"Un dos fenómenos mais abraiantes dos que nos ofrece a natureza galega, é
unha visitante de alén do atlántico: a bolboreta Monarca, que voa miles de
quilómetros coas súas fráxiles ás, cruza o mar e visítanos cada outono cun sixilo
que non fai honra a semellante fazaña da Natureza."
No Basanta Silva agardamos impacientes a súa visita. Acontecerá alá polo mes de xaneiro deste novo ano que entra e, para facer máis doada tan longa espera, ideamos a nosa gran bolboreta monarca. Construirémola entre todos para recibir a exposición que nos chegará do CEIDA sobre esta marabilla da natureza. Xuntas e xuntos faremos moitas bolboretas de papel, que conformarán as ás desa grande bolboreta monarca, que xa todas e todos temos na imaxinación.
A continuación deixámosvos un video e unha imaxe onde se mostran os pasos a seguir:
Non é dificil! Moito Ánimo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario