sábado, 14 de xaneiro de 2017

TINTÍN 88 ANOS DESPOIS




O 10 de xaneiro de 1929, o debuxante Hergé, pseudónimo de Georges Prosper Remi , publicou en branco e negro no suplemento (Le Petit Vingtième) do xornal belga Le XXe Siècle, a primeira a das 24 aventuras do seu personaxe máis famoso: Tintin au pays de Soviets. As entregas apareceron en forma de álbum en 1930.


Publicación inicial en Le Petit Vingtième
(xaneiro1929-maio 1930)
Primeira páxina de Tintin au pays des Soviets
(Le Petit Vingtième, 10 de xaneiro de 1929)


Primeira edición en álbum de Tintin au pays des Soviets
(1930)
    
 O día 11 de xaneiro deste ano, 88 anos despois da súa publicación, o libro editouse por primeira vez en cor a partir do escaneado do orixinal. Puxéronse á venda 300.000 en francés.

Portada da reedición en cor
(11 de xaneiro de 2017)


Páxina 113 de Tintin au pays des Soviets
(11 de xaneiro de 2017)





Páxina 114 de Tintin au pays des Soviets
(11 de xaneiro de 2017)




Ningún comentario:

Publicar un comentario