xoves, 30 de novembro de 2017

A IDEA DE NATUREZA

Traballos creativos e reflexións sobre o concepto de NATUREZA, realizados polo alumnado de 1º BAC A, na materia de Filosofía, coa profesora Carmen Cabaneiro.










Agasallos da Asociación Feminista de Vilalba

Corredora de María Reimondez, 22 segundos de Eva Mejuto e Maruja Mallo de Elvira Riveiro, tres marabillosos agasallos que recibimos este pasado martes da Asociación Feminista de Vilalba. Lecturas para a igualdade que axiña poderedes levar en préstamo!

sábado, 25 de novembro de 2017

O CONCEPTO DE NATUREZA


Unha fermosa e interesante exposición, no primeiro andar do edificio A, recolle os traballos creativos e as reflexións que, arredor da idea de NATUREZA, elaborou o alumnado de Filosofía de 1º BAC, guiado pola súa profesora Carmen Cabaneiro. A mostra poderáse visitar ao longo destes últimos meses do ano 2017. Os que seguen son os traballos dos rapaces e rapazas de 1º BAC B.

















25N DE 2017 CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Onte, no Basanta Silva, pintamos os muros e manifestamos o noso rexeitamento da vilolencia de xénero, coa lectura dun manifesto e a actuación de Ari, Noa, Anxo, Lois, Montero e Trastoy, que rapearon para nós, en primicia, o marabilloso tema que eles mesmos compuxeron e que puidemos escoitar tamen á noite no Auditorio.



PINTANDO CRISTAIS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Dende o IES Santiago Basanta Silva apoiamos a conmemoración do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, coa finalidade de desterrar o machismo da nosa sociedade e contribuir, a través da educación, a erradicar as actitudes e manifestacións que o expresan e o alimentan.








BOOKFACE

XOGANDO COS LIBROS














mércores, 15 de novembro de 2017

OS NOSOS MEDOS

Escoitaríades falar da Maruxaina, esa serea que canta e fía nunha illa preto de San Cibrao, do Home do Saco que a tantos nenos e nenas ten levado consigo, da Santa Compaña de defuntos ou desas espectrais Lavandeiras que retorcen a roupa no medio da noite. Quen non oíu falar tamén do Demo Maior ou das Meigas! Calquera día, de paseo polo río, atopades unha Xacia, non vós tente o Demo facerlles caso!


De camiño á biblioteca, podedes facer unha parada no corredor para ver todos estes seres míticos presentes nos nosos medos. Esta exposición, elaborada por rapaces e rapazas de segundo da ESO coa axuda de Araceli, a súa profesora de galego, axúdanos a situarnos nestes mundos imaxinarios que temos tan preto de nós. Vide vela!