Amosando publicacións coa etiqueta ENDL. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ENDL. Amosar todas as publicacións

xoves, 18 de maio de 2017

FALLO DO III CONCURSO DE VIDEOPOEMAS

O xurado, reunido o día 11 de maio de 2017, resolveu conceder os seguintes premios:
CATEGORÍA A

1º premio:

O arco da vella, de Manuel María
Paula López González e Carlota Millor Pardo (1º ESO-B)



2º premio:

Todo canto amei, de Antón Avilés de Taramancos
Nerea Morado Parga e Paula Pérez Seijas (1º ESO-D)





CATEGORÍA B

1º premio:

Lela, de Castelao 
Laura Freire Ledo e Uxía Lamas Paz (4º ESO-A)

 


2º premio:

Negra Terra, de Manuel Rivas
Paulo Domínguez López e Manuel Francisco Lamela Gómez (4º ESO-B)



Parabéns ao alumnado gañador e tamén ao que non obtivo ningún premio!

ENTREGA DE PREMIOS DO III CONCURSO DE VIDEOPOEMAS

Durante o recreo de hoxe, o alumnado gañador recibiu o seu premio e visionamos os vídeos galardoados.

  

  

  

 

 

 

   

  
 



domingo, 2 de abril de 2017

UN EQUIPO DO NOSO IES NA FASE FINAL DO PARLAMENTO XOVE

Un equipo do IES Santiago Basanta Silva de Vilalba pasa á fase final do Parlamento Xove, despois de acadar o 4º posto na fase clasificatoria.

O Parlamento Xove é unha competición de debate entre o alumnado galego da ESO e de BAC, organizada pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado co obxectivo de fomentar entre a mocidade o diálogo como ferramenta para argumentar razoadamente as ideas propias.

Formaban este grupo de debate de 4º da ESO os alumnos e alumnas Uxía Gato Díaz, Manuel Francisco Lamela Gómez, Sergio López Ramudo e Ainé Shilpa Novo Yáñez, que amosaron a súa gran capacidade dialéctica e de argumentación; se ben hai un traballo anterior no que estiveron acompañados polos seus compañeiros/as Carla Villares, David de la Fuente, Paulo Domínguez, Pablo López, Francisco Airado, María López, Uxía Fernández, Miriam García, Marcos Sachín Novo e Alberte Roca, que exerceron de asesores documentalistas, e baixo a supervisión e asesoramento das profesoras Sabela Figueira e Araceli Paz. Todos eles, no seu tempo libre e durante dous meses estiveron preparando o fondo documental e o propio debate que se propoñía nesta ocasión: En España a idade legal para mercar alcol é 18 anos. Variar este límite influiría nos hábitos de consumo de alcol entre a xuventude?

Nesta fase clasificatoria, que se celebrou a pasada fin de semana en Culleredo, participaban 24 centros de ensino secundario de Galiza e o equipo do Basanta Silva gañou os 3 debates nos que se enfrontou aos equipos do CPI Cruz do Sar de Bergondo, o IES Plurilingüe Pedra da Águia de Camariñas e o IES Eduardo Pondal de Santiago de Compostela, acadando un 4º posto entre os 8 equipos que se enfrontarán na fase final, que se celebrará na sede do Parlamento de Galiza os días 21 e 22 de abril.

A competición Parlamento Xove consiste en que a Dirección Xeral de Xuventude formula un tema a debater que se comunica con antelación. Na fase clasificatoria, os equipos debaten entre si o día sinalado pola organización despois dun sorteo do que resultan os emparellamentos dos equipos. Os dous equipos que se enfrontan en cada encontro defenden posturas opostas: un equipo asume a postura A FAVOR e o outro a postura EN CONTRA, que se decide por sorteo inmediatamente antes do comezo do debate. (Araceli Paz)

venres, 17 de marzo de 2017

MOMENTOS DE POESÍA

Durante unhas horiñas estivo connosco Yolanda Castaño, que veu voando á nosa vila no seu prezado coche.

Ao fondo da paisaxe, a chuvia
esvaece as nubes cun borrón.
Esta folla de ruta milita na xograresca.

