mércores, 1 de febreiro de 2017

VISITAS VIRTUAIS 2. MUSEOS


MUSEO VAN GOGH, AMSTERDAM




MUSEO DE ARTE MODERNO, NOVA YORK




MUSEO BRITÁNICO, LONDRES




MUSEO DEL PRADO, MADRID




MUSEO DEL INSTITUTO ORIENTAL, CHICAGO





MUSEO DEL LOUVRE, PARÍS





MUSEO METROPOLITANO DE ARTE MODERNO, NOVA YORK





MUSEO THYSSEN-BORNEMISZA

 https://www.google.com/culturalinstitute/beta/streetview/museo-thyssen-bornemisza/6QHNayFt6vpIOw?hl=es&sv_lng=-3.6948743000000377&sv_lat=40.4158195&sv_h=105&sv_p=0&sv_pid=egg4DVSz39ctSMTLuLSm0w&sv_z=1&sv_lid=7068229452879148882




MUSEO MACHUPICCHU, CUSCO




martes, 31 de xaneiro de 2017

CASTELAO








luns, 30 de xaneiro de 2017

VISITAS VIRTUAIS 1

Xa que este curso o lema "Biblioteca escolar. Territorio das Artes", principiamos unha serie de entradas que nos permitirán percorrer amodiño as diferentes salas de museos, edificios, etc. de todo o mundo, contemplar todo de cerca e obter información completa de cada un deles.


CAPELA SISTINA, O VATICANO




MUSEO DE AUSCHWITZ, POLONIA




ROMANORUM VITA.UNHA HISTORIA DE ROMA




CASA BATLLÓ, BARCELONA




TEATRO REAL, MADRID




MUSEO SEFARDÍ, TOLEDO




MUSEO NACIONAL DE CIENCIAS NATURALES, MADRID




MUSEO NACIONAL DE CUERPO DE MARINES, EEUU


PLANETA MARTE




CASTELAO, DEBUXANTE



“Os seus debuxos e pinturas testemuñan a mesma posición de realismo crítico que encontramos nos seus escritos, marcados como están uns e outros polo humor e a ironía, ao tempo que pola tristeza e a morriña. En 1907 publica a primeira corda de Caricato e debuxante da Tuna en Compostela. En 1917 abandonou definitivamente a pintura de gran formato con A tentación de Colombina para entregarse ao debuxo e a obra gráfica. Os seus debuxos entroncan a miúdo coa tradición do gravado popular e se caracterizan por unha acentuada estilización en branco e negro; de feito, gran parte da súa labor de debuxante está esparexida en distintas publicacións periódicas nas que colaborou. Na súa obra influíron a fotografía, os debuxos satíricos da prensa europea e, en opinión dos críticos máis familiarizados coa súa técnica, a estampa xaponesa. Terá na prensa o seu medio natural para a súa obra gráfica, onde dende 1922 traballou en o Diario de Galicia. Nos seus debuxos aparecen con frecuencia os principais representantes da paisaxe de Galicia, como o hórreo que máis tarde sería aceptado como anagrama pola editorial Nós”. (Vía: Ategal)



       

    

     

   




TRES CANCIÓNS POLA PAZ

Hoxe, para conmemorar o Día Escolar da Non-Violencia e a Paz propoñémosvos escoitar tres cancións de Bob Dylan, Premio Nobel de Literatura 2016. 










domingo, 29 de xaneiro de 2017

AS 50 IMAXES POPULARES SOBRE LIBROS, LECTURA E BIBLIOTECAS

En EbookFriendly atopamos unha entrada interesante sobre as imaxes compartidas varios centos de veces en Facebook, Pinterest, Tumblr, Twitter e Google+. 

"Anyone who devotes time to promoting books, reading, and libraries, sooner or later will realize images are the best tool to share the love of words".

Escolleron as citas de autoría coñecida, cuxas imaxes tiñan certa calidade. Moitas delas son de persoas de renome universal; agora ben, outras son de persoas correntes que amosaron unha grande carga de orixinalidade  e provocación.


sábado, 28 de xaneiro de 2017

O DÍA DAS ARTES GALEGAS CELEBRARASE EN VIVEIRO

Viveiro é a vila eleita pola Real Academia de Belas Artes para realizar a homenaxe, o 1 de abril, á pintora Maruxa Mallo, a autora á que este 2017 se dedica o Día das Artes Galegas.

