Amosando publicacións coa etiqueta Efemérides. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Efemérides. Amosar todas as publicacións

domingo, 1 de outubro de 2017

XA CHEGOU A VIGO O PERGAMIÑO VINDEL!

Dicía Álvaro Cunqueiro que se Vigo fose unha polis grega, diríase que foi fundada por un poeta, aquel Martín Codax que bailaba no sagrado de Vigo e vía a súa amiga bañarse nas ondas. 

O pergamiño Vindel, que conten as cantigas de Martín Codax, moitas delas coa notación musical incluída, chega a Vigo depois de 800 anos para expoñerse, ata marzo de 2018, no Museo do Mar. 


Foi en 1914 cando o libreiro Pedro Vindel descubreu este pergamiño, que estaba forrando un libro de Cicerón. Logo vendeullo por 6.000 pesetas ao musicólogo catalán Rafael Mitjana. Éste exercía de diplomático en Suecia para alá levou o pergamiño. Rafael Mitjana morre no 1921 e as cantigas de Martín Códax quedan a disposición, primeiro da viúva e despois dos herdeiros. Non se volve a saber del ata que a biblioteca Sandbergs Bokhandel o compra nunha subasta, formando parte dun lote de libros, no ano 1961, por unha cantidade rídícula, 78 coronas suecas . Sería tempo despois adquirido polo bibliófilo Otto Haas e finalmente posto á venda en Londres polo seu colega inglés Albi Rosenthal, que llo vendeu á Pierpoint Morgan Library de Nova York, onde se conserva desde 1977.


martes, 13 de xuño de 2017

CENTENARIO DO NACEMENTO DE AUGUSTO ROA BASTOS


Augusto Roa Bastos (Asunción, 13 de xuño de 1917 - 26 de abril de 2005), narrador e poeta uruguaio, é considerado o escritor máis importante do século XX do seu país e un dos máis destacados da literatura hispanoamericana. As súas obras foron traducidas a máis de vinte e cinco idiomas.



"Lo más importante de su literatura fue su capacidad de abordar cuestiones tan profundas como las que trató con un lenguaje tan moderno, tan flexible." (Jorge Edwards, escritor chileno).



Varios dos seus poemas foron musicados. Un deles é o que escribiu e homenaxe a Julio Correa:




Roa Bastos tamén escribiu letras para cancións (Con las manos juntas, Amo a mi patria, Dulce tierra mía, Muchacha dorada, Viva la vida, viva el amor, Cholí, Los hombres, Arribeño, Sueño y realidad, Gallito de riña, Sombra del fuego, Tu sombra, Del regreso, Bracero golondrina e Donde la guaranía crece).





venres, 19 de maio de 2017

50º ANIVERSARIO DO PASAMENTO DE MARÍA MARIÑO


María Mariño é a poeta noiesa á que a Real Academia Galega lle dedicou o Día das Letras Galegas 2007, coincidindo co centenario do seu nacemento.

“A escolla de María Mariño como escritora central do Día das Letras do ano 2007 abriu os portóns a unha obra e a unha autora que resistiu silenciosa e escura nas marxes do canon literario e dos andeis". (Vía: Consello da Cultura Galega)






Acceso ao xogo


martes, 16 de maio de 2017

CENTENARIO DO NACEMENTO DE JUAN RULFO



Juan Rulfo (1917-1986), o autor mexicano máis traducido, é o creador dunha das grandes obras da literatura universal: Pedro Páramo (1955). Os seus primeiros contos foron publicados nas revistas América e Pan en 1945. Algúns deles xunto a outros dez de nova creación conformaron El llano en llamas (1953).


