domingo, 1 de abril de 2018

BOLBORETAS

"Un dos fenómenos mais abraiantes dos que nos ofrece a natureza galega, é unha visitante de alén do atlántico: a bolboreta Monarca, que voa miles de quilómetros coas súas fráxiles ás, cruza o mar e visítanos cada outono cun sixilo que non fai honra a semellante fazaña da Natureza."

Por fin, chegou ao Basanta Silva a tan agardada mariposa! Coa exposición do CEIDA sobre esta marabilla da natureza, fixemos moitas bolboretas de papel, que conformaron as ás dunha gran bolboreta Monarca.

Con ela, recordamos as mariposas amarelas de Mauricio Babilonia en "Cien años de Soledad", viaxamos ao Xapón con Hervé Joncour na procura dos ovos de vermes de seda e á Guayana con Papillon. Bolboretas de diferentes tamaños e cores reclaman a nosa atención en manuais e guías científicas. Coas "Ás de bolboreta" vivimos historias de amor e de vida da man de Rosa Aneiros no City de Compostela, e tamén recordamos a miseria da condición humana na "Lingua das Bolboretas", de M.Rivas , con ese inesquecible rostro de frustración do mestre, ao ver ao seu alumno lanzarlle pedras cando vai, detido polos falanxistas, camiño do fusilamento.

Estas e outras moitas historias atópanse nos libros da nosa biblioteca, agardan por ti, ven e decúbreas!
 Foto de Biblioteca Santiago Basanta Silva.
A imaxe pode conter: xente sentada
Foto de Biblioteca Santiago Basanta Silva.

Foto de Biblioteca Santiago Basanta Silva.
Foto de Biblioteca Santiago Basanta Silva.
Foto de Biblioteca Santiago Basanta Silva.

Foto de Biblioteca Santiago Basanta Silva.

Ningún comentario:

Publicar un comentario