicia. Amosar todas as publicacións

luns, 14 de maio de 2018

Incluíndo a diversidade !

Enlace ás recomendacións lectoras 2018 da  nosa Biblioteca Agustín Fernández Paz. Se pinchas no enlace atoparás, nun folleto informativo, as novedades recén chegadas dos Audiolibros que podes levar en préstamo. Pásate pola Biblio!

https://issuu.com/bibliotecasantiagobasantasilva/docs/folleto


domingo, 24 de abril de 2016

RECURSOS E INICIATIVAS A PROL DAS CIENCIAS

Os pasados 14 e 15 de abril tiveron lugar en Compostela, na sede do Consello da Cultura Galega, os XVIII Encontros para a Normalización Lingüística, organizados por esta institución baixo o lema "Nas bocas do futuro: mocidade e lingua".

Convidouse á Asesoría de Bibliotecas Escolares a participar na exposición de recursos para a ciencia en galego e contribuímos con un "póster" no que se recollen recursos e iniciativas desde a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, da Consellería de Cultura, Educación e O.U. deseñadas para impulsar a presenza das ciencias nas bibliotecas escolares e a integración das ciencias e das humanidades nas actividades e propostas destas bibliotecas. Por descontado que estas iniciativas son tamén a favor do uso do galego nas ciencias.
(Vía: Bibliotecas Escolares de Galicia)


LEDICIA COSTAS, PREMIO DOS CLUBS DE LECTURA 2016

A escritora viguesa Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015, vén de acadar o galardón co que se recoñece o autor galego máis lido polos clubs de lectura do ámbito educativo no curso precedente. Así se recolle na resolución publicada o día 23 de abril pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria coincidindo co Día Mundial do Libro.


Este é o segundo ano que se concede este premio, creado para recoñecer o labor das autoras e autores galegos que facilitan cos seus libros a función do profesorado como mediadores de lectura e que concitan o interese dos participantes nos clubs de lectura. Na primeira edición, a de 2015, o galardón foi para o escritor chairego Agustín Fernández Paz.


A entrega do premio farase no transcurso da IX Xornada dos clubs de lectura que se celebrará en Santiago de Compostela o 10 de xuño, coa asistencia do profesorado que coordina os clubs de lectura existentes este curso.
(Vía: CCEOU)