domingo, 5 de febreiro de 2017

DÍA DE ROSALÍA 2017


A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) disponse a conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro. O 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contan con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo, como se pode comprobar no arquivo audiovisual e de imaxes da nosa web.

Desde o profundo da voz e co seu canto radical e solidario, Rosalía de Castro mobiliza a nosa conciencia colectiva, galega e universal. A obra de Rosalía, adiantada ao seu tempo, fala tamén para a mocidade do século XXI: adáptase, camaleónica, a todos os soportes e medios de difusión tecnolóxica, en papel ou dixitais.


Alén do acto central, que terá lugar ás 12:00 do domingo 19 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, a AELG en colaboración coa súa base asociativa está organizando por todo o país lecturas públicas da obra de Rosalía de Castro.
En todos estes actos lerase o tradicional manifesto da AELG, que este ano elaborará a escritora Ledicia Costas.

Actividades propostas pola AELG para os centros de ensino
Desde a AELG, convidamos á comunidade educativa a que se implique de forma activa nesta festa que celebra o nome e a obra da poeta maior de Galicia, chave mestra da nosa literatura e da nosa conciencia como pobo. Por iso, para expandir o poder da súa palabra entre a xente nova, a AELG convida a celebrar o Día de Rosalía de Castro nos centros de ensino con estas accións colectivas de difusión da súa obra:
Educación Secundaria e Bacharelato
Propoñemos para o venres 17 de febreiro a gravación no centro dun Mannequin Challenge. Respondendo ao lema desta iniciativa (#RosalíaTe), propoñemos que o alumnado interaccione visualmente coa obra ou a figura de Rosalía (de modo, por exemplo, que no vídeo resultante se poidan ler versos completos de Rosalía de Castro, ou que se poidan intuír artisticamente os contidos da súa obra…).
Estes vídeos serían subidos polo centro á rede, antes do 24 de febreiro, coa etiqueta #RosalíaTe. (Vía: AELG)

"DE DUCIA EN DUCIA POLA LINGUA"


O Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia presenta o novo produto documental De ducia en ducia pola lingua, unha visita polos seus fondos a través de Pinterest.




Conscientes de que só se conserva aquilo que se comparte, unha ducia de taboleiros temáticos ilustran desde hoxe o patrimonio documental galego xerado no proceso de normalización da nosa lingua.
Gardar, protexer e difundir. Estes son os compromisos do CDSG que agora canaliza a través desta ferramenta en liña. Aínda que todo o fondo pode consultarse na nosa sede, con este espazo que abrimos, procuramos o aproveitamento de recursos tecnolóxicos ao alcance do público xeral para achegarlle unha mostra destes 20 anos de cooperación coas institucións, entidades sociais e persoas que promoven o uso e difusión do galego.
Trátase dunha selección de imaxes que amosan a singularidade, a riqueza e a importancia do patrimonio documental que o CDSG custodia. Estes doce taboleiros permiten fixar a mirada nos ámbitos de maior intensidade ou demanda de intervención; así mesmo, dentro de cada taboleiro ofrecemos doce documentos que simbolizan a diversidade de mensaxes, accións e estratexias desenvolvidas desde os anos 60 do século pasado na defensa e promoción do noso idioma. (Vía: Consello da Cultura Galega)

PREMIOS GOYA

A Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España “celebra la calidad del cine español con la entrega de los Premios Goya a los mejores profesionales de cada una de las especialidades técnicas y creativas. A lo largo de su historia, la Academia ha reconocido con el Goya, o con su nominación, el trabajo tanto de técnicos, profesionales anónimos para el gran público, como de grandes estrellas españolas y foráneas”.


“No tengo la menor duda de que si Goya viviera hoy sería un cineasta. Entre la ficción y el documental se movería nuestro aragonés con la misma energía y desenvoltura, con el mismo talento, con la misma imaginación con la que siglos atrás dedicó una parte de su vida a dibujar y a pintar. Amigo de “ilustrados”, amante de la música antes de su sordera, hombre preocupado por su tiempo, observador implacable de la realidad, apasionado por la vida y por un trabajo que era, al mismo tiempo, necesidad expresiva y crónica de su propia vida. Era un cineasta creativo y poderoso antes de inventarse el cine. Por ello nada más acertado que llamar GOYA a los premios de nuestra Academia de Cine”. (Carlos Saura)


A visita virtual de Acción Cultural Española amósanos fragmentos, fichas téncicas, datos de produción, etc. das películas gañadoras dende o 1987 ao 2013.



Onte á noite celebrouse a 31ª edición dos Premios Goya. 

Premendo na seguinte imaxe accederes á páxina oficial, que contén as fichas técnicas e outros datos sobre cada un dos galardóns.



USOS DOS ELEMENTOS QUÍMICOS


O físico Keith Enevoldsen creou esta táboa periódica interactiva con ilustracións. 

Ao pasar o cursor sobre calquera dos elementos, veremos unha explicación da súa clasificación e exemplos de como se utiliza na vida cotiá.



