Enténdese por
violencia de xénero a dirixida ás mulleres polo mesmo feito de selo, é dicir,
por considerar que o sexo feminino é inferior e debe continuar nunha posición
de subordinación con respecto ao masculino.
martes, 25 de novembro de 2014
mércores, 12 de novembro de 2014
Club de lectura
Boas!!! Comezou un novo curso e como non comeza tamén O Club de Lectura, este ano aumentou o número de amigos, diso se trata, aledámonos!!!!
O pasado día 28 de outubro tivo lugar a presentación do libro De ratos e homes de John Steinbeck para os grupos de 3º e 4º de ESO, o 29 Canción de Nadal de Charles Dickens para o grupo de 1º de ESO e o 30 Pel de Lobo de Xosé Miranda para 2º de ESO.
Déixovos unhas fotos...
O pasado día 28 de outubro tivo lugar a presentación do libro De ratos e homes de John Steinbeck para os grupos de 3º e 4º de ESO, o 29 Canción de Nadal de Charles Dickens para o grupo de 1º de ESO e o 30 Pel de Lobo de Xosé Miranda para 2º de ESO.
Déixovos unhas fotos...
xoves, 12 de xuño de 2014
Club de lectura
A semana pasada tivo lugar a última presentación do club de lectura deste ano. O vello e o mar e Contos dos irmans Grimm serán as novelas coas que rematemos a nosa aventura. Sorte coa viaxe.
mércores, 11 de xuño de 2014
Animación á lectura
Os nosos parabéns aos gañadores dos concursos de cartaces e marca páxinas.
- Concurso de cartaces: Beatriz Felpeto Rodríguez (E1D) e Ángel García Yáñez (E1D)
- Concurso de marca páxinas: Ismael Francos López (E1A)
Moitas grazas a todo o alumnado que participou!
- Concurso de cartaces: Beatriz Felpeto Rodríguez (E1D) e Ángel García Yáñez (E1D)
- Concurso de marca páxinas: Ismael Francos López (E1A)
Moitas grazas a todo o alumnado que participou!
venres, 6 de xuño de 2014
xoves, 5 de xuño de 2014
Certame de Recitado de Poesía
Durante os días 20, 21, 22 e 23 do mes de maio tivo lugar na biblioteca do
instituto un certame de recitado de poesía con motivo da celebración do maio
cultural. Desta guisa, contamos cun gran número de participantes do primeiro e
segundo ciclo da ESO. O xurado estivo formado, como en anos anteriores, por
profesores e alumnos do equipo de normalización lingüística do centro, neste
caso, a responsabilidade de elexir aos premiados recaeu sobre o profesor de
galego Domingo Villasuso e o de bioloxía José María Fernández Segura e sobre os
alumnos Javier López Rubiera e Isabel Castro López de 1º da ESO e 1º de
Bacharelato respectivamente. Os alumnos, que durante as primeiras semanas do
mes, puideron ensaiar na bibloteca o recitado dos seus poemas, puxeron moi
complicado a elección dos gañadores ao xurado. Pero finalmente, decidimos que
os gañadores serían:
Na categoría A (rapaces de 1º e 2º da ESO), os
elexidos foron:
Modadidade Individual: Rosa María Rodriguez Currás de 1º da ESO co poema Adios ríos; adiós fontes de Rosalía de Castro quedou en primeiro lugar, Silvia López Lorenzo de 2º da ESO con Que pracidamente brilan tamén de Rosalía de Castro acadou a segunda posición e Manuel Francisco Lamela Gómez de 1º da ESO, logrou o áccesit co poema Xa nin rencor nin desprezo de novo de Rosalia de Castro.
Modalidade Parellas: En primeiro lugar Sara Leal Rey e Natalia Prestes Camba de 2º da ESO co poema Campanas de Bastabales de Rosalía de Castro, na segunda posición Ayné e Marcos Novo Yáñez de 1º da ESO con Si eu tiver a fror do lume de Manuel Luís Acuña e o áccesit foi para Manuel Lamela Gómez e Sergio López Ramudo de 1º da ESO co poema Sen paz xean-se as palabras de Xulio Válcarcel
Na catagoría B
(rapaces de 3º da ESO), gañaron:
Modadidade Individual: En primeiro lugar Daniel Rego Yáñez co poema A Pablo Neruda de Antonio García Teijeiro, no segundo, Jorge Basanta Trillo con Oh…! de Lois Pereiro e Alberto Ferreiro Díaz conseguiu o áccesit con para Méndez Ferrín de X. Costa Clavell.
