Amosando publicacións coa etiqueta Acoso escolar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Acoso escolar. Amosar todas as publicacións

martes, 8 de decembro de 2015

CONTRA O ACOSO ESCOLAR E A XENOFOBIA


No al Acoso Escolar Stop Bullying é unha asociación cuxa misión é axudar ás persoas que sofren ou sufriron acoso escolar. Está formada por un grupo de 15 voluntarios (psicólogos, profesores, educadores, avogados, etc.) que responden ás consultas na rede. Non al Acoso traballou nun proxecto chamado ARBAX (Against Racial Bullying and Xenophobia) que foi financiado pola Unión Europea.

O videoxogo ARBAX inclúe un xogo de rol elaborado en 3D, interactivo e lúdico, ideado para combater o acoso escolar en colexios con alumnado de entre 12 e 16 anos. Baséase en situacións reais nas que os usuarios teñen que atopar solucións e decidir como actuar en varias situacións relacionadas co bullying e a xenofobia.

sábado, 28 de novembro de 2015

PROPOSTA PARA UNHA EDUCACIÓN LIBRE DE ACOSO HOMOFÓBICO E TRANSFÓBICO.

O Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades acaba de publicar este documento co obxectivo de construír un instrumento de referencia na análise e proposta de recomendacións e estratexias para previr, detectar e intervir en casos de acoso escolar por homofobia e transfobia en España.