A escolla non é por acaso. Foi En Viveiro onde Marulla Mallo naceu, en 1902, co nome de Ana María Gómez González e no seo dunha familia acomodada. Xa moza trasladouse a Madrid, onde mantivo relación con artistas, escritores e cineastas como Salvador Dalí, Federico García Lorca, Margarita Manso, Luis Buñuel, María Zambrano e Rafael Alberti. Durante a década de 1920 traballou para numerosas publicacións literarias e realizou portadas de varios libros, así como exposicións.

Grazas a unha bolsa da Xunta de Ampliación de Estudos viaxou a París en 1932, onde entrou en contacto co surrealismo (coñeceu Max Ernst, René Magritte, Joan Miró Giorgio de Chirico e outros), e participou en parladoiros con André Breton e Paul Éluard. A súa pintura cambiou radicalmente, influenciada polo surrealismo.

O golpe de estado de 1936 sorpendeuna en Galiza e tivo que refurxiarse na casa dun familiar, onde estivo agochada varios meses. O seu compromiso coa II República facíalle temer que podía ser albo da represión que inzaba Galiza. En 1937 conseguiu pasar a Portugal e de alí viaxar a América. Pasou o exilio en Arxentina e Estados Unidos. Finou en Madrid en 1995. María Zambrano dixo dela: "Cometeu un dos erros máis destrutivos e imperdonábeis: ser libre." (Vía: Sermos Galiza)

2017, ANO PONDAL

Alén de Carlos Casares (Letras Galegas) e Maruxa Mallo (Día das Artes Galegas), o outro protagonista cultural do 2017 será Eduardo Pondal, de quen se cumpren 100 anos do seu pasamento.

A Fundación Eduardo Pondal está atarefada cos preparativos dun Ano Pondal no que prometen que argallarán un cento de actividades arredor do poeta bergantiñán. Mentres andan á procura de financiamento, o xerente da institución -José María Varela- avanza que as celebracións comezarán o 8 de marzo (data do seu cabodano), con varias actividades, incluído un cupón da ONCE dedicado ao autor. 

Segundo Varela, “imos intentar celebrar este centenario como se merece e a cifra de 100 non asusta tanto se pensamos que 35 deses actos xa van ter lugar no Festiletras, o festival que organizamos cada ano en maio na aldea do Couto”, un dos eventos máis importantes no calendario das letras galegas. Ademais, organizarán dentro da súa Escola de Verán unha actividade chamada 'Que din os rumorosos?'. ( Vía: Sermos Galiza)




UN ANO CULTURAL NA BALANZA

Catro expertos diagnostican o 2016 na cultura galega

Para mirar atrás hai que ter un pouco de perspectiva. Por iso e porque queriamos contar coas súas voces para esta análise, hoxe publicamos un balance do 2016 nos diferentes sectores culturais. Ás portas dun proceso de elaboración dunha estratexia para a cultura galega por parte da Xunta, da que aínda non se coñecen detalles de execución, non é mal momento para avaliar o devir inmediato da nosa cultura. Carlos Ares, presidente da Academia Galega do Audiovisual, a crítica literaria Chus Nogueira, Daniel Lavesedo de GZ Música e a dramaturga Vanessa Sotelo reflexionan sobre o 2016 nas súas respectivas disciplinas.

AUDIOVISUAL
Carlos Ares
Presidente da Academia Galega do Audiovisual.


"Hai unha falsidade que se repite unha e outra vez: “en tempos de crise xs creadores, as artistas “agudizan” o inxenio, espremen a súa calidade e xorden representacións artísticas mellores” Isto non é historicamente certo. Mellores condicións económicas supuxeron o nacemento do Partenón, as obras de Shakespeare, o Renacemento italiano ou a Catedral de Compostela, entre outras. O mesmo sucede co cine, co audiovisual.

O audiovisual galego non é alleo a crise económica que vivimos, que estamos soportando, sobre todo ás persoas menos favorecidas. Pero a pesar desta crise as nosas obras son recoñecidas tanto por todo o mundo, nos festivais máis esixentes, como polo noso propio público". (Vía: culturagalega.org)



ROTEIRO HISTÓRICO POR VILALBA

O pasado venres 27 de xaneiro realizamos unha visita polo casco histórico da vila. O director do Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba (MUPAV) explicounos diferentes elementos do noso patrimonio (edificios civís e relixiosos, cruceiros, rúas e prazas, escudos, etc), informounos doutros relacionados con eles (as revoltas irmandiñas, os petos de ánimas, as fontes e lavadoiros, os castros, as portas da muralla, os antigos oficios, etc.) e desmontou interpretacións erróneas afaianzadas pertinazmente.




Esta actividade, á que asistiu alumnado de 4º de ESO, foi organizada polo equipo da biblioteca e o ENDL para botar a andar o roteiro literario que imos facer.