Xa teño gana de partir e o meu coche é un soldado.
Non vas oíndo chifrar o seu cargamento sensible?
As estradas comarcais parecen
cadernos pautados.
Gustaríame sucar os montes cun poema ao lombo
coma os viaxantes.
O meu coche é unha bala prateada con
ritmo en vez de pólvora, e eu dígolle: “Vamos!”.
Xuntos atravesamos vales, barrios de funcionarios,
as grandes explotacións eólicas
danme ganas de loitar contra os xigantes.
O meu coche mais eu entendémonos sen dicirnos nada.

Flores brancas do ibuprofeno,
o meu coche é un soldado
e eu dígolle “Vamos recitar poemas
a Monforte de Lemos!”,
e el
acompasa o seu motor ao meu rexistro,
repenica,
badalea
aínda que teña
metrofobia.

Cando tiña tan só quince anos gañou o accésit ao Premio Antonio García Hermida do XVIII Certame de Vilalba con 100 Versos Descoñecidos. 




Ademais de permitirlle mercar o tan ansiado pantalón de coiro, decatouse de que as súas composicións eran recoñecidas alén do seu colexio. 

 


A escritora e dimamizadora cultural fíxonos reflexionar sobre as figuras literarias (hipérboles, metáforas, etc.) e as distintas interpretacións da linguaxe poética.

Se falase de ti non prounciaría
as silabas supremas
pero bicas ben e gústame estar contigo.
O meu verde co teu azul.

Delirio de ramas.
O meu verde co teu azul.

Abstéñome de pronunciar esas sílabas sublimes
pero gústame cómo abrazas e o teu pelo fai xogo co meu vestido.
Os teus dedos patinan nas miñas medias.
O meu verde co teu azul.


O Vídeo da Egoísta, galardoado co 1º premio no apartado de videocreación do Festival Curtocircuito 2004 exemplificou a mestura de linguaxes creativas.






A POESÍA É UNHA LINGUA MINORIZADA

Comezaría polo espesor. A súa acidez, o seu ph.

Camiña igual ca unha muller:
entre o masacre do invisible
e o campo de concentración da visibilidade.

Ladra estilo e final,
unha épica hospitalaria.

No poema a linguaxe
faise ouvidos xordos a si mesma,
nel as palabras amplían
o seu círculo de amizades.

Hai que masturbar o abecedario
ata que balbuza cousas
aparentemente inconexas.

Caixa de cambios da fala,
acenos doutra orde.
O sorriso do mosquito dentro da pedra de ámbar.

Non se trata de que non comprendas árabe.
Non entendes
poesía.

Boa viaxe e estadía na Verde Erín!





Aproveitamos para animaros a que penetredes no mundo da poesía e participedes no III Concurso de Videopoemas, que convocaremos proximamente e cuxo fallo farase público o Día das Letras Galegas.



 

  

 

 

 

 

 

 

Ao rematar a actividade, realizou este caligrama-dedicatoria no libro Verdedades.




sábado, 4 de marzo de 2017

ENCONTRO CON YOLANDA CASTAÑO

O vindeiro xoves 16 de marzo estará con nós a poetisa, conferenciante, articulista e dinamizadora cultural Yolanda Castaño.

Esta actividade, organizada polo equipo da biblioteca en colaboración co Departamento de Lingua e Literatura Galega e o ENDL, está dirixida ao alumnado de 1º de ESO e realizarase na biblioteca en dúas sesións: de 11:45 a 12:35 (1º A e 1º D) e de 12:35 a 13:25 (1º B e 1º C).

Consistirá nun breve achegamento ao xénero poético seguido dun recital comentado con proxección de videopoesía. A súa finalidade será “rachar os seus prexuízos sobre a poesía, desmontar estereotipos e achegalos a este xénero poético que ha ter moito máis que ver con eles do que pensan”.


venres, 17 de febreiro de 2017

MÁGOA DE #RosaliaTe


Suspendeuse a actividade programada debido á mínima concorrencia de participantes.

