martes, 24 de maio de 2016

luns, 23 de maio de 2016

"TERRAS DA TERRA CHÁ"

Videopema de Manuel Vidal Lozano que obtivo o accésit na categoría B (3º, 4º de ESO e BAC) no I Concurso de Videopoemas convocado polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística e a Biblioteca do IES Santiago Basanta Silva de Vilalba no ano 2015.


sábado, 21 de maio de 2016

GAÑADORES DO II CONCURSO DE VIDEOPOEMAS

O xurado acordou outorgar os seguintes premios:



2º premio:



Paulo Domínguez López (3º ESO)

Elexía nº 6 (de Elexías á miña vida pequeniña, 2004)






CATEGORÍA B

1º premio:

Manuel Vidal Lozano (4º ESO)

Falan os ríos (de O Miño, canle de luz e néboa, 1997)





2º premio:

Deserto




"A TERRA CHÁ: POESÍA E IMAXE"

Premendo na imaxe accederedes a unha presentación de Adela Leiro sobre os poemas do Terra Chá.






xoves, 19 de maio de 2016

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016. MANUEL MARÍA

Eu son Manuel María. 
Nacín no 29, o 6 de Outono, 
en Outeiro de Rei da Terra Chá. 
Son dunha caste rexa de labregos 
fieles á súa terra e ao seu Deus. 
Agora son un namorado. 

Eu son Manuel María, 
cantor da Terra Chá que algúns din. 
Cantor da terra chá que leva un 
clavada nas entrañas, penso eu. 

 Eu son Manuel María, 
labrego con algo de poeta. 
Por eso gardo as albas 
no fondo dos meus ollos 
e ando de vagar o meu camiño, 
e pídolles ás cousas a súa tenrura 
e aos homes pídolles verdade. 

Non teño máis tarefa: 
Son unha humilde folla que salaia 
na noite escura movida polo vento. 
Eu son Manuel María, 
un son tan só, lonxano e feble. 

Con estes versos do poema Carné de identidade preséntase Manuel María, o poeta da Terra Chá. Porque a súa “tribu”, como adoitaba chamarlle, era a súa natal Outeiro de Rei, pero el foi o cantor, o poeta chairego por excelencia. É máis, dise que a Terra Chá non existía como tal antes de que escribise o libro de versos que lle dá nome, a Biblia poética da comarca máis grande da Galiza, da que o autor dicía:
Pra medila só valen dúas mensuras: 

ferrados de corazón, fanegas de alma! 
Deste libro, Terra Chá, son estes versos nos que a define:
A Terra Chá somentes é:

un pobo aquí, outro acolá,

mil arbres, monte raso,

un ceio chumbo e tráxico

no que andan as aves a voar. 
O resto é soedá.

Acto de ingreso do poeta como académico na RAG, celebrado no Auditorio de Vilalba en febreiro de 2003.
Óscar Cela

A súa traxectoria literaria merece claramente o recoñecemento que se vén de facer ao adicarlle o Día das Letras Galegas deste ano. Esta traxectoria foise consolidando desde a publicación, en 1950, de Muiñeiro de brétemas, o primeiro poemario monolingüe en galego da posguerra.

O discurso existencialista dos seus primeiros versos - encadrado dentro da corrente lírica denominada Escola da Tebra - irase reconvertendo nunha variedade de discursos líricos: desde a poesía paisaxística até a poesía de compromiso, empregando o realismo coloquial e o humor sarcástico como medio de denuncia, … e sempre, como fío condutor de todo este mundo poético, a construción de Galiza.

Galiza somos nós: 

a xente e maila fala. 

Se buscas a Galiza 

en ti tés que atopala!

Na súa poesía sempre está presente o seu compromiso político co ideario nacionalista, que vai manter ao longo da súa vida e que o converterá nun escritor tan querido e tantas veces cantado polo pobo, recoñecido dentro e fóra das nosas fronteiras, un escritor galego universal.




martes, 17 de maio de 2016

MANUEL MARÍA

Manuel María Fernández Teixeiro naceu en Outeiro de Rei o 6 de outubro de 1929. En 1942 trasladouse a Lugo para estudiar o bacharelato e aquí comezou a súa precoz carreira literaria participando, á idade de 20 anos, no ciclo de conferencias "Jóvenes valores lucenses". Esta primeira conferencia serviulle para entrar en contacto cos integrantes da tertulia do café Méndez Nüñez (Pimentel, Fole, Rof Codina...) que o poñerán en contacto coa realidade galega, tanto interior como do exilio. Nesta primeira etapa da súa vida, publica o primeiro poemario dun poeta da nova xeración, Muiñeiro de brétemas (1950), co que se inaugura a denominada "Escola da Tebra".

En 1958 instálase en Monforte como Procurador dos Tribunais e ao ano seguinte casa con Saleta Goi. Nos axitados anos sesenta e setenta, Manuel María participa na reorganización política, na clandestinidade, dos partidos nacionalistas, e atende os chamamentos e peticións que lle chegan de todas as organizacións que, ao longo e ancho do país, andan a traballar pola recuperación cultural: desde impartir conferencias ou recitar poemas a presentar á Nova Canción Galega. A súa obra literaria diversifícase e multiplícase de acordo cos novos tempos: ensaio, narrativa, teatro... sen abandonar o cultivo da poesía. Do existencialismo e o seu pesimismo radical evolúe cara á unha poesía que rompe, tanto no formal como na temática, con esta liña subxectiva para se comprometer co ser humano, coa súa xente, coa súa realidade social, en definitiva, co seu pobo.

A súas actividades políticas culminaron coa súa elección como concelleiro en 1979. Son anos duros, e a súa participación nas campañas en defensa da lingua foi moi activa. En 1985 abandonou a militancia política para se dedicar por completo á actividade literaria e cultural e, desde a súa xubilación, reside na cidade da Coruña. A súa xenerosa entrega foi recoñecida en 1995, na Homenaxe organizada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega na Coruña.


Non é doado resumir en poucas liñas a obra deste insigne poeta, referencia imprescindíbel no panorama literario da segunda metade do século XX, pola amplitude dos seus rexistros, das súas propostas e da súa temática: intimismo, paisaxismo, socialrealismo crítico ou satírico, preocupación relixiosa, reivindicación lingüística... e, como fío conductor de todo este mundo poético, a construción da patria.



Manuel María faleceu na Coruña o 8 de Setembro de 2004.

(Vía: Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega)