Este proxecto xorde da necesidade de contar con actividades dixitais para traballar a comprensión lectora a partir de libros de literatura galega. Facendo uso das novas tecnoloxías e aproveitando os recursos que nos ofrece aula Abalar na que traballamos, deseñamos una serie de actividades encamiñadas a formar lectores competentes. Estes materiais foron elaborados durante unha licenza por estudos.
Os materiais que presentamos están destinados á materia de Lingua e Literatura Galega do terceiro ciclo de EP, pero tamén poderán ser empregados como material interdisciplinar para traballar a lectura. Partindo da lectura dun libro, deseñamos unha serie de actividades, para o que utilizamos a ferramenta de autor EdiLim, encamiñadas á adquisición dunha boa competencia lectora.
Os libros a partir dos que se deseñaron as actividades son:
- Bala Perdida, de Manuel Rivas.
- As flores radiactivas, de Agustín Fernández Paz.
- A chave da Atlántida, de Anxo Fariña.
- O carteiro de Bagdad, de Marcos S. Calveiro.
- Vaia tropa!, de Antón Cortizas.
- A lagoa das nenas mudas, de Fina Casalderrey.
(Vía: Revista Galega do Ensino)
Ningún comentario:
Publicar un comentario