Apetéceche explorar o marabilloso mundo dos elementos químicos? 




sábado, 4 de febreiro de 2017

CURTAMETRAXES SOBRE A HISTORIA DA ARTE

Educación 3.0 la revista para el aula del siglo XXI publicou unha entrada interesante, "8 curtametraxes para aprender Historia da arte", elaborada  a partir das recomendacións da Iria Portas Rodríguez, profesora de Historia de ensino secundario.


1. Dripped, de Léo Verrier (2009)

Nesta homenaxe a Jackson Pollock, o protagonista, un apaixonado da pintura na cidade de Nova York, desvalixa os museos ao longo do día durante a década dos 50. O seu procedemento é o seguinte: rouba cadros, os oculta na súa casa e logo cómeos. As grandes obras son o seu alimento e lévanlle a un estado de éxtase moi profunda. Con todo, a medida que as vai comendo, estas van desaparecendo.
 





2. Destino, de Dominique Monféry (2003) 

Un encargo que lle fixo Walt Disney ao gran mestre do surrealismo, Salvador Dalí, en 1948, tomando de referencia a canción Destino do mexicano Armando Domínguez. Tiña que combinar bailes e debuxos para formar unha longametraxe, que finalmente quedou inconclusa. Non foi ata o ano 2003, cando se retomou o traballo a través dos bosquexos e instrucións que deixara o propio Dalí.






3. None of that, de Kriti Kaur, Isabela Littger de Pinho, Anna Hinds Paddock (2015)
Un vixiante nocturno recibe a visita inesperada dunha monxa que fará todo o posible por establecer a censura entre aquelas obras de arte que o empregado pretender defender. O David de Miguel Ángel será o seu máximo obxectivo.





4. The “D” in David, de Michelle Yi e Yaron Farkash (2016)
O David de Miguel Ángel é sinalado e humillado polas demais obra de arte debido ao tamaño do seu pene. Avergoñado, abandona o seu podio e escapa.
 





5. The solid affair, de Leow Yuh Hann (2014)
Unha historia de coqueteo entre dúas obras escultóricas. Faise alusión á Venus de Milo, aos templos gregos, ao David de Miguel Ángel ou ao Pensador de Rodin.






6. Fugu, de Arthur Philippe (2012)
Un peixe globo pretende escapar das garras dun chef que está disposto a cociñalo. Cre que a súa salvación está en La gran ola de Kanagawa de Hokusai.





7. Mona Lisa Descending a Staircase, de Joan C. Gratz (1992)
Combinación de obras mestras de 35 notables artistas de fama e prestixio na historia da pintura, coa Mona Lisa de Leonardo da Vinci como punto de partida.






8. Les Pyramides d’Égypte, de Corentin Charron, Lise Corriol, Olivier Lafay E Nicolas Mrikhi (2013)
Un arqueólogo está a piques de descubrir os segredos das pirámides de Exipto na época dos anos 20.






xoves, 2 de febreiro de 2017

mércores, 1 de febreiro de 2017

CENTENARIO DO NACEMENTO DE JOSÉ LUIS SAMPEDRO



Hoxe cumpriuse o primeiro centenario do natalicio de José Luis Sampedro, escritor e economista, nado en Barcelona o 1 de febreiro de 1917 e finado en Madrid o 8 de abril de 2013.





Algunhas das súas citas: 

“Desde que, en mi infancia, Salgari me llevó a vivir entre los bucaneros del Caribe, hasta ahora en que puedo asomarme a las mitocondrias y su discutido misterio en las células, mientras yo no pierda los ojos ni la razón, la lectura llenará mis deseos, provocará otros y me descubrirá lo que no sospecho dando a mi limitada vida física perspectivas innumerables”.

“El mercado está en manos de los poderosos. Dicen que el mercado es la libertad, pero a mí me gustaría saber qué libertad tiene en el mercado quien va a vivir sin un céntimo Cuando se habla de la libertad hay que preguntarse inmediatamente: ¿la libertad de quién?” 

"No quiero morirme de golpe, de un infarto. Espero tener ocasión de vivir mi propia muerte. Me revelo frente a la muerte ignorada. La muerte me ha parecido siempre una coronación, algo que forma parte de la vida. Por eso no la escamoteo en mis novelas. (...) La muerte, en la literatura como en la realidad, es un capítulo de la vida".

VISITAS VIRTUAIS 2. MUSEOS


MUSEO VAN GOGH, AMSTERDAM




MUSEO DE ARTE MODERNO, NOVA YORK




MUSEO BRITÁNICO, LONDRES




MUSEO DEL PRADO, MADRID




MUSEO DEL INSTITUTO ORIENTAL, CHICAGO





MUSEO DEL LOUVRE, PARÍS





MUSEO METROPOLITANO DE ARTE MODERNO, NOVA YORK





MUSEO THYSSEN-BORNEMISZA

 https://www.google.com/culturalinstitute/beta/streetview/museo-thyssen-bornemisza/6QHNayFt6vpIOw?hl=es&sv_lng=-3.6948743000000377&sv_lat=40.4158195&sv_h=105&sv_p=0&sv_pid=egg4DVSz39ctSMTLuLSm0w&sv_z=1&sv_lid=7068229452879148882




MUSEO MACHUPICCHU, CUSCO