martes, 29 de abril de 2014

Concurso de CARTEIS e MARCA PÁXINAS



A biblioteca convoca un concurso de carteis e outro de marca páxinas de animación á lectura, dirixido a todo o alumnado do centro. Ámbolos dous serán orixinais e, se levan lemas, deberán estar en galego.  Presentaranse na biblioteca, nos períodos de lecer, ata o 9 de maio. Durante a semana das letras galegas expoñeranse  todos os recibidos na biblioteca, onde quedarán  permanentemente os gañadores. A debuxar!

29 de abril: encontros cos nosos escritores

O escritor Pepe Carballude visita o noso centro para falarlle ao alumnado de 1º de ESO da súa obra O deus desaparecido, que leron no 2º trimestre, e do proceso de creación. 

venres, 25 de abril de 2014

Troco de libros

  Como sabedes o mércores comezou o troco de libros na biblioteca, podedes botar unha ollada e elexir o voso, a que estades esperando!!!!


 

xoves, 10 de abril de 2014

Notición

  Que gran noticia!!! As escaleiras do gran hotel, unha novela de tramas políticas nos tempos previos á II República, valeulle a Rubén Martínez, compañeiro e amigo, os 6.000 euros do XVI Premio Vicente Risco de Creación Literaria. O xurado, que destacou a calidade das obras presentadas, tomou a decisión logo de dúas horas de deliveración. Parabens.


xoves, 3 de abril de 2014

  O equipo de Normalización Lingüística convoca o 3º Certame de Recitado de Poesía  para o mes de maio. Previamente neste mes de abril, terá lugar un taller de recitado.
 A que esperades?, participade !!!!!!




martes, 1 de abril de 2014

  Hoxe inagúrase na sala de exposicións do Basanta a mostra de fotografía "Traballos e oficios", que rematará o 30 de abril. Colaborou connosco o Instituto de Estudos Chairegos.



xoves, 20 de marzo de 2014

117 máscaras.

 Xa pasou o Antroido, ainda así, hai 117 máscaras impresas e impresionantes nun mural na entrada do Insti. Atopaches a túa? Sigue xogando...





venres, 7 de marzo de 2014

Morre Leopoldo María Panero

  Que mellor homenaxe que leer un poema seu:

BLANCANIEVES SE DESPIDE DE LOS SIETE ENANOS

  Prometo escribiros, pañuelos que se pierden en el horizonte, risas que palidecen, rostros que caen sin peso sobre la hierba húmeda, donde las arañas tejen ahora sus azules telas. En la casa del bosque crujen, de noche, las viejas maderas, el viento agita raídos cortinajes, entra sólo la luna a través de las grietas. Los espejos silenciosos, ahora, qué grotescos, envenenados peines, manzanas, maleficios, qué olor a cerrado, ahora, qué grotescos. Os echaré de menos, nunca os olvidaré. Pañuelos que se pierden en el horizonte. A lo lejos se oyen golpes secos, uno tras otro los árboles se derrumban. Está en venta el jardín de los cerezos.