luns, 11 de maio de 2015

A NOSA BIBLIOTECA NO TEMPO:1965-2015

Xa a piques de retirar a exposición de libros representativos da historia da nosa bibblioteca, con edicións dende 1928 ata 2015, se vedes que vos apetece sentir o papel da historia nos vosos dedos pasade pola biblioteca. Temos libros antigos, curiosos, libros para esquecer; edicións que leu ou polas que estudaba o profesorado actual, e que  lles traerán bos e malos recordos, pero tamén nostalxia.  Pasamos do branco e negro ás edicións ilustradas a toda cor con deseños sofisticados; dos anos da ditadura á democracia, da negación da nosa lingua e a nosa cultura aos primeiros libros en galego, e ás primeiras edicións completas de libros antes censurados. Libros que son verdadeira testemuña  social da década na que se publicaron: a época brutal das drogas, o boom dos videoxogos, cómics, mangas....ata chegarmos aos libros electrónicos.




Ningún comentario:

Publicar un comentario