Amosando publicacións coa etiqueta Agustín Fernández Paz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Agustín Fernández Paz. Amosar todas as publicacións

luns, 30 de abril de 2018

Doazón da familia de Agustín Fernández Paz

Agustín sempre con nós, na biblio, na memoria e no corazón! ❤Vitrina coa exposición de fondos, doazón da familia de Agustín Fernández Paz.

Foto de Biblioteca Santiago Basanta Silva.

Foto de Biblioteca Santiago Basanta Silva.

Foto de Biblioteca Santiago Basanta Silva. 

Foto de Biblioteca Santiago Basanta Silva.
Foto de Biblioteca Santiago Basanta Silva.


xoves, 12 de abril de 2018

Viaxe cultural a Madrid

Viaxe a Madrid do alumnado de 2ª de BAC os días 21, 22 e 23 de Abril de 2018. Percorrimos a cidade, visitamos o museo do Prado e o Reina Sofía, asistimos a un musical e a un espectáculo de danza contemporánea.



xoves, 6 de abril de 2017

“OS ECOS DE TANTAS PÁXINAS DE BD ANDAN POLOS MEUS LIBROS”

É sobradamente coñecida a estreita relación de Agustín Fernández Paz coa a banda deseñada.

Nesta ocasión animámosvos a ler esta entrevista de Eduardo Maroño: 

"A banda deseñada galega atópase no que probablemente sexa o mellor momento da súa historia. Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947) foi testemuña da súa evolución dende a precariedade de medios e o voluntarismo dos anos 70 ata a brillante etapa actual. Lector apaixonado de cadriños, o escritor vilalbés foi pioneiro da incorporación do cómic ás aulas e levou a cabo un entusiasta labor coma divulgador do medio que lle valeu o Premio Ourense de Banda Deseñada en 1992. Unha faceta pouco coñecida da súa traxectoria que repasamos nesta conversa". ( Vía:Praza Pública)

Antonio Seijas e Agustín Fernández Paz


“10 LIBROS PARA LEMBRAR A AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ”

Agustín Fernández Paz deixounos o seu sorriso e a súa bonhomía, e tamén ducias e ducias de libros, milleiros de páxinas e de historias nas que nos perder e atopar, coas que nos emocionar e aprender. Estas 9+1 son só unha pequena peneira, podían ser outras completamente distintas e abofé que ían ser igual de boas. 

Non hai noite tan longa (Xerais, 2011)
Gabriel Lamas ten cincuenta anos e vive en París desde 1970. Aos dezaoito anos marchou de Monteverde, a súa vila natal, e nunca máis volveu. Nin sequera cando morreu o seu pai, inxustamente acusado dun delito polo que foi condenado e encarcerado, nun proceso que provocou a súa morte, en 1972. Só trinta e dous anos despois, o falecemento da súa nai é o que o forza a regresar. Entón, comprobará que nunca podemos fuxir do noso pasado e que as feridas mal curadas non deixan de supurar. A primeira novela para adultos do autor, recibiu numerosos premios: Premio Ánxel Casal ao Libro de Ficción do ano 2011, Premio Losada Diéguez (Creación Literaria) do 2012, Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro Galego do Ano 2011... En Praza falamos con el sobre o libro nesta entrevista, na que destacaba que "moitas cousas que ocorren agora teñen as súas raíces nos anos 60. Só hai que mirar os apelidos do poder político e financeiro, e fixarse nas coincidencias" e que "nunca hai que perder a esperanza, porque a nosa desesperanza é o que queren os que pretenden someternos". (Vía: Praza Pública)



AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ E O CINE

No seu libro O rastro que deixamos deixou constancia da súa paixón pola sétima arte: 

“Os fíos cos que vou urdindo as miñas historias teñen a súa orixe nos anos da infancia, nunha Vilalba onde aprendín a nomear o mundo: nos contos que escoitei, nos libros e tebeos que lin, nas películas que vin nuns cines que xa non existen, nos fríos días escolares e nas aventuras daqueles veráns luminosos e eternos… Todo segue alí, nas paisaxes gardadas na miña memoria”.

