Amosando publicacións coa etiqueta Centros educativos do noso concello. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Centros educativos do noso concello. Amosar todas as publicacións

sábado, 17 de xuño de 2017

VISITA DO FUTURO ALUMNADO DE 1º DE ESO

Ao igual que en anos anteriores, o noso centro foi visitado o día 8 de xuño polo alumnado de 6º de Primaria e as súas familias para aclimitarse a el. 

Coñeceron diversos aspectos do mesmo e as súas instalacións. Como ven sendo habitual, tamén estiveron na biblioteca:

 


martes, 30 de maio de 2017

DE CONTOS NO CEIP M. MATO VIZOSO

Voltamos cos contos, esta vez noutro colexio de Primaria da vila. O alumnado que os dramatizou conseguiu atraer a atención do público ao que ía drixido. Escoitou con gran atención ambos relatos e contestou a todas as preguntas e propostas feitas.


  • La vaca que puso un huevo

 

 


  • A min non me comas!

 

  


Tanto o alumnado de Infantil e da ESO coma o profesorado gozou da actividade.



Ao final, ao igual que na visita ao outro colexio, fixemos unha foto de grupo.



martes, 16 de maio de 2017

DE CONTOS NO CEIP A. INSUA BERMÚDEZ

Onte acudimos a este centro para realizar esta actividade organizada pola biblioteca en colaboración co profesorado de Oratoria de 2º de ESO e dirixida ao alumnado de Infantil.

 Dramatizáronse dous contos:
  • La vaca que puso un huevo:
 

 

   

  

   



  • A min non me comas!


  

  

  

  

 


O alumnado de Infantil pasouno moi ben; fixeron moitas preguntas sobre os contos, comentáronnos que  eran curtos e pedíronnos que volvesemos.


Ao final, despois do refrixeiro que nos ofreceron, o alumnado dun dos cursos pedíulle perdón ao monstro polas cousas "feas" que lle dixeran.

  

Para o alumnado de ESO a experiencia foi moi boa. Sen que llo pedise ninguén realizaron a autoavaliación: manifestaron o seu descontento polos erros cometidos e os aspectos que terían que mellorar.

Sentímonos orgullosas da súa actuación, da interacción co público e da camaradeiría e estamos seguras de que a próxima actuación, que terá lugar o día 29 deste mes no CEIP M. Mato Vizoso, será moito millor.

Graciñas mil ao centro que tan ben nos acolleu! 

martes, 9 de maio de 2017

LECTURAS COMPARTIDAS COS COLEXIOS DE PRIMARIA DA VILA

O alumnado de Oratoria de 2º de ESO será quen leve a cabo a dramatización de dous contos para o alumnado de Educación Infantil do CEIP Antonio Insua Bermúdez e do CEIP Manuel Mato Vizoso. 

A actividade, programada pola biblioteca en colaboración co Departamento de Lingua Castelá e Literatura, terá lugar os días 15 e 29 de maio respectivamente, días nos que nos desplazaremos aos centros.

Trala proposta de títulos feita por cada colexio, o profesorado do noso centro seleccionou os seguintes:
   











Moito ánimo para o alumnado na súa primeira actuación en público!


xoves, 9 de xuño de 2016

MANUEL MARÍA EN CÓDIGOS QR EN VILALBA

Se queredes ver os traballos feitos polo alumnado de todos os centros educativos do concello só tedes que ir premendo en cada da estrela, que indica o lugar onde está instalado o panel co código QR. 

É preciso descargar unha aplicación gratuita para poder lelos.



venres, 29 de abril de 2016

MANUEL MARÍA NAS RÚAS DE VILALBA

As rúas de Vilalba acollerán unha grande exposición en homenaxe a Manuel María

O Concello, en colaboración con todos os centros educativos e o tecido asociativo, programa un calendario de actos para maio e xuño


A capital chairega réndese a Manuel María. O Concello, en colaboración con todos os centros educativos, así como con gran parte do tecido asociativo e cultural da vila, programa un amplo calendario de actos para os meses de maio e xuño, que converterán Vilalba nunha grande exposición en homenaxe ao poeta da Terra Chá, ao que se lle adican este ano as Letras Galegas.
 
No corazón de Vilalba, a Praza da Constitución engalanarase con distintas pancartas elaboradas polos alumnos dos centros educativos do municipio, que ondearán durante os próximos dous meses para recordar a figura e a obra de Manuel María. Pero a praza situada no centro da vila non será o único punto do rueiro vilalbés que honrará ao poeta.

Nos vindeiros días, dende a Asociación de Empresarios Sete Pontes de Vilalba, repartiranse polos comercios e os locais de hostalería da localidade máis de 300 traballos escolares sobre Manuel María. Trátase duns carteis que se fixeron dende os centros educativos co obxectivo de que os alumnos -dende os máis pequenos aos máis maiores- mostraran «a súa idea do poeta», que estará presente en cada recuncho da vila, tal e como adiantou o edil de cultura, José Antonio Pita, na presentación do calendario de actividades para conmemorar unhas Letras Galegas que teñen a Terra Chá no centro de todas as miradas.

As exposicións ampliaranse a partir do día 20, coa instalación de paneis con códigos QR nos locais institucionais de Vilalba, que lles darán acceso a veciños e visitantes a coñecer os traballos escolares que se están realizando en tódalas aulas, onde tamén recibirán un agasallo, xa que os usuarios do centro ocupacional Vilalba Terra Chá deseñaron unha edición especial de 3.000 marcapáxinas conmemorativos que se entregarán a todos os alumnos. (Vía: El Progreso)