sábado, 1 de outubro de 2016
venres, 30 de setembro de 2016
DÍA INTERNACIONAL DA TRADUCIÓN
Como cada ano desde fai xa medio século, en coincidencia coa festa de San Xerome, considerado por moitos o primeiro tradutor e patrón dos tradutores, o 30 de setembro celébrase o Día Internacional da Tradución. Trátase dunha iniciativa promovida pola Federación Internacional de Traductores (FIT) , coa que se pretende render anualmente unha homenaxe a todos os homes e mulleres que se dedican a esta profesión crave para o mundo do libro.
Baixo o lema Connecting Worlds, nesta edición farase fincapé no rol de tradutores e intérpretes como facilitadores da comunicación entre as persoas, conectando mundos e fomentando a comprensión. (Vía: Observatorio de la Lectura y el Libro)mércores, 28 de setembro de 2016
AS ARTES NA BIBLIOTECA: TRES, DOUS, UN.... ACCIÓN!
Empezamos a andaina cunha pequena guía dalgunhas das películas que podedes atopar na biblioteca.
mércores, 14 de setembro de 2016
COMEZAMOS UN CURSO NOVO
"Biblioteca escolar - Territorio das Artes" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo do curso 2016/2017 con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. Nesta ocasión foi MINIA REGOS a creadora convidada a interpretar o lema anual.
A imaxe creada por Minia Regos garda moitas sorpresas para as lectoras e os lectores; propón un xogo de exploración e aventura por este "territorio" complexo e engaiolante que é toda biblioteca escolar.
Nos últimos anos, as bibliotecas escolares demostraron que é posible integrar as ciencias e as humanidades nas actividades de lectura e de acceso e construción do coñecemento. Os materiais de divulgación científica, os xogos matemáticos, a xeografía ou as aventuras da exploración física ou simbólica foron temática de traballo e son xa parte esencial das programacións e dos proxectos coordinados desde as bibliotecas. Cómpre agora facer visible esa parte do coñecemento humano que conecta directamente coa creatividade: as Artes todas teñen cabida na biblioteca escolar e así o demostran as múltiples actividades programadas anualmente con está temática.
Biblioteca escolar, territorio das Artes convida a explorar fórmulas para espertar nos lectores e nas lectoras o interese por achegarse e apreciar os produtos artísticos, pero sobre todo a experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos). ( Vía: Bibliotecas escolares de Galicia)
sábado, 16 de xullo de 2016
A AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ, IN MEMORIAM
Dende a biblioteca que leva o teu nome queremos compartir a túa mensaxe, que nos abraiou e encheu de ledicia.
Non chegaches a cumprir os teus anunciados desexos, mais estarás sempre no lugar dos teus xogos infantís. S.T.T.L.
- A forza indicíbel do Agustín, por Suso de Toro.
- Agustín Fernández Paz demostrou que é posíbel facer unha literatura universal na nosa lingua. (Entrevista a Manuel Bragado en Sermos Galiza)
- Agustín Fernández Paz foi unha persoa nobre, clara e de conviccións transparente. (Entrevista a Eulalia Agrelo en Sermos Galiza)
- Agustín Fernández Paz. (Especial Diario Cultural)
- Grazas, Agustín!, por Mercedes Queixas.
- Non cabe na morte, por Ramón Nicolás.
- O amor que nos deixa, por María Solar.
- O fío do leite, por Manuel Rivas.
- Os fíos da vida, por Daniel Landesa.
- Todo o que queda é o amor, por Mercedes Queixas.
xoves, 14 de xullo de 2016
martes, 12 de xullo de 2016
FALECEU AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
“O escritor Agustín Fernández Paz, unha das persoas que máis contribuíu literaria e persoalmente á dinamización do proxecto cultural de Xerais, faleceu ás 07 horas desta mañá no seu domicilio de Vigo. (…)” (Xerais)
Unha triste nova para a literatura xuvenil e para a nosa biblioteca.
luns, 4 de xullo de 2016
sábado, 2 de xullo de 2016
PEQUENA HOMENAXE A AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
Vídeo:
Fotografías:
Texto:
Presentación de diapositivas proxectada:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


