martes, 3 de xaneiro de 2017

LIBROS MÁIS VENDIDOS EN GALEGO NO ANO 2016

Ramón Nicolás , profesor e crítico literario, publica dende hai varios no seu blog , Caderno da Crítica, listaxes dos libros galegos máis vendidos a partir dos datos aportados por varias librerías.Os que figuran no Taboleiro do libro galego, balance anual 2016 (XXXIX) son:

INFANTIL
1º-. Ledicia Costas (ilustracións de Víctor Rivas), Esmeraldina, a pequena defunta, Xerais.
2º-. Ledicia Costas (ilustracións de Víctor Rivas), Escarlatina, a cociñeira defunta, Xerais.
3º-. Érica Esmorís (ilustracións de Dani Padrón), Nena e o mar, Xerais.
4º-. Estíbaliz Espinosa (ilustracións de Lucía Cobo), Caer de cu polo universo, Apiario.

XUVENIL
1º-. Andrea Maceiras, Europa Express, Xerais.
2º-. Agustín Fernández Paz, A neve interminable, Xerais.
3º-. Carlos Meixide, Ons, autoedición.
4º-. Ledicia Costas, Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, Xerais.
5º-. Francisco Castro, Tes ata as 10, Galaxia.

NARRATIVA
1º-. Manuel Rivas, O último día de Terranova, Xerais.
2º-. Antón Riveiro Coello, Os elefantes de Sokúrov, Galaxia.
3º-. Francisco Castro, Amor é unha palabra coma outra calquera, Galaxia.
4º-. Xabier Quiroga, Izan o da saca, Xerais.
5º-. Ramón Nicolás, O espello do mundo, Xerais.
6º-. María Solar, As horas roubadas, Xerais.
7º-. Marcos Calveiro, Fontán, Galaxia.
8º-. Xosé Neira Vilas, Memorias dun neno labrego, Galaxia.
9º-. Inma López Silva, Aqueles días en que eramos malas, Galaxia.
10º-. María Reimóndez, A dúbida, Xerais.
11º-. Xosé Monteagudo, Todo canto fomos, Galaxia.
12º-. Xavier Queipo, Os kowa, Galaxia.
13º-. Manuel Gago, O anxo negro, Xerais.

POESÍA
1º-. María do Cebreiro, O deserto, Apiario.
2º-. Manuel María, Terra Chá, Fundación Manuel María.
3º-. Manuel María, Antoloxía poética, Galaxia.
4º-. VV.AA., 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, Biblos.
5º-. Manuel María, Os soños na gaiola, Fundación Manuel María.
6º-. Gonzalo Hermo, Celebración, Apiario.
7º-. VV.AA., Dez anos na porta, A porta verde do sétimo andar.

ENSAIO-TEATRO
1º-. Isidro Dubert (ed.), Historia das historias de Galicia, Xerais.
2º-. Mercedes Queixas, Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María, Galaxia.
3º-. Montse Fajardo, Un cesto de mazás, autoedición.
4º-. J. A. Gurriarán, As mulleres do monte, Galaxia.
5º-. Jorge Mira, María Canosa, Dani Padrón, ¿A que altura está o ceo?, Alvarellos.
6º-. Manuel Veiga, Manuel María buscando un país, Xerais.

LIBROS CD-DVD
1º-. Uxía e Magín Blanco, Canta o cuco, Galaxia.
1º-. Uxía, Uxía canta a Manuel María, Fundación Manuel María.
2º-. Paco Nogueiras e David Pintor, Brinca vai!, Kalandraka.
4º-. Sérgio Tannus e Luís Barbolla (ilustracións), Alegría!, Galaxia.

BANDA DESEÑADA
1º-. Davila, O bichero VI, autoedición.
2º-. René Goscinny, Albert Uderzo, Jean-Yves Ferri e Didier Conrad, (trad. de Xavier Senín e Isabel Soto), O papiro do César, Xerais.
3º-. Miguelanxo Prado, Presas fáciles, El Patito Editorial.
4º-. Jacobo Fernández, Marcopola 4. Avoa power, Xerais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario