venres, 24 de xuño de 2016
mércores, 22 de xuño de 2016
INCORPORACIÓN MUSICAL
Alberto Barreiro Docampo, que estivo unha tempada con nós, doounos este CD da súa autoría.
Decatámonos do seu agasallo trala súa marcha. Moitas grazas!
- Alberto Barreiro Docampo
- ´Maio´ se convierte en realidad
- Morfoloxía e análise do sistema folclórico tradicional en Galicia: a cultura mariñeira por Alberto Barreiro Docampo, "Warren"
- A expresión do folclore por Alberto Barreiro Docampo, "Warren" (páxs.14-15)
- Un regreso ás fontes da música tradicional
- Fiandola inspírase na tradición e a literatura galegas no seu novo disco, «Mimá»
luns, 20 de xuño de 2016
PRÉSTAMOS PARA O VERÁN
Toda a comunidade educativa poderá levar en préstamo fondos para ler durante as vacacións de verán.
A data de devolución dos mesmos será o primeiro día de clase do mes de setembro.
domingo, 19 de xuño de 2016
OS MÁIS EMPRESTADOS NA NOSA BIBLIOTECA DURANTE ESTE CURSO
1
|
Trece anos de Branca
|
2
|
Lector Electrónico Azul
|
3
|
Un viejo
que leía novelas de amor
|
4
|
Paper Moon
|
5
|
O pintor do sombreiro de malvas
|
6
|
Novela de xadrez
|
7
|
Casa de muñecas
|
8
|
Ás de bolboreta
|
9
|
Danny o campeón do mundo
|
10
|
A expedición do pacífico
|
11
|
Lazarillo de Tormes
|
12
|
Avenida do Parque, 17
|
13
|
O achado do castro
|
14
|
Bala perdida
|
15
|
The Hacker
|
16
|
Lector electrónico negro
|
17
|
Á lus do candil
|
18
|
The Secret Agent
|
19
|
Diez negritos
|
20
|
Moonfleet
|
21
|
Culture Shock
|
22
|
Charlie e a fábrica de chocolate
|
23
|
Centauros
do norte
|
24
|
Grandes
esperanzas
|
25
|
Titanic
|
26
|
The Borrowers
|
27
|
Caperucita en Manhattan
|
28
|
A Little Trouble in Dublin
|
29
|
Diez negritos
|
30
|
Julie y los lobos
|
luns, 13 de xuño de 2016
A NOSA BIBLIOTECA NO XORNAL EL PROGRESO (07-06-16)
Agustín Fernández Paz recibe a calor dos alumnos do IES Basanta Silva de Vilalba
O escritor, que non puido viaxar pero gravou un vídeo, dálle nome á biblioteca do centro de ensino
Alumnos e mestres do IES Basanta Silva, con Bragado e a familia de Fernández Paz, ante a biblioteca. C.PÉREZ |
Un sinxelo e emotivo acto serviu para porlle nome á biblioteca do IES Basanta Silva de Vilalba, que a partir de onte pasa a chamarse oficialmente biblioteca Agustín Fernández Paz, tal e como recolle o cartel descuberto pola irmá do escritor, Tita, acompañada por varios familiares.
O seu estado de saúde impediulle ao homenaxeado estar presente fisicamente, tal e como lle tería gustado, pero quixo facer acto de presencia polo menos de xeito virtual, a través dun vídeo «caseiro» gravado na tarde do domingo. «Gustaríame estar aí con vós, pero as circunstancias son as que mandan», desculpouse Fernández Paz, «encantado» de que a biblioteca leve o seu nome.
«As bibliotecas e os libros son moi importantes para min», dixo, polo que este pequeno tributo na súa vila natal «é un motivo de alegría moi grande», asegurou, lembrando que el non estudou nel, pero si veu nacer un instituto que celebra o seu cincuentenario.
Os escolares dos equipos de normalización lingüística e da biblioteca do centro foron os encargados de coordinar esta homenaxe.
«O lugar no que estades agora cando eu era neno eran hortas e monte baixo», contóulles aos máis de 200 rapaces presentes, lembrando tamén as bidueiras da beira da estrada «e por aí os cativos das Fontiñas era onde xogabamos, a indios e vaqueiros, a policías e ladróns..., falo de tempos moi antigos», bromeou.
Xa para despedirse, Fernández Paz incidiu en que se sentía «moi honrado» pola deferencia e prometeu corresponder con libros, ademais de desexar poder visitala biblioteca algún día.
