sábado, 28 de xaneiro de 2017
xoves, 26 de xaneiro de 2017
INCORPORACIÓNS GRATUÍTAS
Contamos con estes títulos grazas á amabilidade de dúas persoas.
Podedes ler os seus resumos premendo sobre as portadas.
Podedes ler os seus resumos premendo sobre as portadas.
mércores, 25 de xaneiro de 2017
DÍA DA ILUSTRACIÓN 2017

No ano 2014, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promoveu por vez primeira, a celebración do Día da Ilustración en Galiza. A data, o 30 de xaneiro, foi escollida por coincidir co aniversario do nacemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
![]() |
| Ilustradora: Perrilla |
A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) en colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a “quere homenaxear cada ano un un grande ilustrador galego que mereza ser redescuberto polas novas xeracións de lectores e creadores".
Este ano a figura escollida é o debuxante, caricaturista e pintor coruñés Álvaro Cebreiro.

A Subdirección Xeral de Bibliotecas e a AGPI produciron un vídeo “para a difusión da súa vida e obra en internet, especialmente nas redes sociais”:
- Actividades programadas nas bibliotecas co gallo do Día da Ilustración
- O Día da Ilustración na Biblioteca de Galicia
- Álvaro Cebreiro no Museo de Belas Artes da Coruña
- Declaración da AGPI na primeira celebración do Día da Ilustración
martes, 24 de xaneiro de 2017
OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA
A biblioteca e o Departamento de Educación Plástica e Visual organizan esta actividade, co gallo de conmemorar o Día da Ilustración, na que participará o alumnado de Cultura Audiovisual de 1º e 2º de Bacharelato. Será impartido por Xosé Tomás, pertencente ao grupo DIVERXE.
Este ilustrador, humorista gráfico, guionista e profesor de inglés de ensino secundario, gañou no 2010 xunto con Manuel Guisande o Premio Isaac Díaz Pardo da Asociación Galega de Editores ao mellor libro ilustrado do ano pola serie Rodribico. Nos anos 2012 e 2014 obtivo o Premio Fervenzas Literarias ao mellor ilustrador do ano. No 2013 foi galardondo xunto con María Solar co Premio Frei Martín Sarmiento ao mellor álbum ilustrado (Vou ter un irmán)
As súas obras e actividades son moi variadas: a ilustración infantil e xuvenil, a banda deseñada, a publicación de viñetas e humor gráfico en revistas e xornais, o cartelismo didáctico, a impartición de obradoiros de ilustración e banda deseñada, etc.
Velaquí tedes algunhas das súas ilustracións:
Aquí hai máis.
“Nos anos que levo impartindo obradoiros de ilustración e banda deseñada por colexios e institutos, teño comprobado varias cousas: que a xente nova le moi pouco cómic (ou BD, ou historieta, ou...). Que ás veces os docentes temos un prexuízo inconsciente de que se trata dun xénero ‘menor’ (sen ter en conta que se trata dun medio de lectura complexa). E a constatación máis importante e preocupante é que o noso sistema educativo, e os currículos en xeral, non teñen moi en conta á imaxe coma un medio de expresión natural nos nenos e nenas”. (Xosé Tomás)
- Páxina web de Xosé Tomás
- Blog de Xosé Tomás
- Xosé Tomás en Diverxe
- Galicia dende a banda deseñada: unha modalidade literaria en expansión, de Isabel Mociño González
PREMIOS FERVENZAS LITERARIAS
Tras pechar o día 15 de xaneiro o prazo de votacións temos, un ano máis, os resultados onde as lectoras e os lectores de Fervenzas Literarias decidiron o que ao seu xuízo foi o mellor do 2016. En total, este ano recibimos 420 enquisas válidas.
Queremos agradecervos a todas e a todos as dez edicións nas que levades escollendo, a través dos vosos votos, os mellores libros do ano.
Desde Fervenzas Literarias queremos recoñecer a vosa participación e o voso interese en colaborar para formar estes listados de libros. Moitísimas grazas, xa que sen ese tempo que dedicades en votar sería totalmente imposible este traballo.
E agora os resultados... Os nosos parabéns aos premiados e premiadas!!! (Vía: Fervenzas Literarias)
|
Mellor libro de
narrativa
A ferida do vento
Antón Riveiro Coello
(Galaxia)
|
Mellor libro de poesía
Os fillos da fame
Ismael Ramos
(Xerais)
|
Mellor libro de
ensaio/investigación
Historia das Historias de Galicia
Isidro Dubert (ed.)
(Xerais)
|
|
Mellor libro de teatro
A filla de Woody Allen
Santiago Cortegoso
(Morgante)
|
Mellor álbum de banda
deseñada
Presas fáciles
Miguelanxo Prado
(El Patito)
|
Mellor libro traducido
para público adulto
Festa no xardín
Katherine Mansfield
(Rinoceronte)
|
|
Mellor libro literatura
xuvenil
Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta
Ledicia Costas
(Xerais)
|
Mellor libro literatura
infantil
Esmeraldina, a pequena defunta
Ledicia Costas
(Xerais)
|
Mellor libro traducido
de LIX
Unha última carta
Antonis Papatheodoulou
(texto)
Iris Samartzi
(ilustración)
(Kalandraka)
|
|
Autor/a do ano
Diego Giráldez
|
Ilustrador/a do ano
Miguelanxo Prado
|
Mellor capa de adultos
Galería de saldos
(Xerais)
|
|
Mellor capa de LIX
Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta
|
Mellor editorial do ano
Galaxia
|
Crítico/a literario
Armando Requeixo
|
|
O mellor acontecido no
2016
Culturgal
|
O peor acontecido no
2016
Pasamento de Agustín
Fernández Paz
|
Mellor libraría
Libraría Couceiro
(Santiago de Compostela)
|
|
Mellor medio de
comunicación
Praza
|
Mellor blog/web
literaria
Criticalia
|
|
BIBLIOTECAS DE AULA
Levounos o seu tempo poñelas en marcha xa que as refixemos todas e rediseñamos e completamos o caderno, pero xa empezaron a saír da biblioteca as caixas con un total de 462 exemplares para os 18 grupos de ESO (1º: 111, 2º: 126, 3º: 133 e 4º: 92)
GOZADE DA LECTURA... NAS AULAS!
A CHEGADA DAS PRIMEIRAS GRÚAS
Etiquetas:
Actividades da biblioteca,
Artes,
Comunidade escolar,
Conmemoracións,
Fomento da escritura,
Fomento da lectura,
Paz e non-violencia,
Titorías
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

















