xoves, 6 de abril de 2017

“10 LIBROS PARA LEMBRAR A AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ”

Agustín Fernández Paz deixounos o seu sorriso e a súa bonhomía, e tamén ducias e ducias de libros, milleiros de páxinas e de historias nas que nos perder e atopar, coas que nos emocionar e aprender. Estas 9+1 son só unha pequena peneira, podían ser outras completamente distintas e abofé que ían ser igual de boas. 

Non hai noite tan longa (Xerais, 2011)
Gabriel Lamas ten cincuenta anos e vive en París desde 1970. Aos dezaoito anos marchou de Monteverde, a súa vila natal, e nunca máis volveu. Nin sequera cando morreu o seu pai, inxustamente acusado dun delito polo que foi condenado e encarcerado, nun proceso que provocou a súa morte, en 1972. Só trinta e dous anos despois, o falecemento da súa nai é o que o forza a regresar. Entón, comprobará que nunca podemos fuxir do noso pasado e que as feridas mal curadas non deixan de supurar. A primeira novela para adultos do autor, recibiu numerosos premios: Premio Ánxel Casal ao Libro de Ficción do ano 2011, Premio Losada Diéguez (Creación Literaria) do 2012, Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro Galego do Ano 2011... En Praza falamos con el sobre o libro nesta entrevista, na que destacaba que "moitas cousas que ocorren agora teñen as súas raíces nos anos 60. Só hai que mirar os apelidos do poder político e financeiro, e fixarse nas coincidencias" e que "nunca hai que perder a esperanza, porque a nosa desesperanza é o que queren os que pretenden someternos". (Vía: Praza Pública)



Ningún comentario:

Publicar un comentario