Durante os días 20, 21, 22 e 23 do mes de maio tivo lugar na biblioteca do
instituto un certame de recitado de poesía con motivo da celebración do maio
cultural. Desta guisa, contamos cun gran número de participantes do primeiro e
segundo ciclo da ESO. O xurado estivo formado, como en anos anteriores, por
profesores e alumnos do equipo de normalización lingüística do centro, neste
caso, a responsabilidade de elexir aos premiados recaeu sobre o profesor de
galego Domingo Villasuso e o de bioloxía José María Fernández Segura e sobre os
alumnos Javier López Rubiera e Isabel Castro López de 1º da ESO e 1º de
Bacharelato respectivamente. Os alumnos, que durante as primeiras semanas do
mes, puideron ensaiar na bibloteca o recitado dos seus poemas, puxeron moi
complicado a elección dos gañadores ao xurado. Pero finalmente, decidimos que
os gañadores serían:
Na categoría A (rapaces de 1º e 2º da ESO), os
elexidos foron:
Modadidade Individual: Rosa María Rodriguez
Currás de 1º da ESO co poema Adios ríos;
adiós fontes de Rosalía de Castro quedou en primeiro lugar, Silvia López
Lorenzo de 2º da ESO con Que pracidamente
brilan tamén de Rosalía de Castro acadou a segunda posición e Manuel
Francisco Lamela Gómez de 1º da ESO, logrou o áccesit co poema Xa nin rencor nin desprezo de novo de
Rosalia de Castro.
Modalidade Parellas: En primeiro lugar Sara
Leal Rey e Natalia Prestes Camba de 2º da ESO co poema Campanas de Bastabales de Rosalía de Castro, na segunda posición
Ayné e Marcos Novo Yáñez de 1º da ESO con Si
eu tiver a fror do lume de Manuel Luís Acuña e o áccesit foi para Manuel
Lamela Gómez e Sergio López Ramudo de 1º da ESO co poema Sen paz xean-se as palabras de Xulio Válcarcel
Na catagoría B
(rapaces de 3º da ESO), gañaron:
Modadidade Individual: En primeiro lugar Daniel Rego Yáñez co poema A Pablo Neruda de Antonio García
Teijeiro, no segundo, Jorge Basanta Trillo con Oh…! de Lois Pereiro e
Alberto Ferreiro Díaz conseguiu o áccesit con para Méndez Ferrín de X. Costa Clavell.
Modalidade Parellas: Celine Fernández
Janeiro e Cristina Muñiz Santalla co
poema Rondeau das señoras donas…de
Álvaro Cunqueiro quedaron en primeiro lugar, Andrea Díaz Lozano e Paula García
Joven con A Pual Èluard de Luz Pozo
Garza en segundo lugar e Claudia Basanta Hermida e Antía Fernández Quintela con
Sós de Manuel Antonio levaron o
áccesit.
Noraboa aos gañadores e
graciñas a todos os que vos animastes a participar!