Modalidade Parellas: Celine Fernández Janeiro e Cristina Muñiz Santalla co poema Rondeau das señoras donas…de Álvaro Cunqueiro quedaron en primeiro lugar, Andrea Díaz Lozano e Paula García Joven con A Pual Èluard de Luz Pozo Garza en segundo lugar e Claudia Basanta Hermida e Antía Fernández Quintela con Sós de Manuel Antonio levaron o áccesit.
xoves, 29 de maio de 2014
Novos Graffitis
Seguen aparecendo graffitis polo insti, que nos animan á lectura...Todo o que poidas imaxinar é real.
xoves, 22 de maio de 2014
martes, 20 de maio de 2014
Actividades en Santabaia
Os alumnos de 1º da ESO gozaron durante a xornada de onte dunha serie de actividades na parroquia de Santabaia, tendo como anfitrións aos Amigos da Liga Santaballesa. Camiñaron ata os lugares máis senlleiros da parroquia, Pena Grande, Pena Chantada e como non, visitaron a escola antiga e a recreación do pobado castrexo. Finalmente tiveron unha charla-coloquio co escritor Antonio Reigosa.Un día completiño.
xoves, 15 de maio de 2014
Barro en vivo
Durante dous días tivemos connosco ao artesán ceramista Pablo Mazoy, co seu taller cerámico, onde os rapaces de terceiro puideron tornear e sentir o barro EN VIVOOOO!!!!
martes, 13 de maio de 2014
Escritos na Floresta
Onte tivemos a oportunidade de escoitar ao noso compañeiro e profesor Ricardo Polín nunha charla sobre as Árbores literarias na paisaxe cultural da Terra Chá. Tamén se inaugurou a exposición Escritos na Floresta, que por suposto, podedes ver na sala de exposición do Basanta.
luns, 12 de maio de 2014
CLUB DE LECTURA
O pintor do
sombrero de malvas, MARCOS
CALVEIRO
Ao tempo que ledes
esta novela que foi Premio Lazarillo no 2009, podedes entrar nos seguintes
enlaces para ver a extensísima obra pictórica do pintor holandés Vincent Van
Gogh (1863-1890). Este xenial pintor, coñecido como un dos grandes do
postimpresionismo, é quen protagoniza a
historia, centrándose na súa última etapa, a que pasou en Auvers-sur-Oise, na
Provenza francesa, onde o choque coa
luz do sur o leva á conquista da cor.
Aínda que aparecen reproducións de
moitas das súas obras desta etapa intercaladas na novela, non hai nada como
velas coas cores coas que expresaba a súa forza.
Campo de trigo con
corvos
venres, 9 de maio de 2014
xoves, 8 de maio de 2014
Ride, ride
Ontes os alumnos de 2º e 3º da ESO puideron
disfrutar do espectáculo Ride, ride, a cargo do trio 3DTrans, dentro do
programa do Maio Cultural. Estiveron fantásticas!!!
mércores, 7 de maio de 2014
Cine de cine
Este xoves comeza o ciclo Cine de Cine dentro do programa do Maio Cultural, coa proxección da aclamada película The Artist. Non o esquezades, ás 20 horas no salón de actos do Basanta.
Esperámosvos!!!
Esperámosvos!!!
martes, 6 de maio de 2014
Maio Cultural
O vento levántase, comeza o noso Maio Cultural. Esperamos que participedes e que disfrutedes como nunca...necesitamos da vosa acción!!!!
martes, 29 de abril de 2014
Lectores electrónicos
Xa tedes á vosa disposición na biblio os novos libros electrónicos, dous, toda unha biblioteca que se pode levar en préstamo como calquera outro libro e ao servizo de toda a comunidade educativa.
Concurso de CARTEIS e MARCA PÁXINAS
29 de abril: encontros cos nosos escritores
O escritor Pepe Carballude visita o noso centro para falarlle ao alumnado de 1º de ESO da súa obra O deus desaparecido, que leron no 2º trimestre, e do proceso de creación.
venres, 25 de abril de 2014
Troco de libros
Como sabedes o mércores comezou o troco de libros na biblioteca, podedes botar unha ollada e elexir o voso, a que estades esperando!!!!
mércores, 23 de abril de 2014
venres, 11 de abril de 2014
xoves, 10 de abril de 2014
Notición
Que gran noticia!!! As escaleiras do gran hotel, unha novela de tramas políticas
nos tempos previos á II República, valeulle a Rubén Martínez, compañeiro e amigo, os 6.000
euros do XVI Premio Vicente Risco de Creación Literaria. O xurado, que
destacou a calidade das obras presentadas, tomou a decisión logo de dúas
horas de deliveración. Parabens.
xoves, 3 de abril de 2014
martes, 1 de abril de 2014
xoves, 20 de marzo de 2014
117 máscaras.
Xa pasou o Antroido, ainda así, hai 117 máscaras impresas e impresionantes nun mural na entrada do Insti. Atopaches a túa? Sigue xogando...
venres, 7 de marzo de 2014
Morre Leopoldo María Panero
Que mellor homenaxe que leer un poema seu:
BLANCANIEVES SE DESPIDE DE LOS SIETE ENANOS
Prometo escribiros, pañuelos que se pierden en el horizonte, risas que palidecen, rostros que caen sin peso sobre la hierba húmeda, donde las arañas tejen ahora sus azules telas. En la casa del bosque crujen, de noche, las viejas maderas, el viento agita raídos cortinajes, entra sólo la luna a través de las grietas. Los espejos silenciosos, ahora, qué grotescos, envenenados peines, manzanas, maleficios, qué olor a cerrado, ahora, qué grotescos. Os echaré de menos, nunca os olvidaré. Pañuelos que se pierden en el horizonte. A lo lejos se oyen golpes secos, uno tras otro los árboles se derrumban. Está en venta el jardín de los cerezos.
venres, 21 de febreiro de 2014
xoves, 20 de febreiro de 2014
Momo de M. Ende
O pasado venres 14 de febreiro tivo lugar a presentación co Club de Lectura de 1º do libro Momo de Michael Ende. Déixovos o collage do momentazo.
xoves, 13 de febreiro de 2014
BICOS DE CINE...
