venres, 30 de novembro de 2012

Recital do club de lectura na radio...

   Celebrando o centeneario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, alumnos do club de lectura visitaron radio SER para ler algúns dos seus poemas e coñecer o funcionamento dunha emisora de radio.
   Deixámosvos unha mostra do evento, a canción que se escoita titúlase Agardarei, popularizada polo cantautor Luís Emilio Batallán no mítico disco Aí vén o maio. Baseada nun poema de Celso Emilio titulado Teño o corazón senlleiro da súa obra Viaxe ao país dos ananos de 1968, obra na que o poeta criticaba, mediante a sátira, os círculos oficiais de emigrantes galegos de Venezuela, cos que discrepaba abertamente por estaren ideoloxicamente próximos ao franquismo.












xoves, 22 de novembro de 2012

Soñan os androides?

  O pasado venres tivemos a reunión con 1º de BAC. e presentámoslles a novela ¿Sueñan los androides con ovejas eléctricas? do autor americano de ciencia ficción Philip K. Dick. Pronto saberemos quen de nós é un replicante.
  De momento deixámosvos unhas fotos, estará entre nós o susodito...



venres, 16 de novembro de 2012

De ratos e homes

Hoxe foi a presentación do libro De ratos e homes de John Steinbeck e da película do mesmo título de Gary Sinise para 3º e 4º da ESO. Serviunos de acompañamento musical a canción Stand by me de Ben E. King, xa sabedes, por iso da amizade...

Deixámosvos un vídeo do encontro.