- Obras de Castelao na Biblioteca Virtual Galega
- As cruces de pedra na Galiza. Discurso lido o día 25 de xullo de 1934 no acto da súa recepción pública polo señor Alfonso R. Castelao e resposta de Antonio Villar Ponte.
- Humorismo, dibuxo humorístico, caricatura: conferencia.
martes, 31 de xaneiro de 2017
CASTELAO
luns, 30 de xaneiro de 2017
VISITAS VIRTUAIS 1
Xa que este curso o lema "Biblioteca escolar. Territorio das Artes", principiamos unha serie de entradas que nos permitirán percorrer amodiño as diferentes salas de museos, edificios, etc. de todo o mundo, contemplar todo de cerca e obter información completa de cada un deles.
CAPELA SISTINA, O VATICANO
CASTELAO, DEBUXANTE
“Os seus debuxos e pinturas testemuñan a mesma posición de realismo crítico que encontramos nos seus escritos, marcados como están uns e outros polo humor e a ironía, ao tempo que pola tristeza e a morriña. En 1907 publica a primeira corda de Caricato e debuxante da Tuna en Compostela. En 1917 abandonou definitivamente a pintura de gran formato con A tentación de Colombina para entregarse ao debuxo e a obra gráfica. Os seus debuxos entroncan a miúdo coa tradición do gravado popular e se caracterizan por unha acentuada estilización en branco e negro; de feito, gran parte da súa labor de debuxante está esparexida en distintas publicacións periódicas nas que colaborou. Na súa obra influíron a fotografía, os debuxos satíricos da prensa europea e, en opinión dos críticos máis familiarizados coa súa técnica, a estampa xaponesa. Terá na prensa o seu medio natural para a súa obra gráfica, onde dende 1922 traballou en o Diario de Galicia. Nos seus debuxos aparecen con frecuencia os principais representantes da paisaxe de Galicia, como o hórreo que máis tarde sería aceptado como anagrama pola editorial Nós”. (Vía: Ategal)
- Colección Castelao no Museo de Pontevedra:
- Álbum e debuxos da Bretaña
- Álbumes de guerra. Atila en Galicia
- Álbumes de guerra. Galicia mártir
- Álbumes de guerra. Milicianos
- As cruces de pedra na Bretaña
- As cruces de pedra na Galiza
- Cousas da vida. As mulleres
- Cousas
- Debuxos de negros
- Diario de 1921
- Os dous de sempre
- Cousas da vida. Os homes
- Os vellos non deben de namorarse. Primeira versión
- Os vellos non deben de namorarse. Versión definitiva
TRES CANCIÓNS POLA PAZ
Hoxe, para conmemorar o Día Escolar da Non-Violencia e a Paz propoñémosvos escoitar tres cancións de Bob Dylan, Premio Nobel de Literatura 2016.
domingo, 29 de xaneiro de 2017
AS 50 IMAXES POPULARES SOBRE LIBROS, LECTURA E BIBLIOTECAS
En EbookFriendly atopamos unha entrada interesante sobre as imaxes compartidas varios centos de veces en Facebook, Pinterest, Tumblr, Twitter e Google+.
"Anyone who devotes time to promoting books, reading, and libraries, sooner or later will realize images are the best tool to share the love of words".
Escolleron as citas de autoría coñecida, cuxas imaxes tiñan certa calidade. Moitas delas son de persoas de renome universal; agora ben, outras son de persoas correntes que amosaron unha grande carga de orixinalidade e provocación.
sábado, 28 de xaneiro de 2017
O DÍA DAS ARTES GALEGAS CELEBRARASE EN VIVEIRO
Viveiro é a vila eleita pola Real Academia de Belas Artes para realizar a homenaxe, o 1 de abril, á pintora Maruxa Mallo, a autora á que este 2017 se dedica o Día das Artes Galegas.
A escolla non é por acaso. Foi En Viveiro onde Marulla Mallo naceu, en 1902, co nome de Ana María Gómez González e no seo dunha familia acomodada. Xa moza trasladouse a Madrid, onde mantivo relación con artistas, escritores e cineastas como Salvador Dalí, Federico García Lorca, Margarita Manso, Luis Buñuel, María Zambrano e Rafael Alberti. Durante a década de 1920 traballou para numerosas publicacións literarias e realizou portadas de varios libros, así como exposicións.
Grazas a unha bolsa da Xunta de Ampliación de Estudos viaxou a París en 1932, onde entrou en contacto co surrealismo (coñeceu Max Ernst, René Magritte, Joan Miró Giorgio de Chirico e outros), e participou en parladoiros con André Breton e Paul Éluard. A súa pintura cambiou radicalmente, influenciada polo surrealismo.