De introducir a súa intervención encargouse un «moi emocionado» Manuel Bragado, director da editorial Xerais e, sobre todo, amigo persoal do escritor «galego contemporáneo máis importante». Bragado destacou a biblioteca como a «aula principal» e a «fonte de luz» de calquera instituto, polo que veu moi acaído que leve o nome dun destacado membro da «tribo universal dos contadores de historias».
O acto de homenaxe previo ao descubrimento do nome da biblioteca celebrouse no salón de actos do instituto e tivo como protagonistas a varios alumnos, integrantes dos equipos de normalización lingüística do centro e da biblioteca.
Eles encargáronse de repasar a vida e a obra de Fernández Paz, falando da súa infancia vilalbesa, da súa defensa do idioma ou dos seus múltiples recoñecementos, lendo tamén fragmentos de varias das súas máis de 50 obras. Ademais, estudantes de segundo de ESO intepretaron varias pezas musicais. (C.P.R.)
BIBLIOTECA AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ, POR MANUEL BRAGADO
“Viaxei na tarde do luns 6 de xuño a Vilalba para participar no acto de inauguración da Biblioteca Agustín Fernández Paz do IES Basanta Silva que este ano celebra o seu cincuentenario. Un acto escolar ben fermoso, unha homenaxe literaria ao autor das Fontiñas no seu propio barrio, coa memoria das abidueiras sempre presente. As intervencións musicais e literarias do alumnado debuxaron un retrato humano e literario moi atractivo e acaído de Agustín, a quen o centro acordou poñer o nome da súa revitalizada biblioteca. Emocionante foi a atención coa que o alumnado seguiu a mensaxe gravada na que Agustín en cinco minutos expresou a súa gratitude e contou algunha das súas andanzas de pícaro nas terras onde se construíu o edifico do instituto nos anos sesenta. O magnífico acto do IES Basanta de Vilalba, onde só escoitei falar galego, algo hoxe sorprendente, amosa que como dixo Agustín “unha biblioteca é unha luz”; como demostra o papel dinamizador da biblioteca escolar na vida dun centro e a gran calidade de moitos dos traballos literarios que se realizan nos nosos centros educativos. Cando saín, chamei decontado a Agustín para contarlle esta marabilla.” (Vía: AELG)
Moitas grazas por as túas verbas e por estar con nós ese día.
domingo, 12 de xuño de 2016
II CONCURSO DE VIDEOPOEMAS
Estes son os outros traballos que se presentaron ao concurso:
Bando (Manuel F. Lamela Gómez e Ainé S. Nono Yáñez)
Bando (Uxía Rodríguez García)
Galicia (Samuel Montero Coedo)
Madrigal a Vilalba (Rosa Mª Rodríguez Currás)
O arado (Uxía Gato Díaz)
O carro (Mª López Morado)
Vilalba (Iria Villares Díaz)
A tarde (Uxía Fernández Díaz)
Bando (Manuel F. Lamela Gómez e Ainé S. Nono Yáñez)
Bando (Uxía Rodríguez García)
Elexía nº 11 (Ángel García Yáñez)
Galicia (Samuel Montero Coedo)
Madrigal a Vilalba (Rosa Mª Rodríguez Currás)
O arado (Uxía Gato Díaz)
O carro (Mª López Morado)
Vilalba (Iria Villares Díaz)
Etiquetas:
Actividades da biblioteca,
Alumnado,
Autoras e autores,
Concursos e premios nosos,
Conmemoracións,
Día das Letras Galegas,
ENDL,
Fomento da lectura,
TICs
sábado, 11 de xuño de 2016
UN NOVO PREMIO PARA AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
A neve interminable de Agustín Fernández Paz acada o Premio Frei Martín Sarmiento na 5ª categoría (3º e 4º de ESO).
Na categoría de 1º e 2º de educación primaria, o Premio Frei Martín Sarmiento recaeu este ano na escritora Paula Carballeira, pola súa obra “A burra Ramona”; na categoría de 3º e 4º de primaria, o gañador foi Xabier Frías, por “As aventuras de Enrico Müller”; na de 5º e 6º de primaria, Xabier Estévez, por “Todos os soños”; Santiago Jaureguízar fíxose co galardón na categoría de 1º e 2º de ESO por “O veleno da risa” e Agustín Fernández Paz, con “A neve interminable”, obtivo o de 3º e 4º de ESO. Na categoría de bacharelato e adultos, gañou o premio Francisco Castro, con “Tes ata as dez”. (Vía: CCEOU)
- O lugar onde naceu a literatura de terror: «A neve interminable». Reportaxe de Jaureguizar no diario “El Progreso” (11-6-2015)
- “A neve interminable. Notas nun tren.” Texto de Ledicia Costas, lido na presentación do libro en Vigo (19-6-2015)
- “O susto fácil non vale, busco o temor ao descoñecido”. Entrevista de Ana Baena no diario “Atlántico” (19-6-2005)
- Onte 1360: “A neve interminable”. Crónica da presentación do libro, no blog “Brétemas” (19-6-2005)
- Recensión da novela na web de Rede Lectura (25-5-2015)
- “A construción do terror”. Recensión de Ramón Rozas nos xornais Diario de Pontevedra e El Progreso.
