martes, 1 de decembro de 2015

DÍA MUNDIAL CONTRA A SIDA

Conmemórase o 1 de decembro de cada ano, co fin de dar a coñecer a epidemia de SIDA global causada pola extensión da infección do VIH.

Os dirixentes de todo o mundo asumiron, no marco dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable aprobados en setembro, o compromiso unánime de poñer fin á epidemia da SIDA para 2030. Ese compromiso é reflexo do poder da solidariedade, que logrou forxar ao redor dunha enfermidade tan destrutiva un dos movementos máis inclusivos da historia moderna.” (Ban Ki-Moon, Secretario Xeral da ONU).

Na actualidade 15 millóns de persoas teñen acceso a tratamento contra o VIH. As novas infeccións reducíronse un 35% desde o ano 2000 e as mortes por causas relacionadas coa SIDA baixaron un 42% desde que alcanzasen o punto máis alto en 2004.

Segundo ONUSIDA, a estratexia de Resposta Rápida para poñer fin á SIDA inclúe:

  • Investimentos anticipados.
  • Centrarse nos lugares, poboacións e programas que teñen maior impacto.
  • Catalizar a innovación para a xente que máis o necesita.
  • Involucrar a líderes locais en respostas específicas, sustentables e responsables.
  • Crear novas alianzas.
  • Manterse firme en canto aos dereitos humanos.
  • Lograr resultados sen deixar a ninguén atrás.

SÓ QUEDAN CINCO ANOS PARA POÑER FIN Á EPIDEMIA!


Ningún comentario:

Publicar un comentario