martes, 11 de abril de 2017

FINALISTAS DA GALA DO LIBRO GALEGO 2017

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia dan a coñecer as obras finalistas da Gala do Libro Galego 2017, un galardón co que se pretende recoñecer a excelencia do traballo literario realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2016 en Galicia. As obras gañadoras, sen dotación económica, serán determinadas por un xurado externo e daranse a coñecer o vindeiro 20 de maio nunha Gala que terá lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

As obras que resultaron finalistas son:

Ensaio
  • Os últimos carballos do Banquete de Conxo. De H. Alvarellos, X. Martínez, F. Singul, M. Souto. Alvarellos Editora – Consorcio de Santiago
  • A nosa Terra é Nosa!. A xeira das Irmandades da Fala… De Emilio Xosé Ínsua López. Baía Edicións
  • Lábrego con algo de poeta: biografía de Manuel María. De Mercedes Queixas. Editorial Galaxia
  • Oiko-nomía do xénero. Relato das clausuras. De Rebeca Baceiredo. Axóuxere Editora
  • O TTIP. Un cabalo de Troia contra a nosa soberanía. De VVAA. Edicións Laiovento
Narrativa
  • O espello do mundo. De Ramón Nicolás. Edicións Xerais de Galicia
  • Non é París. De María Canosa. Ediciones Bolanda
  • A ferida do vento. De Antón Riveiro Coello. Editorial Galaxia
  • Aqueles días en que eramos malas. De Inma López Silva. Editorial Galaxia
  • Non hai outro camiño. De Isaac Xubín. Edicións Xerais de Galicia
  • Todo canto fomos. De Xosé Monteagudo. Editorial Galaxia
  • O Alfaiate Portugués. De Francisco Javier Senín Fernández. Editorial Galaxia

Literatura Infantil e Xuvenil
  • A casa do medo. De Agustín Fernández Paz. Editorial Rodeira
  • Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta. De Ledicia Costas. Edicións Xerais de Galicia
  • O soño do Merlo Branco. De Agustín Fernández Paz. Ilustracións de Lucía Cobo . Edicións Xerais de Galicia
  • Marta e a píntega. De Eli Ríos. Ilustracións: Patricia Román. Editorial Galaxia
  • A soidade das medusas. De Iria Collazo López. Editorial Galaxia

Libro Ilustrado
  • Canta connosco. De Óscar Villán. Kalandraka Editora
  • Marcopola 4. Avoa Power. De Jacobo Fernández Serrano. Edicións Xerais de Galicia
  • María Fumaça. VVAA. Ilustracións de P. Pastor. Editorial Galaxia
  • Presas fáciles. De Miguelanxo Prado. El Patito Editorial
  • Os lapis primos. De José A. Ramírez Lozano, Natalie Pudalov. OQO Editora
Iniciativa bibliográfica
  • De catro a catro. Manuscrito inédito. De Manuel Antonio. Edición de Anxo Tarrío Varela. Alvarellos-Consorcio de Santiago
  • Bolxeviques 1917-2017. VV AA. Edicións Xerais de Galicia
  • Será correcto? De Concha Blanco, María Canosa. Hércules de Ediciones
  • Aulas sen paredes. De Rosalía Fernández Rial. Edicións Positivas
  • Traxes na Galiza. Paula Gómez del Valle. Cunca Editora
Tradución
  • A boca pobre. De Flann O’Brienn. Tradución: Isaac Xubín. Rinoceronte Editora
  • Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de Bretaña. Anónimo. Tradución: Henrique Harguindey Banet. Rinoceronte Editora
  • Cando os nenos din basta! De Francesco Tonucci. Tradución: Mónica Baleirón, Rut Vázquez. Kalandraka Editora
  • A contrafío. De Joris-Karl Huysmans. Tradución: Isabel Soto. Editorial Hugin e Munin
  • Laura das Neves e a sociedade literaria dos nove. De Pasi Ilmari Jääskeläinen. Tradución: Tuula Ahola e Tomás González Ahola. Urco Editora
  • O día da lagosta. De Nathanael West. Irmás Cartoné
Poesía
  • Cinepoemas. De Claudio Rodríguez Fer. Ouvirmos
  • Rosa Tántrica. De Luz Pozo Garza . Alvarellos Editora
  • O cuarto das abellas. De Antía Otero. Edicións Xerais de Galicia
  • Suicidas. De Fran Cortegoso. Chan da Pólvora
  • A relixión do mar. De Xosé Iglesias. Instituto de Estudos Miñoráns
Teatro
  • A filla de Woody Allen. Pequenos actos pseudorrevolucionarios. O Furancho. De Santiago Cortegoso Calvar.Edicións Morgante
  • Nunca paraíso. Teatro breve 1973-2015. De Manuel Lourenzo. Edicións Xerais de Galicia
  • As terapias da doutora Ledicia. De Raquel Castro. Editorial Galaxia
  • Voaxa e Carmín. De Esther F. Carrodeguas. Difusora de Letras, Artes e Ideas
  • Moito Morro Corporation, Sociedade Ilimitada. De Carlos Labraña. Editorial Galaxia
Iniciativa cultural ou de fomento da lectura
  • Salón do Cómic da Coruña
  • Ciclo Vermú entre libros (Libraría Paz)
  • Chan da Pólvora
  • Espazo Lectura (Gondomar)
  • Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra
  • Festigal
Proxecto literario na rede
  • Brabádegos. Portal de Literatura infantil e xuvenil, de Romina Bal
  • Poética, de Fran Alonso
  • Os Bolechas
  • A Sega. Plataforma de Crítica Literaria
  • O país dos libros en galego
  • Caderno da crítica, de Ramón Nicolás
Xornalismo Cultural
  • Susana Pedreira
  • Zig-Zag
  • Ramón Rozas
  • Ana Romaní
  • Xiana Arias
A Gala do Libro Galego 2017 conta co apoio do Concello de Santiago, a Deputación da Coruña e Xunta de Galicia. (Vía: Asociación Galega de Editoras)

Ningún comentario:

Publicar un comentario