Alén de Carlos Casares (Letras Galegas) e Maruxa Mallo (Día das Artes Galegas), o outro protagonista cultural do 2017 será Eduardo Pondal, de quen se cumpren 100 anos do seu pasamento.
A Fundación Eduardo Pondal está atarefada cos preparativos dun Ano Pondal no que prometen que argallarán un cento de actividades arredor do poeta bergantiñán. Mentres andan á procura de financiamento, o xerente da institución -José María Varela- avanza que as celebracións comezarán o 8 de marzo (data do seu cabodano), con varias actividades, incluído un cupón da ONCE dedicado ao autor.
Segundo Varela, “imos intentar celebrar este centenario como se merece e a cifra de 100 non asusta tanto se pensamos que 35 deses actos xa van ter lugar no Festiletras, o festival que organizamos cada ano en maio na aldea do Couto”, un dos eventos máis importantes no calendario das letras galegas. Ademais, organizarán dentro da súa Escola de Verán unha actividade chamada 'Que din os rumorosos?'. ( Vía: Sermos Galiza)
Ningún comentario:
Publicar un comentario