sábado, 4 de marzo de 2017

VARIOS CONCURSOS


DENOMINACIÓN
Descrición ou temática
Destinatarios/as
Prazos
Máis información

XXVI Concurso Patrimonio Nacional de Pintura Infantil y Juvenil 

Os interiores e/ou exteriores de elementos do Patrimonio Nacional e dos vinculados historicamente á Coroa española.
Alumnado de 5º y 6º de Educación Primaria e 1º e 2º de ESO.
Inscrición: ata o venres 17 de marzo de 2017.
Presentación dos traballos: ata o venres 7 de abril de 2017.

XXIV Certamen Literario Relato Corto Camargo

Fomentar os valores literarios e promover a linguaxe escrita como medio de expresión e comunicación.
Categorías:
A) De 14 a 18 anos.
B) De 19 a 35 anos.
Ata o día 16 de marzo, ás 20:00 horas.

XI Edición del concurso de fotografía ¿Cómo T vistes, cómo T ves? 

Reflectir nunha imaxe, a relación persoal coa indumentaria e o seu vínculo co mundo musical.
Alumnado de entre 12 e 18 anos de ESO e FP.
Ata as 14:00 h. do 7 de abril de 2017.

XVII Concurso "Cuentos sobre Ruedas"

Fomentar a creación literaria referida ao ámbito das viaxes e o transporte en autocar, así como promover o hábito da lectura entre os viaxeiros.
Persoas de calquera idade.
Ata o 30 de abril de 2017.

VIII Concurso Escolar '¿Cuánto tiempo tienes para mí?

Expresar a necesidade de compartir máis tempo coas súas familias, creando novos espazos de conciliación.
Alumnado de Educación Primaria (de 6 a 12 anos) e de ESO (de 12 a 16 anos).
Ata ao 31 de maio


ENCONTRO CON YOLANDA CASTAÑO

O vindeiro xoves 16 de marzo estará con nós a poetisa, conferenciante, articulista e dinamizadora cultural Yolanda Castaño.

Esta actividade, organizada polo equipo da biblioteca en colaboración co Departamento de Lingua e Literatura Galega e o ENDL, está dirixida ao alumnado de 1º de ESO e realizarase na biblioteca en dúas sesións: de 11:45 a 12:35 (1º A e 1º D) e de 12:35 a 13:25 (1º B e 1º C).

Consistirá nun breve achegamento ao xénero poético seguido dun recital comentado con proxección de videopoesía. A súa finalidade será “rachar os seus prexuízos sobre a poesía, desmontar estereotipos e achegalos a este xénero poético que ha ter moito máis que ver con eles do que pensan”.


venres, 3 de marzo de 2017

CHARLA-DEBATE SOBRE A IGUALDADE DE XÉNERO

Esta actividade organizada polo equipo da biblioteca e o Departamento de Orientación co gallo da celebración do Día Internacional da Muller está destinada ao alumnado de 4º de ESO e terá lugar o vindeiro 8 de marzo ás 12:00.

O seu obxectivo e promover a reflexión sobre a igualdade de xénero. Proxectarase o documental Aprendendo a cambiar o conto, experiencia audiovisual protagonizada por rapaces e rapazas de 3º da ESO do IES de Tomiño (Galicia), ideada e dirixida por Marta Piñeiro a partir dunha iniciativa do Concello de Tomiño para o Día Internacional das Mulleres de 2014. Foi seleccionada no 2014 no 6º Festival Latinoamericano Imágenes Sociales e no V Festival Internacional de Cine Mujeres en Foco (Arxentina).




A continuación, haberá un coloquio coa creadora do mesmo, directora nas series da TVG : Rías Baixas, Libro de familia, Padre Casares, O Nordés de Matalobos  e Premio Mestre Mateo á Mellor Realización en 2009 e 2011 polas dúas últimas. 


EXPOSICIÓN TEMÁTICA


 






xoves, 2 de marzo de 2017

CINCUENTENARIO DA MORTE DE AZORÍN

José Augusto Trinidad Martínez Ruiz, ‘Azorín’, ensaísta, novelista, autor de teatro e crítico pertencente á Xeración do 98, naceu en Monóvar (Alicante) o 8 de xuño de 1873  e faleceu en Madrid o 2 de marzo de 1967.

No mes de setembro de 2016, o pleno das Cortes Valecianas aprobou declarar 2017 como Ano Azorín.




venres, 24 de febreiro de 2017

DÍA DE ROSALÍA

Hoxe, no 180º aniversario do nacemento de Rosalía e no curso no que o lema das bibliotecas escolares é: Biblioteca Escolar. Territorio das Artes, propoñévosmos que escoitedes varios poemas seus orquestados.

  • Nasín cando as prantas nasenpor Andrés Gaos (música), Juan Durán (orquestación), Cristina Gallardo-Domâs (soprano) e Orquestra Gaos.




  • Cantart'ei, Galicia, Por que?, Adiós ríos, adiós fontes e Vamos bebendo, por Nuria Real (soprano) e Real Filharmonía de Galicia.

  • Doce sono e Negra sombra, por Juan Montes (música), Marta Sancho (arreglos, voz e clarinete) e Jorge Abreu (piano).





xoves, 23 de febreiro de 2017

QUE É POESÍA?

Xa se escribiron varias contestacións en diferentes linguas, mais aínda hai moito espazo baleiro.

Seguide escribindo as respostas!




mércores, 22 de febreiro de 2017

"DON JUAN TENORIO"



A figura de Don Juan, o transgresor de todas as ordes e estamentos, creada por Tirso de Molina en El burlador de Sevilla y convidado de piedra (1630), fue transformada por José Zorilla en Don Juan Tenorio. Drama religioso-fantástico en dos partes (1844), a obra máis representada do teatro español.



Este personaxe tivo gran influencia tanto na literatura universal: Dom Juan de Molière (1665), Don Juan de Lord Byron (1821), como na música: a ópera Don Giovanni de Mozart (1787) ou o poema sinfónico Don Juan, de Strauss (1888).