O golpe de estado de 1936 sorpendeuna en Galiza e tivo que refurxiarse na casa dun familiar, onde estivo agochada varios meses. O seu compromiso coa II República facíalle temer que podía ser albo da represión que inzaba Galiza. En 1937 conseguiu pasar a Portugal e de alí viaxar a América. Pasou o exilio en Arxentina e Estados Unidos. Finou en Madrid en 1995. María Zambrano dixo dela: "Cometeu un dos erros máis destrutivos e imperdonábeis: ser libre." (Vía: Sermos Galiza)
2017, ANO PONDAL
Alén de Carlos Casares (Letras Galegas) e Maruxa Mallo (Día das Artes Galegas), o outro protagonista cultural do 2017 será Eduardo Pondal, de quen se cumpren 100 anos do seu pasamento.
A Fundación Eduardo Pondal está atarefada cos preparativos dun Ano Pondal no que prometen que argallarán un cento de actividades arredor do poeta bergantiñán. Mentres andan á procura de financiamento, o xerente da institución -José María Varela- avanza que as celebracións comezarán o 8 de marzo (data do seu cabodano), con varias actividades, incluído un cupón da ONCE dedicado ao autor.
Segundo Varela, “imos intentar celebrar este centenario como se merece e a cifra de 100 non asusta tanto se pensamos que 35 deses actos xa van ter lugar no Festiletras, o festival que organizamos cada ano en maio na aldea do Couto”, un dos eventos máis importantes no calendario das letras galegas. Ademais, organizarán dentro da súa Escola de Verán unha actividade chamada 'Que din os rumorosos?'. ( Vía: Sermos Galiza)
UN ANO CULTURAL NA BALANZA
Catro expertos
diagnostican o 2016 na cultura galega
Para mirar atrás hai que ter un pouco de perspectiva. Por iso e porque queriamos contar coas súas voces para esta análise, hoxe publicamos un balance do 2016 nos diferentes sectores culturais. Ás portas dun proceso de elaboración dunha estratexia para a cultura galega por parte da Xunta, da que aínda non se coñecen detalles de execución, non é mal momento para avaliar o devir inmediato da nosa cultura. Carlos Ares, presidente da Academia Galega do Audiovisual, a crítica literaria Chus Nogueira, Daniel Lavesedo de GZ Música e a dramaturga Vanessa Sotelo reflexionan sobre o 2016 nas súas respectivas disciplinas.
Carlos Ares
Presidente da Academia Galega do Audiovisual.
"Hai unha falsidade que se repite unha e outra vez: en tempos de crise xs creadores, as artistas agudizan o inxenio, espremen a súa calidade e xorden representacións artísticas mellores Isto non é historicamente certo. Mellores condicións económicas supuxeron o nacemento do Partenón, as obras de Shakespeare, o Renacemento italiano ou a Catedral de Compostela, entre outras. O mesmo sucede co cine, co audiovisual.
O audiovisual galego non é alleo a crise económica que vivimos, que estamos soportando, sobre todo ás persoas menos favorecidas. Pero a pesar desta crise as nosas obras son recoñecidas tanto por todo o mundo, nos festivais máis esixentes, como polo noso propio público". (Vía: culturagalega.org)
ROTEIRO HISTÓRICO POR VILALBA
O pasado venres 27 de xaneiro realizamos unha visita polo casco histórico da vila. O director do Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba (MUPAV) explicounos diferentes elementos do noso patrimonio (edificios civís e relixiosos, cruceiros, rúas e prazas, escudos, etc), informounos doutros relacionados con eles (as revoltas irmandiñas, os petos de ánimas, as fontes e lavadoiros, os castros, as portas da muralla, os antigos oficios, etc.) e desmontou interpretacións erróneas afaianzadas pertinazmente.
Esta actividade, á que asistiu alumnado de 4º de ESO, foi organizada polo equipo da biblioteca e o ENDL para botar a andar o roteiro literario que imos facer.
xoves, 26 de xaneiro de 2017
INCORPORACIÓNS GRATUÍTAS
Contamos con estes títulos grazas á amabilidade de dúas persoas.
Podedes ler os seus resumos premendo sobre as portadas.
Podedes ler os seus resumos premendo sobre as portadas.
mércores, 25 de xaneiro de 2017
DÍA DA ILUSTRACIÓN 2017
No ano 2014, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promoveu por vez primeira, a celebración do Día da Ilustración en Galiza. A data, o 30 de xaneiro, foi escollida por coincidir co aniversario do nacemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Ilustradora: Perrilla |
A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) en colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a “quere homenaxear cada ano un un grande ilustrador galego que mereza ser redescuberto polas novas xeracións de lectores e creadores".
Este ano a figura escollida é o debuxante, caricaturista e pintor coruñés Álvaro Cebreiro.
A Subdirección Xeral de Bibliotecas e a AGPI produciron un vídeo “para a difusión da súa vida e obra en internet, especialmente nas redes sociais”:
- Actividades programadas nas bibliotecas co gallo do Día da Ilustración
- O Día da Ilustración na Biblioteca de Galicia
- Álvaro Cebreiro no Museo de Belas Artes da Coruña
- Declaración da AGPI na primeira celebración do Día da Ilustración
martes, 24 de xaneiro de 2017
OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA
A biblioteca e o Departamento de Educación Plástica e Visual organizan esta actividade, co gallo de conmemorar o Día da Ilustración, na que participará o alumnado de Cultura Audiovisual de 1º e 2º de Bacharelato. Será impartido por Xosé Tomás, pertencente ao grupo DIVERXE.
Este ilustrador, humorista gráfico, guionista e profesor de inglés de ensino secundario, gañou no 2010 xunto con Manuel Guisande o Premio Isaac Díaz Pardo da Asociación Galega de Editores ao mellor libro ilustrado do ano pola serie Rodribico. Nos anos 2012 e 2014 obtivo o Premio Fervenzas Literarias ao mellor ilustrador do ano. No 2013 foi galardondo xunto con María Solar co Premio Frei Martín Sarmiento ao mellor álbum ilustrado (Vou ter un irmán)
As súas obras e actividades son moi variadas: a ilustración infantil e xuvenil, a banda deseñada, a publicación de viñetas e humor gráfico en revistas e xornais, o cartelismo didáctico, a impartición de obradoiros de ilustración e banda deseñada, etc.
Velaquí tedes algunhas das súas ilustracións:
Aquí hai máis.
“Nos anos que levo impartindo obradoiros de ilustración e banda deseñada por colexios e institutos, teño comprobado varias cousas: que a xente nova le moi pouco cómic (ou BD, ou historieta, ou...). Que ás veces os docentes temos un prexuízo inconsciente de que se trata dun xénero ‘menor’ (sen ter en conta que se trata dun medio de lectura complexa). E a constatación máis importante e preocupante é que o noso sistema educativo, e os currículos en xeral, non teñen moi en conta á imaxe coma un medio de expresión natural nos nenos e nenas”. (Xosé Tomás)
- Páxina web de Xosé Tomás
- Blog de Xosé Tomás
- Xosé Tomás en Diverxe
- Galicia dende a banda deseñada: unha modalidade literaria en expansión, de Isabel Mociño González
PREMIOS FERVENZAS LITERARIAS
Tras pechar o día 15 de xaneiro o prazo de votacións temos, un ano máis, os resultados onde as lectoras e os lectores de Fervenzas Literarias decidiron o que ao seu xuízo foi o mellor do 2016. En total, este ano recibimos 420 enquisas válidas.
Queremos agradecervos a todas e a todos as dez edicións nas que levades escollendo, a través dos vosos votos, os mellores libros do ano.
Desde Fervenzas Literarias queremos recoñecer a vosa participación e o voso interese en colaborar para formar estes listados de libros. Moitísimas grazas, xa que sen ese tempo que dedicades en votar sería totalmente imposible este traballo.
E agora os resultados... Os nosos parabéns aos premiados e premiadas!!! (Vía: Fervenzas Literarias)
Mellor libro de
narrativa
A ferida do vento
Antón Riveiro Coello
(Galaxia)
|
Mellor libro de poesía
Os fillos da fame
Ismael Ramos
(Xerais)
|
Mellor libro de
ensaio/investigación
Historia das Historias de Galicia
Isidro Dubert (ed.)
(Xerais)
|
Mellor libro de teatro
A filla de Woody Allen
Santiago Cortegoso
(Morgante)
|
Mellor álbum de banda
deseñada
Presas fáciles
Miguelanxo Prado
(El Patito)
|
Mellor libro traducido
para público adulto
Festa no xardín
Katherine Mansfield
(Rinoceronte)
|
Mellor libro literatura
xuvenil
Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta
Ledicia Costas
(Xerais)
|
Mellor libro literatura
infantil
Esmeraldina, a pequena defunta
Ledicia Costas
(Xerais)
|
Mellor libro traducido
de LIX
Unha última carta
Antonis Papatheodoulou
(texto)
Iris Samartzi
(ilustración)
(Kalandraka)
|
Autor/a do ano
Diego Giráldez
|
Ilustrador/a do ano
Miguelanxo Prado
|
Mellor capa de adultos
Galería de saldos
(Xerais)
|
Mellor capa de LIX
Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta
|
Mellor editorial do ano
Galaxia
|
Crítico/a literario
Armando Requeixo
|
O mellor acontecido no
2016
Culturgal
|
O peor acontecido no
2016
Pasamento de Agustín
Fernández Paz
|
Mellor libraría
Libraría Couceiro
(Santiago de Compostela)
|
Mellor medio de
comunicación
Praza
|
Mellor blog/web
literaria
Criticalia
|
|
BIBLIOTECAS DE AULA
Levounos o seu tempo poñelas en marcha xa que as refixemos todas e rediseñamos e completamos o caderno, pero xa empezaron a saír da biblioteca as caixas con un total de 462 exemplares para os 18 grupos de ESO (1º: 111, 2º: 126, 3º: 133 e 4º: 92)
GOZADE DA LECTURA... NAS AULAS!
A CHEGADA DAS PRIMEIRAS GRÚAS
Etiquetas:
Actividades da biblioteca,
Artes,
Comunidade escolar,
Conmemoracións,
Fomento da escritura,
Fomento da lectura,
Paz e non-violencia,
Titorías
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)