Con motivo do día dos namorados, ou sexa mañá 14, rétovos a todos os expertos nestas dúas disciplinas a que descubrades o título da película á que pertence cada fotograma. Moitos bicos!!!!
BICOS DE CINE
martes, 4 de febreiro de 2014
A pantasma do pasadooooooo......
As fotos non minten, o venres pasado algo aconteceu que nos fixo estremecer. Sí, meus queridiños lectores, a pantasma do pasado estivo entre nos da man de Charles Dickens. Aí tedes a captura que fixo a nosa cámara...Uhhhhhhhhh....que medo!!!!!!
Esperamos que esta Canción de Nadal vos entusiasme na compaña da pantasma do futuro, xa veremos.
Esperamos que esta Canción de Nadal vos entusiasme na compaña da pantasma do futuro, xa veremos.
venres, 31 de xaneiro de 2014
Cuestión de gustos...
Ti que prefires...?
E ademáis, como Serrat, " prefiero el lunar de tu cara a la pinacoteca nacional".
E como Wislawa Szymborska prefiro:
Prefiero el cine.
Prefiero los gatos.
Prefiero los robles a orillas del Warta.
Prefiero Dickens a Dostoievski.
Prefiero que me guste la gente
a amar a la humanidad.
Prefiero tener a la mano hilo y aguja.
Prefiero no afirmar
que la razón es la culpable de todo.
Prefiero las excepciones.
Prefiero salir antes.
Prefiero hablar de otra cosa con los médicos.
Prefiero las viejas ilustraciones a rayas.
Prefiero lo ridículo de escribir poemas
a lo ridículo de no escribirlos.
Prefiero a los moralistas
que no me prometen nada.
Prefiero la bondad astuta que la demasiado crédula.
Prefiero la tierra vestida de civil.
Prefiero los países conquistados a los conquistadores.
Prefiero tener reservas.
Prefiero los cuentos de Grimm a las primeras planas del periódico.
Prefiero las hojas sin flores a la flor sin hojas.
Prefiero los perros con la cola sin cortar.
Prefiero los ojos claros porque los tengo oscuros.
Prefiero los cajones.
Prefiero muchas cosas que aquí no he mencionado
a muchas otras tampoco mencionadas.
Prefiero el cero solo
al que hace cola en una cifra.
Prefiero el tiempo insectil al estelar.
Prefiero tocar madera.
Prefiero no preguntar cuánto me queda y cuándo.
Prefiero tomar en cuenta incluso la posibilidad
de que el ser tiene su razón.
luns, 27 de xaneiro de 2014
Reunión do Club de 3º
O pasado venres reuniuse o Club de Lectura de terceiro para presentar A pantasma de Canterville de Oscar Wilde. Nun intre, fómonos co libriño baixo o brazo, e desaparecemos na espesura...
martes, 21 de xaneiro de 2014
A Juan Gelman...
Ás catro e media do pasado martes, na súa casa da colonia Condesa da Cidade
de México, onde vivía dende 1988, faleceu o poeta arxentino Juan Gelman, un poeta que dicía que a eternidade tiña que ser aburridísima....
O compromiso político, primeiro co movemento peronista e logo contra a dictadura (o seu fillo e a súa nora, embarazada, desapareceron durante o réxime militar), marcou a súa vida e a súa obra, aínda que non lle gustaba o termo "poesía comprometida".
O compromiso político, primeiro co movemento peronista e logo contra a dictadura (o seu fillo e a súa nora, embarazada, desapareceron durante o réxime militar), marcou a súa vida e a súa obra, aínda que non lle gustaba o termo "poesía comprometida".
Este poema gústame moito, porque é un canto á rebeldía de elexir ser un mesmo,
de elexir non ser perfecto, aínda que se esté equivocado:
Si me dieran a elegir, yo elegiría
esta salud de saber que estamos muy enfermos,
esta dicha de andar tan infelices.
Si me dieran a elegir, yo elegiría
esta inocencia de no ser un inocente,
esta pureza en que ando por impuro.
Si me dieran a elegir, yo elegiría
este amor con que odio,
esta esperanza que come panes desesperados.
Aquí pasa, señores,
que me juego la muerte.
Juan Gelman/El juego en que andamos
martes, 14 de xaneiro de 2014
O noso rinconciño.
.
xoves, 9 de xaneiro de 2014
A viaxe comeza de novo...
Voltamos das vacacións coas pilas cargadas. Por diante unha viaxe de seis meses...cheos de literatura e bo cine. Saúdos e benvidos!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)