Moitas grazas ao alumnado que se achegou ao pavillón para levala a cabo.

martes, 7 de febreiro de 2017

PRÓXIMO RETO NO NOSO CENTRO

A gran maioría de vós participastes no reto das 1000 grúas proposto polo equipo da biblioteca, ou en The Big Challenge.

Tamén vimos nas aulas, os corredores, o patio, etc. mostras dun desafío, o water bottle flip challenge ou reto do lanzamento da botella, que consiste en lanzar unha botella parcialmente chea de auga, que dea todas as voltas posibles e, ao caer, quede de pé e sen moverse.

O mozo Mike Senatore realizou ese lanzamento nun concurso escolar de talentos en Charlotte, EE. UU. O vídeo publicado en YouTube ten xa máis de sete milones de reproducións. 



O venres 17 de febreiro temos outro reto, o proposto pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), #RosalíaTe, para conmemorar o Día de Rosalía. Esta asociación propón que o alumnado de Educación Secundaria e Bacharelato “interaccione visualmente coa obra ou a figura de Rosalía (de modo, por exemplo, que no vídeo resultante se poidan ler versos completos de Rosalía de Castro, ou que se poidan intuír artisticamente os contidos da súa obra…)”.


Ide pensando como facelo!

sábado, 28 de xaneiro de 2017

ROTEIRO HISTÓRICO POR VILALBA

O pasado venres 27 de xaneiro realizamos unha visita polo casco histórico da vila. O director do Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba (MUPAV) explicounos diferentes elementos do noso patrimonio (edificios civís e relixiosos, cruceiros, rúas e prazas, escudos, etc), informounos doutros relacionados con eles (as revoltas irmandiñas, os petos de ánimas, as fontes e lavadoiros, os castros, as portas da muralla, os antigos oficios, etc.) e desmontou interpretacións erróneas afaianzadas pertinazmente.




Esta actividade, á que asistiu alumnado de 4º de ESO, foi organizada polo equipo da biblioteca e o ENDL para botar a andar o roteiro literario que imos facer.

sábado, 2 de xullo de 2016

PEQUENA HOMENAXE A AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ


Vídeo:



Fotografías:


Texto:


Presentación de diapositivas proxectada:

domingo, 12 de xuño de 2016

II CONCURSO DE VIDEOPOEMAS

Estes son os outros traballos que se presentaron ao concurso:


A tarde (Uxía Fernández Díaz)



Bando (Manuel F. Lamela Gómez e Ainé S. Nono Yáñez)



Bando (Uxía Rodríguez García)




Elexía nº 11 (Ángel García Yáñez)





Galicia (Samuel Montero Coedo)



Madrigal a Vilalba (Rosa Mª Rodríguez Currás)



O arado (Uxía Gato Díaz)



O carro (Mª López Morado)



Vilalba (Iria Villares Díaz)




luns, 6 de xuño de 2016

BIBLIOTECA AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

"Agustín Fernández Paz dálle nome á biblioteca do IES Basanta Silva de Vilalba.
O escritor Agustín Fernández Paz foi homenaxeado este luns en Vilalba ao poñerlle o seu nome á biblioteca do IES Basanta Silva. Fernández Paz non puido asistir ao acto de descubrimento da placa, pero si estiveron presentes familiares seus, así como o director xeral da editorial Xerais, Manuel Bragado.

O escritor chairego agradeceu o nomeamento a través dun vídeo gravado este domingo." (Vía: El Progreso)


mércores, 1 de xuño de 2016

A TERRA CHÁ NOS VERSOS DE MANUEL MARÍA

O alumnado do ENDL e de 3º de ESO realizou un mapa da Terra Chá segundo a concepción de Manuel María no que incluíu poemas alusivos a algúns dos lugares da comarca.






sábado, 21 de maio de 2016

GAÑADORES DO II CONCURSO DE VIDEOPOEMAS

O xurado acordou outorgar os seguintes premios:



2º premio:



Paulo Domínguez López (3º ESO)

Elexía nº 6 (de Elexías á miña vida pequeniña, 2004)






CATEGORÍA B

1º premio:

Manuel Vidal Lozano (4º ESO)

Falan os ríos (de O Miño, canle de luz e néboa, 1997)





2º premio:

Deserto