Esta película dirixida por Sarha Gavron e protagonizada por Meryl Streep, Carey Mulligan, Helena Bonham Carter e Ben Whishaw estrearase en España o próximo 18 de decembro. Foi escrita por Abi Morgan a partir dunha historia real e mostra as inxustizas, golpes, danos e malos tratos físicos e emocionais aos que se expuxeron as pioneiras do grupo feminista, que tiña como misión conseguir o voto para as mulleres en Inglaterra. Estas mulleres foron a carne de canón dunha persecución liderada pola policía e autoridades británicas entre 1911 e 1913.
O sufragismo foi un movemento internacional de reivindicación do dereito das mulleres para exercer o voto. Orixinado nos Estados Unidos a finais da década de 1840, e cunha forte implantación no Reino Unido, desde 1865 o movemento estendeuse a gran parte dos países europeos.
En 1987 creouse en Gran Bretaña A Unión Nacional de Sociedades polo Sufraxio das Mulleres (National Union of Women’s Suffrage Societies) reunindo a todas o activistas a prol do sufraxio feminino. Unha das súas fundadoras foi Emmeline Pankhurst. As reivindicacións da Unión fóronse ampliando: o dereito das mulleres para recibir igual salario que un home polo mesmo traballo, o dereito das mulleres para ser, xunto aos pais, as titoras legais dos seus fillos, e a incorporación das mulleres á carreira xudicial. As sufraxistas conseguiron o voto para as mulleres (maiores de 30) en Gran Bretaña en 1918.
O 1 de decembro de 1931, recoñecíase, por primeira vez en España, o dereito das mulleres ao voto. Ata ese día, as mulleres eran elegibles pero non podían votar mentres que os homes xa podían facelo desde 1989. Clara Campoamor, unha das primeiras deputadas das Cortes da Segunda República, foi a principal impulsora deste logro e é, hoxe en día, un referente na loita pola igualdade da muller.
“Nosotras, mujeres, no debemos prestarnos a contribuir a la farsa de hacer creer al mundo que la mujer en el Estado español tiene personalidad propia, cuando la realidad no es ésta.” (Clara Campoamor)
- Protesta feminista en el estreno de Sufragistas.
- O sufraxio feminino.
- Emmeline Pankhurst.
- Freedom or death, un dos discursos máis famosos de Emmeline Pankhurst. (1913)
- Obras de Emmeline Pankhurst no Proyecto Gutenberg.
- Clara Campoamor.
- Clara Campoamor. La mujer olvidada. Miniserie biográfica. (TVE)
- Documental sobre o voto feminino en España. (TVE)
Ningún comentario:
Publicar un comentario