sábado, 25 de marzo de 2017

LÍRICA GALEGA

No ano 1991, o xornal El Correo Gallego empezou a publicar un suplemento cultural denominado Revista das Letras.

Incluímos o número 669 correspondente ao 17 de maio de 2007, que é unha antoloxía realizada por Helena González sobre a poesía escrita por mulleres, dende a posguerra ata hoxe.
Nesta panorámica da muller na lírica galega figuran autoras destacadas: Xohana Torres, Ana Romaní, Antía Otero, Oriana Méndez, María do Cebreiro, Maite Dono, Olga Novo, Pilar Pallarés, Emma Couceiro, Luz Pozo Garza, Helena de Carlos, Marta Dacosta, Elvira Riveiro, Yolanda Castaño, Estíbaliz Espinosa, Chus Pato, María Mariño e Lupe Gómez.

Os textos están acompañados de fotografías de Manolo Martínez.
Para a autora do monográfico, este é un "xoguete de ler, e con pracer lector, as maneiras que ensaiaron algunhas poetas desde a posguerra deica hoxe mesmo para representar as mulleres ao lonxe, difuminadas por efecto da distancia e unha luz outra que se interpón".

Ningún comentario:

Publicar un comentario