“No sé si se ha advertido el uso sutil que Rulfo hace de los grandes mitos universales en Pedro Páramo. Su arte es tal, que la trasposición no es tal: la imaginación mítica renace en el suelo mexicano y cobra, por fortuna, un vuelo sin prestigio. Pero ese joven que inicia la odisea en busca de su padre perdido, ese arriero que lleve a Juan Preciado a la otra orilla, la muerta, de un río de polvo, esa voz de la madre y amante, Yocasta-Eurídice, que conduce al hijo y amante, Edipo-Orfeo, por los caminos del infierno, esa pareja de hermanos edénicos y adánicos que duermen juntos en el lodo para iniciar otra vez la estirpe humana en el desierto de Comala, esas viejas virgilianas-Eduviges, Damiana, la Cuarraca-, fantasmas de fantasmas que contemplan sus propios fantasmas, esa Susana San Juan, Electra al revés, el propio Pedro Páramo, Ulises fijo de piedra y barro… todo este trasfondo mítico permite a Juan Rulfo trazar la ambigüedad humana de un cacique, sus mujeres, sus pistoleros y sus víctimas y, a través de ellos, incorporar la temática del campo y la Revolución mexicanos a un contexto universal". (Carlos Fuentes, La Cultura en México, 29 de julio de 1964)





A fotografía foi unha paixón que cultivou ao longo da súa vida. As primeiras apareceron na revista América en 1949 e a primeira exposición tivo lugar en Guadalajara, México, en 1960.





luns, 10 de abril de 2017

41º ANIVERSARIO DO PASAMENTO DE OTERO PEDRAYO




Ramón Otero Pedrayo, escritor e intelectual ourensán, membro da Xeración Nós e un dos personaxes centrais na vida cultural galega do século XX, finou na súa cidade natal o día 10 de abril de 1976.






venres, 7 de abril de 2017

128º ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE GABRIELA MISTRAL


Unha das principais figuras da poesía chilena foi a primeira muller latinoamericana, e a única ata agora, en recibir o Premio Nobel de Literatura (1945).



"Madre: en el fondo de tu vientre se hicieron en silencio mis ojos, mi boca, mis manos. Con tu sangre rica me regabas como el agua a las papillas del jacinto, escondidas bajo la tierra. Mis sentidos son tuyos, y con éste como préstamos de tu carne ando por el mundo…

Yo era una niña triste, madre, una niña huraña como son los grillos obscuros en el día, como es el lagarto verde, bebedor del sol. Y tú sufrías de que tu niña no jugara como las otras, y solías decir que tenía fiebre cuando en la viña de la casa la encontrabas conversando con las cepas retorcidas y con un almendro esbelto y fino que parecía un niño embelesado…

Después, yo he sido una joven, y después una mujer. He caminado sola, sin el arrimo de tu cuerpo, y sé que eso que llaman la libertad es una cosa sin belleza. He visto mi sombra caer, fea y triste, sobre los campos sin la tuya chiquitita, al lado. He hablado sin necesitar tu ayuda. Y yo hubiera querido que, como antes, en cada frase mía estuvieran tus palabras para que lo que iba diciendo fuese como una guirnalda de las dos."

(Gabriela Mistral, Recuerdo de la madre ausente)


mércores, 5 de abril de 2017

38º ANIVERSARIO DO PASAMENTO DE LUÍS SEOANE.

Luís Seoane naceu en Buenos Aires o 1 de xuño de 1910, no seo dunha familia galega emigrante que regresaría á terra de orixe en 1916. O artista e escritor, un dos intelectuais do século XX que máis contribuíu á renovación e dignificación da nosa arte, volveu instalarse en Arxentina en 1936 fuxindo da guerra civil. Tras os anos do exilio, pasou a derradeira etapa da vida en Galicia, pero a súa biblioteca de arte persoal ficou á outra beira do océano Atlántico. En 1980 a Real Academia Galega recibiu este fondo bibliográfico cumprindo o seu desexo. A biblioteca é unha das mellores na súa especialidade, cun marcado carácter internacional e composta case integramente por primeiras edicións. 

Os cerca de 2.500 libros que Luís Seoane legou á biblioteca da Real Academia Galega permaneceron máis de oito meses a bordo do buque mercante La Pampa, baixo o coidado de Ariel Canzani, poeta arxentino amigo do artista. Nunha primeira viaxe rumbo á costa peninsular, emprendida en decembro de 1979, os volumes non chegaron a desembarcar ao se suspender a escala prevista en Xixón. Máis sorte houbo ao segundo intento, nunha longa travesía que arrincou en abril de 1980. Tras unha morea de escalas en distintos portos europeos, o buque cargado de trigo e libros chegou a Bilbao o 14 de xullo. Había folga de estibadores. Canzani falou cos piquetes e cando souberon cal era a mercadoría accederon a descargala, relataba o poeta ao xornalista Xosé Palmeiro en La Voz de Galicia en agosto de 1980. (Vía: Real Academia Galega)

xoves, 30 de marzo de 2017

POEMAS DE MIGUEL HERNÁNDEZ MUSICADOS

O cantautor Joan Manuel Serrat publicou dous discos monográficos con poemas musicados de Miguel Hernández, o primeiro deles en 1972 e o segundo en 2010. 

"Con motivo de la conmemoración del centenario de su nacimiento, volví a tomar toda la poesía de Miguel Hernández -Desde los poemas de juventud hasta Cancionero y romancero de ausencias- y a partir de ahí comencé a elegir poemas y fragmentos de poemas que me parecieron muy interesantes para musicar. En un principio trabajé sobre 20 o 30 poemas y, seleccionando y descartando, llegué hasta los 13 que componen el disco. Ninguno de ellos ha sido musicado".


Premendo sobre as imaxes inferiores teredes acceso ás cancións dos álbumes de Serrat mencionados anteriormente.






Máis poemas musicados por outros artistas:











martes, 28 de marzo de 2017

75º ANIVERSARIO DO PASAMENTO DE MIGUEL HERNÁNDEZ

Miguel Hernández (Orihuela, 30 de outubro de 1910 - Alicante, 28 de marzo de 1942), coñecido como “o poeta do pobo” tamén escribiu obras de teatro e prosa.




O pasado decembro o Congreso dos Deputados acordou por unanimidade declarar 2017 Ano Miguel Hernández. As primeiras iniciativas desta conmemoración foron a dixitalización da súa obra (Miguel Hernández. O legado dun soño) e a declaración de Cartaxena como Cidade Hernadiana.

"Recordar a Miguel Hernández que desapareció en la oscuridad y recordarlo a plena luz, es un deber de España, un deber de amor. Pocos poetas tan generosos y luminosos como el muchachón de Orihuela cuya estatua se levantará algún día entre los azahares de su dormida tierra. No tenía Miguel la luz cenital del Sur como los poetas rectilíneos de Andalucía sino una luz de tierra, de mañana pedregosa, luz espesa de panal despertando. Con esta materia dura como el oro, viva como la sangre, trazó su poesía duradera. ¡Y éste fue el hombre que aquel momento de España desterró a la sombra! ¡Nos toca ahora y siempre sacarlo de su cárcel mortal, iluminarlo con su valentía y su martirio, enseñarlo como ejemplo de corazón purísimo! ¡Darle la luz! ¡Dársela a golpes de recuerdo, a paletadas de claridad que lo revelen, arcángel de una gloria terrestre que cayó en la noche armado con la espada de la luz!"(Pablo Neruda).



venres, 10 de marzo de 2017

EDUARDO PONDAL E O HIMNO GALEGO 2




Existen moitas versións do noso himno. Deixámosvos unha selección na que hai un pouco de todo: música clásica e tradicional, rock, pop, flamenco, etc.















xoves, 9 de marzo de 2017

EDUARDO PONDAL E O HIMNO GALEGO 1

O vindeiro día 20 de decembro cumpriranse 110 anos da súa estrea na Habana, Cuba.

En 1888, o compositor galego Pascual Veiga pediulle a  Eduardo Pondal a letra para unha melodía súa para participar nun certame no que se seleccionaría a  Marcha Regional Gallega. O poeta fíxolle entrega de Os Pinos, creado a partir de diferentes reelaboracións de Rumores de los pinos (1877).

Primeira aparición impresa de Os Pinos, publicada nas bases do certame musical (22 de maio de 1890)

Fragmento dunha versión manuscrita de Os pinos.

Foi interpretado por primeira vez en 1907 na Habana (Cuba) e oficializado na Lei de Símbolos de Galicia en 1984.

As catro primeiras estrofas do poema de Pondal conforman o texto escrito, cuxa versión definitiva foi realizada por Manuel Ferreiro Fernández co afán de "restaurar, co necesario rigor filolóxico, a integridade dun poema tan emblemático", así como recuperar un texto transcendental "concebido como unha chamada á necesaria rendención da nación de Breogán no decorrer histórico do movemento rexenerador da Galiza e dos galegos".




mércores, 8 de marzo de 2017

CENTENARIO DO PASAMENTO DE EDUARDO PONDAL



Eduardo Pondal , coñecido vomo "o bardo de Bergantiños, naceu en Ponteceso o 8 de febreiro de 1835 e faleceu na Coruña o 8 de marzo de 1917.



Foi a figura homenaxeada no día das Letras Galegas no ano 1965.



Ponteceso
Eu nacín en agreste soedade, 
eu nacín cabo dun agreste outeiro, 
p'ronde o Anllóns, con nobre maxestade, 
camiña ó seu destino derradeiro. 
Eu non nacín en vila nin cidade, 
mas lonxe do seu ruído lisonxeiro: 
eu nacín cabo de pinal espeso,
eu nacín na pequena Ponte-Ceso. 

Uns naceno na máxica Granada, 
outros naceno en Málaga famosa, 
os outros en Sevilla nomeada, 
os outros en Valencia deleitosa; 
uns na garrida Cádiz, ben soada, 
en Barcelona os outros, populosa: 
eu nacín cabo de pinal espeso, 
eu nacín na pequena Ponte-Ceso. 

Amabre Ponte-Ceso, anque pequena, 
agreste certamente, mas garrida, 
cando deixar a mundanal faena 
teu bardo e for pasado desta vida, 
non t'esquezas de quen, con faz serena, 
dixo a toda ciudade fementida: 
"Eu nacín cabo de pinal espeso, 
eu nacín na pequena Ponte-Ceso". 
(1896)






É unha das grandes figuras poéticas do Rexurdimento xunto con Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez. Co gallo deste centenario, a Xunta de Galicia declarou o ano 2017 como Ano Pondal e Ano do Rexurdimento. En colaboración coas fundacións que xestionan o legado literario e histórico dos tres autores es os concellos de Ponteceso, Padrón e Celanova, impulsarán un itinerario literario do Rexurdimento galego.

xoves, 2 de marzo de 2017

CINCUENTENARIO DA MORTE DE AZORÍN

José Augusto Trinidad Martínez Ruiz, ‘Azorín’, ensaísta, novelista, autor de teatro e crítico pertencente á Xeración do 98, naceu en Monóvar (Alicante) o 8 de xuño de 1873  e faleceu en Madrid o 2 de marzo de 1967.

No mes de setembro de 2016, o pleno das Cortes Valecianas aprobou declarar 2017 como Ano Azorín.




mércores, 22 de febreiro de 2017

"DON JUAN TENORIO"



A figura de Don Juan, o transgresor de todas as ordes e estamentos, creada por Tirso de Molina en El burlador de Sevilla y convidado de piedra (1630), fue transformada por José Zorilla en Don Juan Tenorio. Drama religioso-fantástico en dos partes (1844), a obra máis representada do teatro español.



Este personaxe tivo gran influencia tanto na literatura universal: Dom Juan de Molière (1665), Don Juan de Lord Byron (1821), como na música: a ópera Don Giovanni de Mozart (1787) ou o poema sinfónico Don Juan, de Strauss (1888).



martes, 21 de febreiro de 2017

BICENTENARIO DO NACEMENTO DE JOSÉ ZORRILLA

José Zorrilla, unha das máximas figuras do Romanticismo español, naceu en Valladolid o 21 de febreiro de 2017. 


A súa extensa obra literaria abarca a lírica (Poesías, Margarita la tornera, A buen juez mejor testigo, …), a narrativa (La flor de los recuerdos. Recuerdos del tiempo viejo, ...) e o teatro (El zapatero y el rey, El puñal del godo, Don Juan Tenorio, Vivir loco y morir más,…)


A súa cidade natal celebrará esta efeméride desde o 200º aniversario do seu nacemento ata o 125º aniversario do seu falecemento (23 de xaneiro de 2018).