martes, 7 de febreiro de 2017

PRÓXIMO RETO NO NOSO CENTRO

A gran maioría de vós participastes no reto das 1000 grúas proposto polo equipo da biblioteca, ou en The Big Challenge.

Tamén vimos nas aulas, os corredores, o patio, etc. mostras dun desafío, o water bottle flip challenge ou reto do lanzamento da botella, que consiste en lanzar unha botella parcialmente chea de auga, que dea todas as voltas posibles e, ao caer, quede de pé e sen moverse.

O mozo Mike Senatore realizou ese lanzamento nun concurso escolar de talentos en Charlotte, EE. UU. O vídeo publicado en YouTube ten xa máis de sete milones de reproducións. 



O venres 17 de febreiro temos outro reto, o proposto pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), #RosalíaTe, para conmemorar o Día de Rosalía. Esta asociación propón que o alumnado de Educación Secundaria e Bacharelato interaccione visualmente coa obra ou a figura de Rosalía (de modo, por exemplo, que no vídeo resultante se poidan ler versos completos de Rosalía de Castro, ou que se poidan intuír artisticamente os contidos da súa obra…)”.


Ide pensando como facelo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario