martes, 26 de xaneiro de 2016

CATRO SÍMBOLOS DA PAZ

A pomba 

En 1949, despois da Segunda Guerra Mundial, celebrouse en París o Congreso pola Paz e o Partido Comunista Francés pediulle a Pablo Picaso que deseñase un debuxo que simbolizase o Movemento da Paz. 
A pomba branca levando un ramo de oliveira no seu pico ten o seu antecedente no Diluvio Universal do Antigo Testamento.


O CDN
Este símbolo antibelicista, foi creado en 1958 por Gerald Holtom para a Campaña polo Desarmamento Nuclear (CDN), unha organización británica xurdida para protestar contra a fábrica de armamento nuclear de Aldermaston, a un centenar de quilómetros de Londres. 
Nos anos 60 e 70 utilizouse nas loitas polos dereitos civís, contra o racismo e contra a guerra de Vietnam nos Estados Unidos, contra a invasión soviética de Praga e nas protestas de maio do 68 en París. Tamén foi usado polo movemento hippy e o punk.

A bandeira da paz
É un símbolo creado por Nicholas Roerich, fundador dun movemento de protección cultural. O seu autor describiu o círculo como representación da eternidade (presente, pasado e futuro) e os tres puntos como as actividades culturais máis universais (a arte, a ciencia e a relixión).
Foi aceptada por unanimidade por todos os países de América en 1935, cando se asinou o Pacto Roerich o PaxCultura, co obxecto de preservar o acervo cultural da humanidade. 

O signo da “V” feito cos dedos
Comezouse a usar en Europa durante a Segunda Guerra Mundial, cando se pintaba nas paredes de Bélxica, os Países Baixos e o norte de Francia unha “V” de vitoria como símbolo de liberación fronte ás forzas de ocupación.
Os movementos pacifistas de todo o mundo usárono nos anos 60 e 70 como símbolo da vitoria da paz e a verdade e do desexo de acabar coa guerra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario