domingo, 12 de febreiro de 2017

AEROPORTO ROSALÍA DE CASTRO


Nela argumentase que “cando pensamos nunha imaxe icónica de Galicia aparécesenos unha persoa que brilla con luz propia, unha figura fundamental da literatura europea, a escritora máis representativa da lingua galega, unha muller que naceu en Compostela: Rosalía de Castro, de quen este ano conmemoramos o que sería o 180 aniversario do seu nacemento”.

Pídese ao Ministerio de Fomento e a Aeropuertos Españoles y Navegación Aérea (AENA) que “aproben e dean efecto ao cambio de denominación” e demandan ás “institucións e entidades culturais, empresariais, sociais,etc. da nosa cidade e do resto do País o apoio” á declaración.

O Concello de Santiago contou con diferentes apoios (Fundación Rosalía de Castro, Real Academia Galega, Consello da Cultura Galega, Parlamento de Galicia, etc.) e o Ministerio de Fomento deu o visto e prace á iniciativa o 1 de febreiro.

venres, 10 de febreiro de 2017

"CRIATURAS"

Esta publicación dixital sobre a Literatura Infantil e Xuvenil de Galicia, coordinada pola escritora Ledicia Costas e polo poeta e deseñador Daniel Landesa. O número cero presentouse o día 6 de decembro de 2014 dentro das actividades do Culturgal

Landesa afirmou nunha entrevista concedida a Marcos Pérez Pena en Praza“Criaturas responde a un baleiro que nós notabamos. (…) Non atopabamos ningunha publicación que se dedicase en exclusiva ao ámbito da literatura infantil e xuvenil. Escollemos o formato web para Criaturas e polo de agora esa vai ser a canle na que debemos crecer (...) Non é unha revista infantil. Contámolo porque xa houbo quen nos preguntou. Mais tampouco é unha revista académica. Trátase dunha publicación de divulgación. Cremos que pode ser unha ferramenta de moita utilidade para persoas que traballan con actividades de promoción da lectura, profesorado, persoal de bibliotecas, nais e pais interesadas en achegarlles novas lecturas ás pequenas e aos pequenos".

Números da revista publicados ata agora, aos que podedes acceder dende as súas portadas:


                                      



A TABLA PERIÓDICA DA ORTOGRAFÍA DO CASTELÁN

Juan Romeu Fernández, lingüista e colaborador da RAE, é o creador desta orixinal táboa.

O seu autor dixo: La idea surgió de pura casualidad. Un día iba en el autobús volviendo de trabajar y me saltó una foto en Facebook en la que salía un amigo mío posando con una tabla periódica detrás… De pronto lo vi claro: ¿y si hacemos una tabla periódica con normas de ortografía?

Debaixo de cada símbolo químico hai unha norma de escritura, pronuncia, etc. relacionada con el:
      

  


Foi publicada en Sin Faltas no ano 2016 e a páxina estivo inaccesible debido ao gran número de visitas. Compartiuse 3.500 veces nun fin de semana, converténdose nun fenómeno viral.
 



mércores, 8 de febreiro de 2017

O PAPAGAIO

Xa temos na biblioteca este "xornal para a xente miúda" do Estudio Carreiro, que contén diferentes seccións: Actualidade, Ecoloxía, Entrevista, Arte, Historia, Natureza, Como funcionan as cousas, Ensino, etc. A súa periodicidade é mensual. 


En outubro de 2016 publicouse o pimeiro número, que podedes ler premendo sobre a súa portada:



martes, 7 de febreiro de 2017

MOCHILAS VIAXEIRAS

Hoxe, despois de moitos anos, botamos a andar as mochilas. Levounos o seu tempo porque tentamos facelas moito coidado para que fosen atractivas. Rotarémolas entre o alumnado dos grupos do PMAR.

Xa comenzou a andaina! Agardamos que gocedes delas.


 



Materiais elaborados:

Compromiso
      
Carta ás familias



















Caderno de viaxe:





OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA

Xosé Tomás estivo connosco o día 30 de xaneiro dirixindo este obradoiro que organizou a biblioteca para conmemorar o Día da Ilustración.

O alumnado asistente escoitou con atención as súas explicacións sobre a banda deseñada (as denominacións usadas en varios idiomas, a orixe, as características principais, os elementos fundamentais, etc.) e puxo en práctica o aprendido.



O ilustrador deixounos a presentación que utilizou:



e tivo a xentileza de adicarnos un dos seus libros, Nómades:




PRÓXIMO RETO NO NOSO CENTRO

A gran maioría de vós participastes no reto das 1000 grúas proposto polo equipo da biblioteca, ou en The Big Challenge.

Tamén vimos nas aulas, os corredores, o patio, etc. mostras dun desafío, o water bottle flip challenge ou reto do lanzamento da botella, que consiste en lanzar unha botella parcialmente chea de auga, que dea todas as voltas posibles e, ao caer, quede de pé e sen moverse.

O mozo Mike Senatore realizou ese lanzamento nun concurso escolar de talentos en Charlotte, EE. UU. O vídeo publicado en YouTube ten xa máis de sete milones de reproducións. 



O venres 17 de febreiro temos outro reto, o proposto pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), #RosalíaTe, para conmemorar o Día de Rosalía. Esta asociación propón que o alumnado de Educación Secundaria e Bacharelato interaccione visualmente coa obra ou a figura de Rosalía (de modo, por exemplo, que no vídeo resultante se poidan ler versos completos de Rosalía de Castro, ou que se poidan intuír artisticamente os contidos da súa obra…)”.


Ide pensando como facelo!

luns, 6 de febreiro de 2017

UN RETO MÁIS


“MANNEQUÍN CHALLENGE"

Manequín é unha palabra do mundo da confección que chega a nós a través do francés mais que tería por orixe o holandés ou flamengo manneken, que significa “home pequeno”. Os primeiros “homes pequenos” eran as figuras de madeira que servían de modelo para os artistas –pintura, escultura…–. Logo pasarían a simular ser un torso humano que usaban os xastres para a confección de prendas. Dise que foi Charles Fréderic Worth, creador do concepto alta costura, quen en 1858 comezou a exhibir as súas creacións sobre unhas bonecas con trazos e forma humana, o que sería co tempo a semente dos desfiles tal como hoxe os coñecemos.

O termo púxose de moda nos últimos tempos por causa do mannequin challenge, algo que que podemos adaptar como o reto do manequín e que consiste en gravar e difundir un vídeo en que os protagonistas quedan totalmente inmobilizados nunha postura especial. Xurdiu por unha ocorrencia dunha moza dos EE.UU, usuaria de Twitter, quen publicou un vídeo da xente do seu instituto facendo de manequín. Non pasaba dunha brincadeira entre deles. Púxolle o cancelo: #MannequinChallenge, e o invento espallouse a todo meter. Ao pouco non había famoso que se prece que non fique conxelado, mesmo unha candidata á presidencia estadounidense. O obxectivo: o divertimento, aínda que en ocasións tamén transmiten algunha reivindicación. Feitos por aquí, xa temos varios, e os pioneiros foron este do IES da Chapela, “O galego non para”, e mais estoutro da Universidade de Vigo. 

Lingüisticamente atopamos a locución en inglés mannequin challenge ou o híbrido manequín challenge. Porén, recorrer ao estranxeirismo, neste caso, non é preciso xa que a intención queda perfectamente recollida na frase reto do manequín ou desafío do manequín. (Vía: O Portal das Palabras)