Martin Pawley afirma no seu artigo que “en toda la literatura gallega de ayer y hoy no hay escritor que haya hecho tan explícito y fértil en su obra su amor por el cine como Agustín Fernández Paz.”

xoves, 9 de marzo de 2017

UNHA SORPRESA MOI EMOTIVA

Onte recibimos unha grande sopresa dentro dun paquete inesperado. As herdeiras de Agustín Fernández Paz fixéronnos chegar un lote de libros da súa autoría.



E tamén unha carta de agradecemento cun desexo delas e do autor, ao que ano pasado lle fixemos unha pequena homenaxe: 



Non tedes escusa para levar a cabo a súa arela: "descobrir todas as marabillas que a vida garda para nós. E así seguirei vivindo durante moito tempo na memoria dos outros".

sábado, 16 de xullo de 2016

A AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ, IN MEMORIAM

Dende a biblioteca que leva o teu nome queremos compartir a túa mensaxe, que nos abraiou e encheu de ledicia. 
Non chegaches a cumprir os teus anunciados desexos, mais estarás sempre no lugar dos teus xogos infantís.  S.T.T.L.





martes, 12 de xullo de 2016

FALECEU AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ


“O escritor Agustín Fernández Paz, unha das persoas que máis contribuíu literaria e persoalmente á dinamización do proxecto cultural de Xerais, faleceu ás 07 horas desta mañá no seu domicilio de Vigo. (…)” (Xerais)


Unha triste nova para a literatura xuvenil e para a nosa biblioteca.

sábado, 2 de xullo de 2016

PEQUENA HOMENAXE A AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ


Vídeo:



Fotografías:


Texto:


Presentación de diapositivas proxectada:

luns, 13 de xuño de 2016

A NOSA BIBLIOTECA NO XORNAL EL PROGRESO (07-06-16)

Agustín Fernández Paz recibe a calor dos alumnos do IES Basanta Silva de Vilalba

O escritor, que non puido viaxar pero gravou un vídeo, dálle nome á biblioteca do centro de ensino

Alumnos e mestres do IES Basanta Silva, con Bragado e a familia de Fernández Paz, ante a biblioteca. C.PÉREZ
Un sinxelo e emotivo acto serviu para porlle nome á biblioteca do IES Basanta Silva de Vilalba, que a partir de onte pasa a chamarse oficialmente biblioteca Agustín Fernández Paz, tal e como recolle o cartel descuberto pola irmá do escritor, Tita, acompañada por varios familiares. 

O seu estado de saúde impediulle ao homenaxeado estar presente fisicamente, tal e como lle tería gustado, pero quixo facer acto de presencia polo menos de xeito virtual, a través dun vídeo «caseiro» gravado na tarde do domingo. «Gustaríame estar aí con vós, pero as circunstancias son as que mandan», desculpouse Fernández Paz, «encantado» de que a biblioteca leve o seu nome. 

«As bibliotecas e os libros son moi importantes para min», dixo, polo que este pequeno tributo na súa vila natal «é un motivo de alegría moi grande», asegurou, lembrando que el non estudou nel, pero si veu nacer un instituto que celebra o seu cincuentenario. 

Os escolares dos equipos de normalización lingüística e da biblioteca do centro foron os encargados de coordinar esta homenaxe. 

«O lugar no que estades agora cando eu era neno eran hortas e monte baixo», contóulles aos máis de 200 rapaces presentes, lembrando tamén as bidueiras da beira da estrada «e por aí os cativos das Fontiñas era onde xogabamos, a indios e vaqueiros, a policías e ladróns..., falo de tempos moi antigos», bromeou. 

Xa para despedirse, Fernández Paz incidiu en que se sentía «moi honrado» pola deferencia e prometeu corresponder con libros, ademais de desexar poder visitala biblioteca algún día. 

De introducir a súa intervención encargouse un «moi emocionado» Manuel Bragado, director da editorial Xerais e, sobre todo, amigo persoal do escritor «galego contemporáneo máis importante». Bragado destacou a biblioteca como a «aula principal» e a «fonte de luz» de calquera instituto, polo que veu moi acaído que leve o nome dun destacado membro da «tribo universal dos contadores de historias». 

O acto de homenaxe previo ao descubrimento do nome da biblioteca celebrouse no salón de actos do instituto e tivo como protagonistas a varios alumnos, integrantes dos equipos de normalización lingüística do centro e da biblioteca. 

Eles encargáronse de repasar a vida e a obra de Fernández Paz, falando da súa infancia vilalbesa, da súa defensa do idioma ou dos seus múltiples recoñecementos, lendo tamén fragmentos de varias das súas máis de 50 obras. Ademais, estudantes de segundo de ESO intepretaron varias pezas musicais. (C.P.R.)

BIBLIOTECA AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ, POR MANUEL BRAGADO

Agustín Fernández Paz

“Viaxei na tarde do luns 6 de xuño a Vilalba para participar no acto de inauguración da Biblioteca Agustín Fernández Paz do IES Basanta Silva que este ano celebra o seu cincuentenario. Un acto escolar ben fermoso, unha homenaxe literaria ao autor das Fontiñas no seu propio barrio, coa memoria das abidueiras sempre presente. As intervencións musicais e literarias do alumnado debuxaron un retrato humano e literario moi atractivo e acaído de Agustín, a quen o centro acordou poñer o nome da súa revitalizada biblioteca. Emocionante foi a atención coa que o alumnado seguiu a mensaxe gravada na que Agustín en cinco minutos expresou a súa gratitude e contou algunha das súas andanzas de pícaro nas terras onde se construíu o edifico do instituto nos anos sesenta. O magnífico acto do IES Basanta de Vilalba, onde só escoitei falar galego, algo hoxe sorprendente, amosa que como dixo Agustín “unha biblioteca é unha luz”; como demostra o papel dinamizador da biblioteca escolar na vida dun centro e a gran calidade de moitos dos traballos literarios que se realizan nos nosos centros educativos. Cando saín, chamei decontado a Agustín para contarlle esta marabilla.” (Vía: AELG)

Moitas grazas por as túas verbas e por estar con nós ese día.

sábado, 11 de xuño de 2016

UN NOVO PREMIO PARA AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ




A neve interminable de Agustín Fernández Paz acada o Premio Frei Martín Sarmiento na 5ª categoría (3º e 4º de ESO).





Na categoría de 1º e 2º de educación primaria, o Premio Frei Martín Sarmiento recaeu este ano na escritora Paula Carballeira, pola súa obra “A burra Ramona”; na categoría de 3º e 4º de primaria, o gañador foi Xabier Frías, por “As aventuras de Enrico Müller”; na de 5º e 6º de primaria, Xabier Estévez, por “Todos os soños”; Santiago Jaureguízar fíxose co galardón na categoría de 1º e 2º de ESO por “O veleno da risa” e Agustín Fernández Paz, con “A neve interminable”, obtivo o de 3º e 4º de ESO. Na categoría de bacharelato e adultos, gañou o premio Francisco Castro, con “Tes ata as dez”. (Vía: CCEOU)




luns, 6 de xuño de 2016

BIBLIOTECA AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

"Agustín Fernández Paz dálle nome á biblioteca do IES Basanta Silva de Vilalba.
O escritor Agustín Fernández Paz foi homenaxeado este luns en Vilalba ao poñerlle o seu nome á biblioteca do IES Basanta Silva. Fernández Paz non puido asistir ao acto de descubrimento da placa, pero si estiveron presentes familiares seus, así como o director xeral da editorial Xerais, Manuel Bragado.

O escritor chairego agradeceu o nomeamento a través dun vídeo gravado este domingo." (Vía: El Progreso)