luns, 7 de maio de 2018

Coiro e calzado en Bangladesh. O costo real da súa produción

As imaxes e testemuños desta exposición son froito do traballo do fotógrafo GMB Akash en Hazaribagh, Bangladesh.

A exposición céntrase nas condicións de traballo e de vida dos traballadores e as traballadoras deste distrito, onde se procesa en coiro e se produce o calzado.

A exposión é un traballo de Amarante Setem, unha organización galega que traballa na construción dunha sociedade baseada en relacións xustas a través da educación, a economía social, consumo responsable e comercio xusto.

"Coiro e calzado en Bangladesh. O costo real da súa produción", xa chegou ao instituto. Atoparédela no corredor do edificio A. Vide vela!




Ningún comentario:

Publicar un comentario