Amosando publicacións coa etiqueta Feminismo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Feminismo. Amosar todas as publicacións

sábado, 25 de novembro de 2017

25N DE 2017 CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Onte, no Basanta Silva, pintamos os muros e manifestamos o noso rexeitamento da vilolencia de xénero, coa lectura dun manifesto e a actuación de Ari, Noa, Anxo, Lois, Montero e Trastoy, que rapearon para nós, en primicia, o marabilloso tema que eles mesmos compuxeron e que puidemos escoitar tamen á noite no Auditorio.



PINTANDO CRISTAIS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Dende o IES Santiago Basanta Silva apoiamos a conmemoración do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, coa finalidade de desterrar o machismo da nosa sociedade e contribuir, a través da educación, a erradicar as actitudes e manifestacións que o expresan e o alimentan.