- “Recoméndoo vivamente: A neve interminable, de Agustín Fernández Paz.” Crítica de Vicente Araguas, nos xornais Diario de Ferrol, Diario de Arousa, Diario de Pontevedra e El Progreso (24-5-2015)
- “El hombre de las historias infinitas”.Reportaxe de Amaia Mauleón en “Faro de Vigo” (20-4-2015)
- Entrevista en “Terra Chá Xa” (nº 25, abril, 2015)
- “A neve interminable”, recensión no blog “Trafegando Ronseis” (29-4-2015)
- “Cando a razón non o explica todo”. Recensión de Ramón Nicolás no “Fugas” de “La Voz de Galicia” (1-5-2015)
- Podcast da entrevista sobre “A neve interminable”, no Diario Cultural da Radio Galega (23-4-2015)
- Noticia da saída do libro no blog “Brétemas” (11-4-2015)
xoves, 9 de xuño de 2016
MANUEL MARÍA EN CÓDIGOS QR EN VILALBA
Se queredes ver os traballos feitos polo alumnado de todos os centros educativos do concello só tedes que ir premendo en cada da estrela, que indica o lugar onde está instalado o panel co código QR.
É preciso descargar unha aplicación gratuita para poder lelos.
Etiquetas:
Actividades da biblioteca,
Alumnado,
Autoras e autores,
Centros educativos do noso concello,
Conmemoracións,
Día das Letras Galegas,
ENDL,
Fomento da lectura,
TICs
luns, 6 de xuño de 2016
BIBLIOTECA AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
"Agustín Fernández Paz dálle nome á biblioteca do IES Basanta Silva de Vilalba.
O escritor Agustín Fernández Paz foi homenaxeado este luns en Vilalba ao poñerlle o seu nome á biblioteca do IES Basanta Silva. Fernández Paz non puido asistir ao acto de descubrimento da placa, pero si estiveron presentes familiares seus, así como o director xeral da editorial Xerais, Manuel Bragado.
O escritor chairego agradeceu o nomeamento a través dun vídeo gravado este domingo." (Vía: El Progreso)
venres, 3 de xuño de 2016
xoves, 2 de xuño de 2016
CONCURSO COCA-COLA
O día 8 de abril desenvolveuse no IES Lucus Augusti de Lugo a 56 edición do concurso Coca-Cola de relato curto de xóvenes talentos. Dende as cinco ata as sete da tarde, seis rapaces e rapazas do IES Basanta Silva (Ariana Núñez Seoane e Carla Rouco Carballés, de ESO-2ºC; Pablo Guizán Rey e Uxía Trastoy Villares, de ESO-2ºD; Lucía Debasa Corral e Mariña Villarino Villarino, de ESO-2º E) puxeron a traballar a súa imaxinación para elaborar unha narración en torno a un tema que viña indicado nunha caixiña de música que lles foron entregando a cada un deles; o tema era “No podía dejar de repetir esa melodía”
Todos saíron encantados da experiencia compartida con 67 alumnos de 2º de ESO doutros centros da provincia.
Ao cabo dunhas semanas, recibimos a noticia de que Ariana Núñez fora unha das tres gañadoras na provincia de Lugo para participar na fase autonómica, e polo tanto estaba invitada a unha gala de entrega de premios aos seleccionados das sete ciudades galegas, que tivo lugar en Santiago de Compostela o día 27 de maio na Sala Eisenman da Cidade da Cultura.
Aos seis participartes do Basanta Silva transmitímoslles o noso recoñecemento pola súa participación, e a Ariana desexámoslle toda a sorte para a seguinte fase deste prestixioso concurso.
mércores, 1 de xuño de 2016
A TERRA CHÁ NOS VERSOS DE MANUEL MARÍA
O alumnado do ENDL e de 3º de ESO realizou un mapa da Terra Chá segundo a concepción de Manuel María no que incluíu poemas alusivos a algúns dos lugares da comarca.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)