xoves, 19 de febreiro de 2015

24 de febreiro: DÍA DE ROSALÍA


     O vindeiro martes 24 de febreiro conmemoraremos na biblioteca o nacemento de Rosalía de Castro, hai 175 anos. 


Contamos con vós para facer un cartel  cunha frase que comece por “Eu son Rosalía porque / cando / para…” de xeito que cada persoa exprese con cal das múltiples sensibilidades da autora se sente máis identificada. Sacaremos fotos dos carteis e logo gravaranse en video as vosas frases.
 

En distintos lugares do centro atoparedes poemas da autora que poderedes coller.