“Os seus debuxos e pinturas testemuñan a mesma posición de realismo crítico que encontramos nos seus escritos, marcados como están uns e outros polo humor e a ironía, ao tempo que pola tristeza e a morriña. En 1907 publica a primeira corda de Caricato e debuxante da Tuna en Compostela. En 1917 abandonou definitivamente a pintura de gran formato con A tentación de Colombina para entregarse ao debuxo e a obra gráfica. Os seus debuxos entroncan a miúdo coa tradición do gravado popular e se caracterizan por unha acentuada estilización en branco e negro; de feito, gran parte da súa labor de debuxante está esparexida en distintas publicacións periódicas nas que colaborou. Na súa obra influíron a fotografía, os debuxos satíricos da prensa europea e, en opinión dos críticos máis familiarizados coa súa técnica, a estampa xaponesa. Terá na prensa o seu medio natural para a súa obra gráfica, onde dende 1922 traballou en o Diario de Galicia. Nos seus debuxos aparecen con frecuencia os principais representantes da paisaxe de Galicia, como o hórreo que máis tarde sería aceptado como anagrama pola editorial Nós”. (Vía: Ategal)
- Colección Castelao no Museo de Pontevedra:
- Álbum e debuxos da Bretaña
- Álbumes de guerra. Atila en Galicia
- Álbumes de guerra. Galicia mártir
- Álbumes de guerra. Milicianos
- As cruces de pedra na Bretaña
- As cruces de pedra na Galiza
- Cousas da vida. As mulleres
- Cousas
- Debuxos de negros
- Diario de 1921
- Os dous de sempre
- Cousas da vida. Os homes
- Os vellos non deben de namorarse. Primeira versión
- Os vellos non deben de namorarse. Versión definitiva
Ningún comentario:
Publicar un comentario