mércores, 15 de novembro de 2017

OS NOSOS MEDOS

Escoitaríades falar da Maruxaina, esa serea que canta e fía nunha illa preto de San Cibrao, do Home do Saco que a tantos nenos e nenas ten levado consigo, da Santa Compaña de defuntos ou desas espectrais Lavandeiras que retorcen a roupa no medio da noite. Quen non oíu falar tamén do Demo Maior ou das Meigas! Calquera día, de paseo polo río, atopades unha Xacia, non vós tente o Demo facerlles caso!


De camiño á biblioteca, podedes facer unha parada no corredor para ver todos estes seres míticos presentes nos nosos medos. Esta exposición, elaborada por rapaces e rapazas de segundo da ESO coa axuda de Araceli, a súa profesora de galego, axúdanos a situarnos nestes mundos imaxinarios que temos tan preto de nós. Vide vela!





Ningún comentario:

Publicar un comentario